CARAPAUS



Carapaus son:

Gustavo Couto (voz e tambor),
Oli Xiráldez (frautas e zanfona),
Emilio Lois (gaitas e voces),
Sabela Galbán (acordeón e voces),
Adrián Lareu (bombo e voces).


   Carapaus é o nome que reciben os xurelos no sur do país e en Portugal. Seis músicos formados durante anos na música tradicional, procedentes de formacións con amplía traxectoria como Chouteira, Ultreia ou Tintafemia, xúntanse para dar forma a este grupo.


  Nos directos soan múltiples instrumentos da tradición galega (gaitas, frautas, zanfona, acordeón, percusións, e sobor de todo voces) combinados en diferentes formacións; que non deixan de dar frescura e ritmo durante o tempo que dura o espectáculo.

 Camiño da Vida Tola.(2021)

Neste inicio de ano tan atípico, Carapaus bota a andar a presentación do seu 3º traballo discográfico.

Camiño da Vida Tola pretende poñer en valor e difundir moitas das músicas que soaron noutrora nalgún dos camiños que levan a Compostela. Este patrimonio cultural inmaterial foi conservado durante anos na memoria das persoas informantes e sobre todo das mulleres, que sempre son unha fonte inesgotable de sabedoría popular.

Como nos espectáculos anteriores, a base melódica das pezas de Carapaus ten un forte carácter tradicional, pero sen deixar de lado pezas de nova composición, sempre con sabor a terra e a país.

Novamente as letras deste traballo teñen un claro carácter reivindicativo, onde berran ben forte polas inquedanzas da nosa sociedade, falan do empoderamento da muller, dos problemas laborais do país, o desprezo cara o noso idioma, etc etc. Ademais diso, inclúen tamén textos de Rosalía de Castro ou Manuel María.

Camiño da Vida Tola

Presentación do noso novo disco-Camiño da Vida Tola.

Montaxe e edición do vídeo: Serxio Duro.

https://www.youtube.com/watch?v=Abve9zXsFhw 
 
Seguen en pé co seu berro 
Somos ghaiteirxs somos revolusionarixs” 
e con iso van “Camiño da Vida Tola



DISCOGRAFI PREVIA:

Deixao Andar... (2015)

Neste disco ides atopar trece temas nos que se mesturan pezas populares como a Foliada de Trabanca ou os pasodobres dos Portelas e de Manuel Viqueira, con composicións de Emilio Lois e letras de Sabela Galbán, Gustavo Couto e de Sés, que achega texto e música no Canto de Baltasar.

Foi gravado no estudio A Ponte, en Roxos (Compostela) entre xaneiro e febreiro do 2015, e masterizado por Isaac Palacín en Mos en marzo do mesmo ano.

Conta coas colaboracións de Josinho da Teixeira e do gaiteiro Luis O Caruncho.

Podedes solicitalo a través da páxina do facebook e enviánno por mensaxería..https://www.facebook.com/pages/Carapaus/372300442788045

 

Foliada de Campo Lameiro

https://www.youtube.com/watch?v=UllGIjjzvi4&t=48s
 



O seu primeiro disco Resolvendo









A Xeitosa

https://www.youtube.com/watch?v=LG2IxVcRjY0
 



CONTACTO:

gaitas@olixiraldez.com 

gusultreia@gmail.com

tlfn: 629 42 15 44 / 609 20 33 85