No ano 1986 nace LUAR NA LUBRE na cidade de A Coruña converténdose co paso dos anos e o seu teimoso traballo nunha das formacións máis prometedoras e referenciais da música feita na Galiza.
O traballo que desenrola a banda está enfocado dende a óptica de entender que a música é un dos factores culturais máis importantes para a afirmación do dereito á diferenza enriquecedora do pobo galego. O grupo pretende que na Galiza predomine a súa cultura aínda que non rexeita influenzas que melloren a súa proposta sen deturpar o carácter central do seu proxecto.
O proxecto baséase fundamentalmente nas músicas de raíces galegas polo que dedican especial atención ao estudo dos cancioneiros galegos así como ao traballo de campo que lles proporciona un fondo coñecemento sobre a realidade musical galega que tamén se revela determinante nas composicións propias.
Luar Na Lubre son:
Bieito Romero: Gaitas, zanfona, cítola, arpa e trompa galega.
Patxi Bermúdez: Bodhran, pandeiro, tamboril e caixa premier.
Xan Cerqueiro: Frauta traveseira, tin whistles, frautas doces e punteiros.
Xabier Ferreiro: Percusións latinas, africanas e efectos.
Pedro Valero: Guitarra acústica, eléctrica, bouzouki e baixo pedal.
Brais Maceiras: Acordeón diatónico.
Irma Macías: Voz.
Nuria Naya: Violín.
Vieiras e vieiros, historias de peregrinos (2020)
Vieiras e vieiros, historias de peregrinos é o 19º álbum da traxectoria artística de Luar Na Lubre.
O disco, editado por Warner Music e producido por Mirmidón, conta co apoio da Xunta de Galicia a través do programa ‘Tu Xacobeo’.
O grupo propón unha banda sonora do Camiño de Santiago ao seu paso por Galicia a través
das historias vinculadas á quen percorreu e construíu, co seu camiñar, a ruta xacobea: os
peregrinos.
O factor humano fía o relato do disco. Esta é a primeira vez que un grupo galego pon o foco e
dá protagonismo ao lado humano do Camiño de Santiago nun traballo discográfico.
O álbum conta con 27 temas nos que o grupo intercala as súas creacións con sonoridades propias dos sendeiros e lugares que percorre o itinerario xacobeo. Así, o disco conta con 14 temas musicais que están precedidos por 13 pezas nomeadas ‘vieiros’: recursos sonoros gravados por Luar Na Lubre in situ, que evocan as sonoridades que o peregrino atopa no seu camiñar e que sitúan ao público na canción á que dan paso (as campás do Cebreiro, o son da Berenguela, os corvos da Ulloa, as gaivotas e o mar de Fisterra…).
Neste disco atoparedes letras en latín, francés, inglés e galego, no que canta, por primeira vez, o andaluz Miguel Ríos, quen pon a súa voz no tema de apertura do disco, Benvido.
Temas cantados:
Benvido
O cego andante
Dum Pater Familias
Mártiros e o vákner
Le grande chanson
(Bela) Muxía
Romance de Don Gaiteros de Mormaltán
O álbum acompaña-se dunha recopilación de músicas relacionadas co Camiño de Santiago ó longo da traxectoria artística de Luar Na Lubre. Neste segundo CD, aparecen cantigas versionadas polo grupo en anteriores traballos, e conta con colaboracions de figuras reconocidas como Pablo Milanés, Diana Navarro, Ismael Serrano, Miro Casabella, Carlos Jean ou a Orquesta Sinfónica de Bratislava.
A capa e as fotos do libreto son obra de Alfredo Erias, director do Museo das Mariñas de Betanzos en A Coruña, na que se recrea fielmente a estampa dun peregrino representado na igrexa de Santiago de Betanzos en A Coruña.
O prólogo está escrito polo maestro Antón Pombo, a persoa que mellor coñece
todo lo relacionado co universo dos diferentes camiños que chlegan a
Compostela.
DISCOGRAFIA PREVIA:
Ribeira Sacra (2018)
A banda liderada por Bieito Romero gravou en outubro de 2017 este novo traballo discográfico no Mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos, Ourense).
Este novo disco ten como obxectivo poñer en valor a través da música a riqueza histórica, etnográfica, natural e monumental deste territorio.
