MACHINA

Para escoitar MACHINA preme eiqui

Machina chega dende Cerceda,. A banda sufriu moitas tranformacións dende os seu inicios no ano 2001 ata chegar a actual formación, mextura de diversos músicos pasados por bandas míticas da escea galega como Presenca Zero, Banda Melghacha e Banda Potenkim.


 

MACHINA
O Infraordinario



O Infraordinario, tema de adianto do que será o próximo traballo de Machina, despois de 7 anos da publicación de 'A Síndrome de Nerón' (EP).

Gravado e producido por Mahi Ferradás en Cimatica Studio e masterizado en Pouland Studios por Iago Pico.


 

 

DISCOGRAFIA PREVIA: 

 

O cuarto traballo discográfico da banda de Cerceda MACHINA, un EP de 5 temas cheos de forza e carraxe.


A síndrome de Nerón
Accion-reaccion
As mazas mordidas
Fodade
Odio

Letra e Música por MACHINA
Producido por Iago Pico.
Gravado en Pousada Son por Iago Pico.
Masterizado por Iago Pico.
(pousadason.com)
Deseño Gráfico por XARDA
(www.estudioxarda.com)


PODEDES ESCOITAR E DESCARGAR DE BALDE O EP EN:
https://machinagz.bandcamp.com/album/a-s-ndrome-de-ner-n

Acción - Reacción


 


 



Ensaio sobre o silencio 2012
Rachar co silencio que infecta o mundo actual facendo unha viaxe polos temas de actualidade que asoballan á sociedade e aos que ninguén lles fai fronte. Deste xeito resume Machina, o grupo de rock alternativo de Cerceda o seu terceiro traballo discográfico. O grupo defíneo como o seu disco máis comprometido política e socialmente. Así mesmo, con el acadan a madureza da banda ao realizar un traballo moito máis produtivo ao poñer todos os recursos da banda á hora de crear e obtendo un resultado moito máis logrado


EEdición especial
O deseño do disco correu a cargo da propia Machina. Van lanzar unha edición especial de 250 unidades. Para reservar este disco cun deseño especial e feito de xeito manual cómpre enviar un correo a tenda@machinagz.com cos vosos datos. Así e todo, tamén haberá unha edición que se ha distribuír do xeito convencional, para chegar así a todas aquelas persoas que non poidan adquirir a serie limitada do disco.



 O último traballo da banda gravouse a finais do 2011 en Vigo baixo a dirección de Pablo Iglesias, o produtor de Ensaio sobre o silencio. O disco componse de trece cortes e foi masterizado polo  sueco Pelle Henricsson. Segundo Machina, a masterización conseguiu facer do seu último disco un traballo moito máis maduro, cun son máis compacto e xunguido.







Post Bravú 2009
Descubrir o seu Post-bravú, o seu primeiro traballo longo. Temas con forza, mistura, eclecticismo... letras directas, abstractas, sobre o amor, sobre a loita, sobre o paradoxo da existencia, sobre a persoa, sobre a non persoa, sobre o mundo, sobre a nada...
Presentando unha proposta que se pode considerar alternativa non só na música en Galego senón tamén, na música do noso país e empregando sempre o Galego como fonte de expresión, Machina achéganos o seu peculiar estilo difícil de calificar pero que poderiamos etiquetar como emo-core. As súas influencias son moi variadas pero por citar algunhas: The Used, Tool, Deftones, 36Crazyfits, Körn, At The Drive in, Berri Txarrak. A banda Cercedense herdeira do chamado “sons Cerceda” propón a súa receita de ingredentes emotivos e cañeiros sempre en Galego e sen xusificacións por así facelo.Podes descargar POST-BRAVÚ

 

 




ITH e Machina desenchufados
Machinazón


Sesións "Desenchufados e Amighos" gravadas no outono do 2019 nos xardíns de Cimática Studio.

 

Acouga 2008
Durante Maio do 2007, Machina grava dous temas para comezar a promocionar a súa música máis aló dos concertos ó vivo, "Queimame" e "Virarei". Xa no mes de outubro do mesmo ano, entran de novo no estudio para gravar o resto de temas que conformarán este primeiro EP, "Apocalipse", "Aqui estou" e "Acouga" que dará nome a este CD que ademais inclúe o primeiro videoclip da banda ("Queimame") realizado por Óscar Ansótegui. Conta Ademais coa colaboración neste tema, de  Bocixa ( Zënzar).Podes descargar ACOUGA EP




PARA MAIS INFO: 

 

Contacto: 

machina_gz@hotmail.com
 

Web: http://www.machinzgz.com/

http://machinagz.com/web/

 

Myspace:

http://www.myspace.com/machinagz