Antón Bueno (contrabaixo),
Álex Fente (acordeón),
Luís García (bombo con pratos, percusións e coros),
Miguel Horjales (caixa, percusión, coros),
Serxo Núñez (clarinete, gaita, percusións voz),
Fernando Román (Saxo, clarinete, trompeta) e
José A. Vázquez (Gaita, saxo, percusións)
"A súa alma é festeira e, polo tanto, é nos seus concertos onde desprenden toda a súa maxia"
(Bruno Sanxurxo)
Na primavera do 2002 nace como proxecto TIRULEQUE, consecuencia das inquedanzas musicais de seis rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional.
Bebendo nas fontes desa tradición musical galega -tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros- pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de "etiquetas" que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo "música galega" nun intento de clasificar o seu estilo. Neste aspecto, a máxima de TIRULEQUE é acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección.
Nas suas actuacións están presentes instrumentos claramente unidos á música tradicional galega, mais empregados ao xeito propio do grupo. Reinterpretando en certa manera a tradición, TIRULEQUE recurre a súa intuición musical á hora de arranxar melodías tradicionais e bota man da riqueza de instrumentos que esta música nos ofrece, pero dando un paso mais aló no uso das tonalidades e modos.
Outro que tal baila (2018)
O novo traballo discográfico presenta un repertorio orientado á música de festa e de baile, explorando novas posibilidades partindo da música galega. Dez temas, dos cales catro son composicións propias nos que se xoga cos límites dos xéneros e seis versións de temas tradicionais, recollidos por investigadores como Pablo Carpintero ou o americano Alan Lomax.
Tiruleque - Cortellas
https://www.youtube.com/watch?time_continue=4&v=-oyNj6pSHNg
DISCOGRAFIA PREVIA:
En Setembro de 2009 e tras sete anos dende a súa formación, TIRULEQUE publica o seu primeiro traballo discográfico, autoproducido por eles mesmos.
Para escoitar TIRULEQUE preme eiqui
‘Mu!!’
Gravado nos Estudios Bonham de A Coruña e elexindo de novo a autoproducción, amosandolle ao mundo a súa maneira de entender a música.
Contaron coa inestimable colaboración do pintor coruñés Ramón Astray nas súas ilustracións (http://www.ramonastray.com/)
Presentando un traballo vencellado á terra, pero no que asoman ritmos doutras latitudes como pode ser o dixie ou son cubano. Son nove temas nos que se mesturan xotas, alalás, muiñeiras, pasodobres, valses e polcas e entre os que se atopan títulos como A Laranxa, Limiñoa ou A pereira e o cerralleiro.
Mu!! non é máis do mesmo. Mu!! é un traballo coidado co que o grupo madura a nivel musical, con arranxos máis desenvolvidos e ousados
Este segundo traballo mestura de novo temas instrumentais e cantados e invita a mover os pés do primeiro ao último tema. Á forza que xa de por si teñen todas as pezas únese o trazo do pintor coruñés Ramón Astray, autor das ilustracións que arroupan o disco. O cadro escollido para a portada, Cabeza de vaca, pretente retratar o xeito en que Tiruleque entende a música, conxugando tradición e modernidade. Non hai animal máis vencellado á terra ca vaca, elemento multicultural como moitas das chiscadas que fai o grupo. Mais a vaca de Astray é unha vaca onírica, surrealista. O de sempre visto con outros ollos.
LIMIÑOA
PARA MAIS INFO www.tiruleque.com
CONTACTO: tiruleque@tiruleque.com
TIRULEQUE, música galega.www.tiruleque.com
tiruleque@tiruleque.comContratación: (0034) 606 044 298
layogurtera@gmail.com
FACEBOOK:https://www.
TWITTER: https://twitter.com/
YOUTUBE: http://www.youtube.com/
MYSPACE: http://www.myspace.
VIMEO: http://vimeo.com/
SOUNDCLOUD: https://
PODEDES MERCALOS ON LINE EN:
- Inquedanzas Sonoras: http://www.
- iTunes: https://itunes.apple.
- emusic: http://www.emusic.com/
- Amazon mp3: http://www.amazon.es/s/
- Spotify: http://open.spotify.
- Google Play: https://play.google.com/
- Napster: http://es.napster.
- Deezer: http://www.deezer.com/
musicaengalego tiruleque
musica en galego tiruleque