Este novo disco inclúe 26 temas que proveñen de composicións propias, música tradicional e melodías “que van lembrar e remarcar todo o patrimonio que temos na Ribeira Sacra”, en palabras de Bieito Romero, que salientou que esta é a primeira vez que se fai un disco destas características para potenciar e difundir a Ribeira Sacra a través da música”, un territorio “que é desde sempre patrimonio da humanidade, aínda que oficialmente aínda non, e a nosa idea é poder falar coa grandeza da Ribeira Sacra, potenciándoa a través da música”.
O traballo discográfico recolle tamén nas letras feitos e personaxes históricos, como Romasanta, e de lenda, como os Felos de Maceda e Esgos, de fonda tradición etnográfica no entroido, ademais de textos en barrallete, a linguaxe dos afiadores.
‘Ribeira Sacra’ conta con ducias de colaboradores que achegan o seu grao de area ás 26 cancións deste disco: desde Víctor Manuel ata SES, pasando pola Coral de Ruada, Nani García, a asturiana Marisa Valle Roso ou Juan A. Antepazo de Astarot, Irma Macías Suárez, Brais Maceiras, entre outros moitos.
Os Tafenos da Gaurra
Colaboracións:
Maria Xosé Silvar (Sés) – VOZ
Coral de Ruada – CORO
Imaxes: Gael Carballo.
Ilustracións e animacións: Manuel Calderón.
https://www.youtube.com/watch?v=Uh2S4AAjytw
XXX Aniversario - Selección especial de temas' (2016) é un dobre CD de celebración e reafirmamento xa que non se trata dun recopilatorio tradicional senon que vai máis alá e aporta unha colección de temas "agochados", de tesouros "non habituais" mais nin por esas menos sorprendentes cós clásicos xa recoñecidos.
Unha das sorpresas deste CD é unha versión do mítico tema "Fonte do Araño", composta polo músico e creador galego Emilio Cao, cunha visión diferente da orixinal ainda que garda as esencias fundamentais da que compuxo o autor. A colaboración de Ismael Serrano á voz, Nani García nos teclados e a Coral de Ruada nos coros, convirten o tema nunha alquimia de sonoridades que non deixa indifernete a ninguén.
Outras novidades dentro deste XXX Aniversario son as versións actualizadas de 3 temas, xa gravados en anteriormente traballos, "Morrison's jig", "O soldado desgraciado" e "Dun tempo para sempre".
LUAR NA LUBRE
https://www.youtube.com/watch?v=Ud-TQuqSrgc
Extramundi (2015)
‘Extra Mundi’, da man de Warner Music, é un traballo con 14 temas no que se rende homenaxe a outras culturas facendo versións dos seus clásicos, como ‘Russinyol’ ou ‘Txoria txori’, ademais de temas propios e adaptacións de temas galegos.
Luar na Lubre comeza a celebrar as súas tres décadas de vida cun novo disco de cancións inéditas que Bieito Romero, impulsor e fundador da banda, define así: “Extra Mundi en latín é o mundo exterior. Un universo que desde a nosa perspectiva coñecemos en certo xeito, pero que nunca exploraramos como o fixemos neste novo traballo, un traballo que transcende do ámbito galego ou celto-atlántico e explora outras culturas desde unha óptica moi íntima e persoal, unha visión de "lareira" ou "lareira" (o fogar), aberta a mundos próximos pero distintos, a modo de agradecemento e recoñecemento pola boa acollida que sempre tivemos e sentimos nos diferentes lugares do estado onde tocamos. Así, neste novo traballo, Luar na Lubre interpreta clásicos en 6 idiomas diferentes recoñecendo a diversidade, riqueza, irmandade e harmonía entre as culturas dun contexto rico e plural. Un Extra Mundi que queremos explorar con aroma a Galicia, o noso propio mundo habitual, máxico, propio”.
Entre os temas que poderemos atopar en Extra Mundi podemos destacar ‘Rossinyol’, unha das máis belas cancións tradicionais catalás que foi interpretada por cantantes como Joan Baez, Nana Mouskouri ou Serrat, entre outros. Ou ‘Txoria Txori’, de Mikel Laboa, un clásico popular que forma parte do folclore vasco, ou ‘La Molinera’, clásico da tradición castelá que coñecemos a través da interpretación do pai do folclore castelán Agapito Marazuela.
