OS INSTRUMENTOS MUSICAIS NA TRADICION GALEGA

Pablo Carpintero Arias e Xoán Ramón Marín Martínez recollen, como eles mesmos din, a nosa riqueza de instrumentos musicais e aproxímannos á súa historia.
Trátase dun traballo minucioso de descrición dunha realidade que, coma tantas outras, permaneceu ao longo dos anos no uso, no presente da vida das persoas e do xeito de se relacionar. A necesidade, hoxe en día, de aprehendela en forma de saber dá conta da posibilidade de transformarse nun pasado, nunha cuestión museística. Por iso, ademais da referida minuciosidade, este libro escribiuse nunhas coordenadas cualitativas que me gustaría analizar.

Coa publicación desta obra danse probas do vínculo necesario entre competencia institucional –neste caso da Vicerreitoría de Relacións Institucionais da Universidade de Vigo a través do proxecto Ronsel– e da Administración –Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e Axencia Galega de Desenvolvemento Rural– para a investigación e a difusión do patrimonio cultural inmaterial. Esta colaboración non só é necesaria para lle dar un apoio eficaz aos nosos investigadores e ás nosas investigadoras, tamén o é para crear vínculo social, para divulgar a nosa cultura, deluvando os seus tecidos básicos.

version interactiva: eiqui 

DIFUSORA DE LETRAS, ARTES E IDEAS  web (www.difusora.org)
456 páxinas, 86 páxinas en bitono, e 370 páxinas en cor
Capas en cartonciño estucado impreso a unha tinta con sobrecuberta a catro tintas
Primeira edición: decembro de 2009
Está esgotada a segunda edicion