DESEQUILIBRIO MENTAL



Fito / Milio - Voces principais

Jimmy - Guitarra Rítmica

Barbas - Guitarra Solista 

Piki - Baixo 

Piedra - Batería

Veñen dende a Casalonga (Teo) e levan bourando coa súa persoal mistura de Rock, Metal e Rap en Galego dende 2002 . Unha das bandas máis prometedoras da Música Galega Contemporánea e abandeirados do Metal Rural.

 Contan con 4 traballos discográficos "Con Q sin U" (2011) , "Séculos Escuros I" (2015) , Séculos Escuros II "Únete" (2019) e Séculos Escuros III "Ilusión" (2019) , néste último larga duración contan coas especiais colaboracións de Alberto Cereijo (N.E.O. , Los Suaves) , Nano Vikendi (Tálesien) , Loren Tevra ou Fernando Madina (Reincidentes) entre outras moitas .

 Actualmente veñen de estrear o seu novo traballo, o quinto da banda que leva por título "Irmáns" e que é unha homenaxe ao grupo mítico DRINKIN´TINTO, banda pioneira do Rock da Casalonga nos anos 90 . Nel inclúen versións de clásicos e temas inéditos dos DRINKIN´TINTO levados ó Metal Rural e tamén algún tema feito en especial para ésta homenaxe aos seus irmáns . Para éste traballo tiveron a sorte de contar con un feixe de colaboracións especias de amijiños coma O Pinto D´Herbón, Martín Zapata (Radio Zapa), J.A. Pais (Medomedá), Javi Maneiro (Heredeiros da Crus) Vituco Neira (Ruxe-Ruxe, Barbitúricos), X.A. Bocixa e Paco Cerdeira (Zënzar) Suso Bello e Sabela Olivares (A Compañía do Ruído), Benja Seoane (Biribirlocke), e Carlos Arcay . 

Como adiantos audiovisuáis lanzaron 3 videoclips do novo disco : "A Nosa Canción" , "Irmáns" (que dá nome ó disco) e "Colleita Destilada" . O traballo culminará con algún videoclip mais e con un documental chamado DRINKIN´TINTO - 25 ANOS DESPOIS que estará axiña dispoñible na súa canle oficial de Youtube .

CANLE OFICIAL DESEQILIBRIO MENTAL

 https://www.youtube.com/channel/UC7sKmSUjqiuss6HrTVv9rPA


O traballo de Deseqilibrio viuse recompensado ó longo destes 20 anos tocando en festivais de toda Galicia como o V Verea Rock, XIII Música na Noite ou resultando gañadores do 3º Certame Música Xove 2010 en Galicia, Derrame Rock 2011 (Ourense) , (Gañadores do concurso Novo Sons da Radio Galega) e un largo etc, compartindo escenario con grupos da talla de Siniestro Total, Los Suaves, Koma, K-Tulu, Boikot, Ruxe-Ruxe, Medomedá, Miguel Costas, The Locos, Obrint Pas e un largo etc . 



Irmáns (2022)

" Xa está aquí "Irmáns" o noso novo traballo en homenaxe a Drinkintinto cun feixe de temas deles levados con moito cariño ó Metal Rural, onde atoparedes algúns clásicos e outros inéditos, tamén algún corte feito exclusivamente para ésta homenaxe aos nosos irmáns"

Con unha chea de colaboracións que quixeron sumarse a ésta nova argallada deseqilibrada para darlle un cariño ben merecido ós nosos Drinkin .

Tivemos a sorte de contar con todos éstes amijiños ós que estamos eternamente agradecidos :
Javi Maneiro, Vituco Neira, Martín Zapata, J.A. Pais 90210, Tomás, X.A. Bocixa, Paco Cerdeira, Benja Seoane, Carlos Arcay, Sabela Olivares, Suso Bello e Adrián Carballal .

 

DESEQILIBRIO MENTAL & JAVI MANEIRO 

 A NOSA CANCIÓN

Videoclip Producido por Miguel Grandío e Borja Carreiro

https://www.youtube.com/watch?v=YFhE5jwv4A0






COLLEITA DESTILADA

Colleita Destilada é un corte pertencente ó novo disco de Deseqilibrio Mental "Irmáns" que é unha homenaxe ao grupo de Rock en Galego da Casalonga DRINKIN´TINTO .

Colaboraron: O Pinto D´Herbón , Vituco Neira, Martín Zapata, J.A. Pais 90210, Tomás, X.A. Bocixa, Paco Cerdeira, Benja Seoane, Carlos Arcay, Sabela e Suso Bello .

https://www.youtube.com/watch?v=0i8MUH20Gsw

Desequilibrio Mental

Irmáns

Videoclip producido por Juán Antepazo (Nova Imaxe - Marín) .

"Irmáns" é o segundo estralo do noso novo traballo que axiña estará na rúa . Éste corte dá nome ó disco que é unha homenaxe aos nosos "Irmáns" DRINKIN´TINTO.

"Irmáns" foi gravada nos Estudios Mafia (O Carballiño - Ourense) por Oscar Fernández "Chichi".

https://www.youtube.com/watch?v=XmVSwxN2B-A

Desequilibrio mental
Canle Youtube

A canle de Youtube actualizada onde podedes ver todas as novidades audiovisuais do grupo así como escoitar os temas de toda a discografía

Suscribídevos !!!!

https://www.youtube.com/user/deseqilibriomental



 Por un Momento

https://www.youtube.com/watch?v=3aSIrhvY6iY
 

DESEQILIBRIO MENTAL 

 Ilusión

https://www.youtube.com/watch?v=OmoDgqVN-qE
 

Séculos Escuros I

Xa está aquí para todos vós Séculos Escuros I. Podedes mercar a edición física en Miranda - cultura para levar  en Compostela ou descargalo de balde pinchando aquí. Dádelle caña!
 
TEMAS:
Paus e Pedras
Séculos Escuros
Puto Madero
Todo era Mentira
Cultura de Verbena




Letra e música de tódalas cancións composta e arranxada por Deseqilibrio Mental

Gravado, misturado e masterizado nos estudios Pousada Son (Ames, GZ) www.pousadason.com por Iago Pico entre decembro de 2013 e xuño de 2014

Producido por Iago Pico e Deseqilibrio Mental
Deseño por Arinspunk www.arinspunk.com
Fotografía interior por: Gloria López glorialopezfotografia.blogspot.com.es

Colaboraron neste traballo:

Mestre Pi - Scratches en Puto Madero
Rodrigo Requeijo “Manduco” e Iago Pico – Diálogo en Puto Madero
Xán Ruxe-Ruxe - Armónica en Cultura de Verbena

https://www.youtube.com/watch?v=9PP50t35jfY

Deseqilibrio Mental - Séculos Escuros

 https://www.youtube.com/watch?v=9PP50t35jfY



DISCOGRAFIA PREVIA:

"Con Q sin U" (Lobicán Records), doce pezas gravadas nos estudios Pousada Son
Intro (Con Q sin U)
Fartos Xa!!!
América Non
Nada hai que Facer
Na Casalonga Rocanrol
Planeta Porco
Único e Meirande
Onde Estás?
A Conta Atrás
Serei Deus, Serei Alcalde
Rimeik
Iba polo Milladoiro





Podedes escoitar e descargar dende http://deseqilibriomental.bandcamp.com/album/con-q-sin-u-2011


MAQUETA (2006)

Temas:
Sangue no Rodo
Desencontro
No Apt












Contactos:

http://deseqilibrio-mental.blogspot.com

contacto@deseqilibriomental.com

Máis info en:
http://www.deseqilibriomental.com/