TORRE DE BREOGHAN
O proxecto sinfónico de Luar Na Lubre e a Orquesta Sinfónica de Galicia
‘Torre de Breoghán’ estreouse no Palacio da Ópera de A Coruña os días 21 e 22 de Xuño deste ano e publicase agora nun dobre CD e DVD. Editado por Warner Music, coa grabación do concerto completo en directo. Os arranxos fixoos o músico coruñés Nani García, a dirección musical foi de Diego García, a escenografía dirixida por Franc Aleu e o diseño é de Estefanía Cagigao.
A producción máis ambiciosa da música folk contou cun espectacular despliegue de medios, participando sobre o escenario máis de 100 músicos, 15.000 watios de son, 130.000 watios de luz e 70.000 lúmenes de video.
A ruta dos Milésians
Luar Na Lubre rescata un relato épico da cultura celta sobor das invasións galegas en Irlanda para dar forma a un espectáculo único onde música e efectos visuais se funden nunha especial alquimia.
A historia que narra está inspirada no libro Leabhar Ghabhala Eirean (Libro das Invasións), un documento excepcional recollido da tradición oral irlandesa e transcrito polos monxes cristiáns no século XI. Nel relatanse, por orde cronolóxica, as invasións na Irlanda. A última delas foi a dos Milesios, que dende a cidade de Brigantia (actual A Coruña) partiron cara la illa despois de que Ith, fillo de Breoghán e líder Milesio, a descubrira despois de divisar a torre que leva ol nome do seu pai, a Thor Breoghán, que podería ser a conocida actualmente como Torre de Hércules. Guerreiros, embarcacións, druidas, feitizos...
SONS DA LUBRE NAS NOITES DE LUAR é un recopilatorio gravado na praza da Quintana, o 31 de xullo de 2012, no marco das Festas do Apóstolo.
Este traballo reflicte o momento de éxito actual e a destacada traxectoria de 25 anos de Luar na Lubre, Ao longo deste cuarto de século de vida, pola banda pasaron as voces de Anna Espinosa, Rosa Cedrón e Sara Louraço, ata chegar á actual de Paula Rey. Todas, xunto ao elevado carácter instrumental de Luar na Lubre, marcaron a música dun grupo único e referencial polo seu tratamento das músicas tradicionais de raíz fundamentalmente galega.
O CD1 titúlase "Trasnos" e contén temas instrumentais.
O CD2 é "Fadas" e presenta as cantigas líricas máis representativas (baladas, romances, temas tradicionais e de composición propia...) cantadas polas diferentes voces femininas que marcaron unha parte da sonoridade do grupo en cadanseu tempo.
O CD3 leva por título "Encantos" e ofrece os duetos que Luar na Lubre ten interpretado con artistas como Lila Downs, Ismael Serrano, Adriana Varela, Pat Kilbride, Pedro Guerra, Diana Navarro ou Pablo Milanés, entre outros.
Xunto a estes tres CD, a caixa inclúe sete videoclips e o referido concerto gravado na Quintana.
Mar Maior, 2012 disco no que se estrea como vocalista Paula Rei. Para este traballo a banda elaborou unha banda sonora inspirada no «Leabhar Ghabhala Eireann», o «Libro das Invasións de Irlanda», escrito polos monxes irlandeses no século XII, unha das obras de referencia da súa historia.
O texto, referencia en Irlanda, narra a lenda de como os descendentes do rei celta de Galicia Breogán conquistan a illa que avistaban desde o faro de Brigantia, hoxe chamada Torre de Hércules da Coruña, desde a que saíron os Milesianos, liderados por Mil, neto de Breogán, para conquistar Irlanda.
O disco, editado por Warner, saiu á venda o 5 de xuño de 2012 celebrando así tamén os 25 anos de éxitos no folk galego.
SOLSTICIO 2010
AO VIVO! 2009
CAMIÑOS DA FIN DA TERRA 2007
SAUDADE 2005
HAI UN PARAISO 2004
ESPIRAL 2002
XV ANIVERSARIO 2001
CABO DO MUNDO 1999
PLENILUNIO 1997
ARA SOLIS 1993
BEIRA ATLANTICA 1990
O SON DO AR 1988
Para máis info LUAR NA LUBRE