BOCIXA voz
LAURA ROMERO Baixo.
MANOLO Bateria.
MARIO GRELA, guitarra
GONZALO GRELA, quitarra.
LAURA ROMERO Baixo.
MANOLO Bateria.
MARIO GRELA, guitarra
GONZALO GRELA, quitarra.
Zënzar, unha lenda do rock en galego nacidos “Da terra das sombras e da oscuridade…”, xa que así foi como comezou todo alá polo principio de outono na Meirama de 1987. Zénzar, a banda decana do rock galego e en galego, segue a afinar os instrumentos cumplidos os 31 anos de actividade constante.
Os de Cerceda comezan o 2020 cun novo traballo discográfico entre mans, o décimo que publican (sen ter en conta maquetas e colaboracións noutros discos). Este novo disco ten novidades con respecto ós anteriores. Con Roi Gil, técnico de directo e o sexto zênzar, ós mandos técnicos da gravación por primeira vez, conséguese unha potencia similar á dos directos. Ademáis, todo o proceso de gravación e creación tivo lugar no local de ensaio, recentemente mellorado e equipado. Tamén se trata do primeiro con Laura ó baixo. Por primeira vez na historia de Zénzar, un disco é composto, gravado e deseñado unicamente por membros da banda. Despois de recibir por sorpresa a homenaxe en forma de disco de 18 bandas galegas (Vai polos padriños), despois de cinco anos de concertos trala saida do disco Camiñando entre serpes e do achegamento a novas xeracións sendo gañadores do Correlingua ou levando a cabo a actividade Música e Lingua, a banda segue a apostar polos directos enérxicos e guitarreiros habituais. A actividade Música e Lingua: repaso da nosa música contemporánea e o papel da muller nela, desenvolvida habitualmente nos auditorios dos centros de ensino secundario ou próximos a el, está a ter moi boa acollida entre o alumnado e o profesorado debido ser algo novidoso e orixinal. Durante a primeira parte, tres membros da banda (Bocixa, Paco e Laura) conversan co alumnado sobre a música en galego, de experiencias persoais en relación á lingua e á musica, de estereotipos de xénero na música e sobre o proxecto Músicas Galegas Ilustradas. A segunda parte é un concerto de 45 min con todos os membros da banda. Para a meirande parte da mocidade presente é o seu primeiro concerto de rock en directo e unha oportunidade única para achegarse ós músicos e á müsica en vivo.
Para escoitar a ZENZAR preme eiqui
Parabéns
Vídeo gravado no Disco Pub Non Sei (A Silva) reaberto só para a ocasión o 7 de febreiro de 2026.
Tema incluido no Álbum: Bla, bla, bla (autoeditado, 2026)
Gravado en Estudios Bonham.
https://www.youtube.com/watch?v=3sK7KOKM_gw
|
ZËNZAR Non é casual Primeiro tema que lanzan os Zënzar co gallo da xira 35 ANOS BOURANDO. "Non é casual" é un tema que xorde da necesidade de poñerlle humor a unha serie de problemas que os cinco membros da banda foron atravesando durante un tempo, e que obrigaron a baixar o ritmo do proxecto Zënzar en xeral. Realización e animación do stopmotion: Iris Branco [www.irisbranco.com] https://www.youtube.com/watch?v=prG2BYjvO5o |
Benvidas ó futuro (2020)
Este disco non sería o mesmo sen as persoas que achegaron un cachiño da súa arte: Mini Rivas, Manuel Silveira e Xavi Pardeiro, O Reverendo, polas súas verbas para O Samurai. Ramiro Vidal polos seus versos convertidos na letra de Standing Rock, e tamén polos seus recitados na mesma xunto con Emma Pedreira e Laura Rey. Juankar (Boikot), voz en Abusei. Xavi Pardeiro, O Reverendo, por agasallarnos o seu tema Maruxa. Zeltia, voz en Todo se extingue, e Miguel Duarte, Manuel Silveira e Roi Gil, que solearon no mesmo tema. Úrsula Prego, Saínza Bocixa, Carlos Caramelo, Peter Brea, Manuel Silveira, Anxo Silveira, Manolito Buyo, Xavi Pardeiro, que berraron con nós en A culpa foi de Leño. Manuel Macou, pola súa arte desinteresada en realización e montaxe audiovisual. Ramón Yoshimura, Jackie López, Juan Luís Rúa e todas aquelas que apoian sempre cunha cámara na man. Carlos Blanco e Xosé Touriñán por ser uns criminais cómplices. lván Bernárdez, Iria Pedreira e máis xente que sempre están dispostos a botar unha man. Programadoras de concertos e público, técnicos de produción, son e iluminación. O noso gradecemento especial a Roi Gil, técnico de son oficial da banda e neste caso peza indispensable para a gravación, mestura e masterización. Sen eI nos mandos técnicos este disco non sería igual.
Este é un disco que ile adicamos a Tabe, en especial o tema O Samurai.
Gravado en decembro de 2019 e xaneiro de 2020 en Nave 17.
Gravación, mestura e masterizacíón: Roi
Deseño gráfico: Laura Romero
Distribución: Inquedanzas Sonoras
Contratación: contratacion@zenzar.info www.zenzar.info
Temas:
Edición especial USB+CD e tirada limitada de 100 exemplares, con deseño especial e contidos especiales con escolma de 32 temas da nosa discografía.
Capa feita por Laura Romero.
CD 10 euros, USB 15 euros (+ gastos de envio previo ingreso en conta )
Pedidos e reservas en zenzarrockengalego@gmail.com e en breve no catálogo de Inquedanzas Sonoras.
Camiñando entre serpes (2015)
O décimo álbum de Zënzar conten once novos temas de rock reivindicativo e poesía urbana.
Gravado ao vivo nos estudios de Javier Abreu, Temas como Cortina a versionar un poema de Díaz Castro, Nada que perder ou A xente fala adiantan un traballo que está xa dispoñible na rede e que conta coas colaboracións de José M. Ares á gaita e de Xenderal á voz e ao beatbox.
Editado e distribuido por: Inquedanzas Sonoras
Vaise Armar (2013)
13 pezas inéditas, que recollen a esencia do que é hoxe en día Zënzar un grupo mais maduro musicalmente e máis aberto a sóns e ritmos que empezaron a ter máis presenza nos dous albums anteriores de estudo un rock con moita forza e enerxía que se abre a temas máis persoais e íntimos. Ao igual que con A Tribu souperon rodearse de grandes amigos como Pablo Dalama (frauta e gaita), X.M. Ares (gaita), Loli Nogueira (voz), Mario "Invivo" (voz), Victor Neira "Ruxe Ruxe "(voz), Mou "Dios Ke Te Crew" (voz) e Javier Pardeiro “O Reverendo” (voz).

