THE HOMENS

foto de Rocío Cibes.
The homens son:


 Xocas (batería)
Le Roi (baixo) 
Martin Wu (guitarra e voz


Volven The Homens. O grupo compostelán de power pop regresa aos escenarios dez anos despois do seu último concerto e dezaseis trala publicación do último disco.

A banda recupera a fórmula que os fixo ser, no primeiro decenio do século, un dos grupos con máis quilómetros do panorama galego.

Enerxía e melodía, rabia e luminosidade: o trío do Castiñeiriño volve montar na furgoneta para repasar os seus EPS e os discos Tres (2007) e Cuarta potencia (2009) e presentar novas cancións que, quizá, acaben por formar parte dunha quinta edición discográfica.

The Homens recuperan a camisa de raias para esta vida extra. O uniforme é a base do clip da canción 'Calamar',realizado por Roi Fernández e Isaac Cordal e premiado noFestival de Cans en 2008. Un dos éxitos do grupo que formará parte do repertorio dos concertos que virán.







Para escoitar THE HOMENS preme eiqui

son:
Martin Wu (Voz e guitarra)
Le Roi (Baixo e coros)
Xocas (Batería)
Cristovo (Teclados)


Cuarta potencia (2009)

Cuarta potencia é melodía a volume atronador, é inocencia pop e nihilismo negro. O cuarto traballo de The Homens, tras os EPs 1 (autoeditado, 2005) e 2 (autoeditado, 2006) e o longa duración Tres (Falcatruada, 2007), mostra á banda de Santiago DC máis preocupada polas melodías e pola expresividade das letras e, á vez, máis ruidosa que nunca. Producido de novo por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy...), o disco novo recolle unha ducia de cancións nas que The Homens envorcan todo o vivido e aprendido en catro anos de xira sen fin, insistindo no seu gusto polo pop británico de todas as décadas e a enerxía do punk americano dos oitenta, e engadíndolle un renovado interese pola psicodelia e a experimentación. Editado polo mítico selo santiagués Lixo Urbano, Cuarta potencia é enerxía condensada en pílulas dóces, é cantar bonito coa boca espumando rabia.

Cuarta potencia é cantar por non chorar.

temas:

Perfecto
Tigre, tigre!
Crocanti
A liña verde
Fanny Mae
Rei Azul
À la guillotine!
Hámster
Costa Brava
Nada está tan alto
Alba nuclear
Non é o final, é o principio 

Podedes escoitalo enteiro no bandcamp:

https://thehomens.bandcamp.com/album/cuarta-potencia 


Tres (2009)

Tres. Gravado por Santi García nos estudios Ultramarinos Costa Brava en Sant Felliu de Guíxols en xullo de 2007. Masterizado por Víctor García nos Ultramarinos Costa Brava. Cristina Pujol toca o acordeón en "Calamar" e "Opositora". Eugeni Bigas toca a trompeta en "Calamar" e "Prende o sol". Santi García toca o glockenspiel e as maracas en "La Colombière". Todos os temas teñen licencia Creative Commons

Editado por Falcatruada (FAL-374) e distribuído por Lonxa Cultural



Temas :

Calamar
Cen días
Mr. Vai mal
Monumentos
Mira por ti
Opositora
Monte Moriah
A bolsa de Toquio
Dance the troita
La Colombière
Prende o sol

Calamar

Videoclip realizado por Roi Fernández e Isaac Cordal (Fundación Intemperie). 

https://www.youtube.com/watch?v=J54kCJTBllg
 


 #2 (20061)

Gravado e mesturado por Jacobo Iglesias nos estudios Krakatoa en febreiro de 2006. "Aquí, así" e "Desaparece" foron gravados en directo na Fábrica de Chocolate en Vigo en decembro de 2005 por Eladio Santos. Todos os temas teñen licencia Creative Commons

Temas:

Sandra Dee
Non podo máis
You're so cool
Uh, uh, uuh!
Ungría
Aquí, así
Desaparece


#1 (2005)

Gravado e mesturado por Jacobo Iglesias nos Estudios Krakatoa (Bembibre, A Coruña).

Temas:

Canción para Tonino
En Malta
Face it
Amor e non acrobacias
Desaparece
Long time 


 

 

 

 

Podedes escoita-lo enteiro no bandcamp: https://

thehomens.bandcamp.com/album/1-2

  

Desaparece

Festa da Chuvia. Riveira, abril 2009.

 Vídeo por Óscar N. Aguado 

https://www.youtube.com/watch?v=PdXfmHMC9VY 

 

 




Contacto:

info@tremendoaudiovisual.com

686 976 139