O Leo i Arremecághona!!! é o nome do proxecto musical como cantautor punk de Leonardo Fernández Campos, nado en Matamá en 1974, que é un artista polifacético, filólogo e poeta.
Miudiño Session #5 O'Leo de Matamá A Regueifa 2.0 publica as Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares. Nesta nova entrega acompañamos a O'LEO DE MATAMÁ https://www.youtube.com/watch?v=nnX4ANPQ6QA |
OSTIA (2016)
1. Ostia 03:062. gz c&b-pp 00:30
3. Corina (lo) Peta 02:56
4. pighas 00:22
5. Nique dos Ramones 03:44
6. vivan as veighas 00:29
7. Rural love 04:24
8. mili-metrosexual 00:29
9. Enlomasondo 04:44
10. O Día da Marmota 03:08
11. Heavy o Metal 05:00
12. BIBLIOGRHRAFÍA COMENTADA 03:43
13. Coristanco Über Alles 02:45
14. I'm on my way to Coristanco 01:16
15. A/O Internacional 06:06
Podedes escoita-lo, merca-lo, descarga-lo en:
https://arremecaghona.bandcamp.com/album/arremecaghona-ostia
A neurona na patineta
1. 15. I'm on my way to Coristanco 01:26
2. 01. intro 00:46
3. 02. gym-sberg 00:07
4. 03. gz c&b, power pop 00:44
5. 04. día da patria '08 00:07
6. 05. ramones no colacao 01:07
7. 06. frase mítica dun colega 00:08
8. 07. dupla denominación 00:46
9. 08. in-de-pen-den-cia 01:26
10. 09. lóxica práctica 00:02
11. 10. educación infantil 00:54
12. 11. contiño 01:52
13. 12. orvital 00:03
14. 13. galinglish 01:15
15. 14. coristanco 00:37
16. 16. vertixe 00:14
17. 17. é matemático 00:18
18. 18. nin un can 02:04
19. 19. a vida é unha muiñeira 01:02
20. 20. tátara 02:04
21. 21. vivan as veighas 02:41
22. 22. tractorada 00:02
23. 24. sei afinar 00:14
24. 25. berros da tribo 01:15
25. 23. ghasús 01:59
26. 26. materialismo dialéctico 01:26
27. 27. dúbidas cartesianas 00:29
28. 28. atrapado nunha rotonda 00:59
29. 29. dous rombos 01:59
30. mili-metrosexual
31. 31. a min ghústanme as pighas 00:23
32. 32. antiprohibicionismo 00:33
33. 33. liberdade de expresión 01:36
34. 34. ti es mundial 00:30
35. 35. ti formas a internacional 00:44
36. 36. o peido está no vento 00:48
37. 37. a vida 02:06
Podedes escoita-lo, merca-lo, descarga-lo en:
https://arremecaghona.bandcamp.com/album/a-neurona-na-patineta
Traxectoria
A traxectoria musical do Leo i Arremecághona!!! iníciase sobre o ano 1997, aínda que comeza a ser coñecido cando é chamado para abrir os concertos da xira galega de Albert Pla en 1998. Do mesmo 1998 é o seu primeiro disco Suspiros de Kaña, do que se editaron un milleiro de copias distribuidas polo propio autor. O disco sería reeditado no ano 2006 por A Regueifa Plataforma en formato mp3.O Leo i Arremecághona!!! participou como autor de letras e músicas e como actor nos espectáculos As Presidentas d'A Factoría Teatro e Vendettta Berrobambán Teatro. Tamén foi finalista do "I Certame de Monólogos Monolíngües". A vinculación do autor coas artes escénicas é notable, xa que parte importante do proxecto musical que representa O Leo i Arremecághona!!! céntrase nas súas actuacións ao vivo, espectáculos que rozan o formato da performance e nas que o autor se caracteriza para intepretar determinados personaxes. É habitual que o espectáculo punk tamén estea precedido de versións acústicas de autores da canción protesta galega e dos Cantores de abril. O Leo i Arremecághona!!! ten dado recitais por toda a Galiza, a súa última xira, de 2007 levou por nome Xira... e aghomita.
No ano 2006 participaría no concurso "A polo ghit", co tema "A canción do vagho", unha versión libre do tema de John Lennon "Give Peace a Chance". Na edición de 2007 repetiría con "Bilingüismo harmónico", unha adaptación do "Should I Stay Or Should I Go" de The Clash. No mesmo ano participa do tributo a Andrés do Barro Manifesto Dobarrista cunha versión do tema "Vou a Bueu". O seu próximo disco será Aghomita, campión! e tamén se está preparando o DVD con actuacións ao vivo Sigho (vivo).
No 2009 colaborou no proxecto de acción poética "A Revolta das Letras", celebrado o Día das Letras Galegas en Santiago de Compostela.
Forma arte doutros proxectos musicais, como Labregos do tempo dos Sputniks (xunto a García, mc de Dios ke te crew) e Das Kapital (xunto a Daniel Salgado e Marcos Payno).