DVD Zenzar Ao Vivo 2011

A Tribu (2009), Contou coas colaboracións de Xurxo Souto, Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Mª Xosé Silvar (ex-Chámalle Xis e actualmente no seu proxecto XES), Pablo Dalama (ex-Xochilmica, Mamá Cabra), Gende Beat (o xefe do beat box galego) ou percusionistas como Manolo Suárez e David Bolaño e o gaiteiro José M. Ares.

Sigue... e dálle - 2006.

Rockanrol - 2002.

Todo vai ben - 2001.

Disparados ó futuro - 1997.

Fascinados polo prohibido - 1995 (maqueta).
0 repertorío
O repertorio componse de temas do novo traballo e tamén de clásicos da banda, repertorio 100% en galego e enfocado a problemas reais da Galicia do século XXI: a eucaliptización, as políticas do espolio, as loitas das labregas e dos labregos, a historia das mulleres do rural, a contaminación, as redes sociais e o progreso tecnolóxico que non é tan bonito como nolo pintaron, etc. Moitas das letras falan tamén da propia historia do grupo, destancando Samurai dedicado a Tabe, canción pertencente ó novo disco. Entre os clásicos da banda podemos destacar moitos: Tiven un bar, Arrastrado, A culpa foi de Leño, A tribo, Casa no cementerlo, etc.
A duración é de 1 h e 30 min.
Contacto
Teléfonos: 620599007 e 615512023
Email: contratacion@zenzar.info
PARA MAIS INFO: ZENZARWEB

Zënzar e amig@s
A culpa foi de Leño
Revisión do tema "A culpa foi de Leño" que pechará o novo disco de Zënzar , gravado, mesturado e masterizado por Roi Gil, coa colaboración de amig@s nas voces.
Edición especial USB+CD e tirada limitada de 100 exemplares, con deseño especial e contidos especiales con escolma de 32 temas da nosa discografía.
Capa feita por Laura Romero.
CD 10 euros, USB 15 euros (+ gastos de envio previo ingreso en conta )
Pedidos e reservas en zenzarrockengalego@gmail.com e en breve no catálogo de Inquedanzas Sonoras.
Camiñando entre serpes (2015)
O décimo álbum de Zënzar conten once novos temas de rock reivindicativo e poesía urbana.
Gravado ao vivo nos estudios de Javier Abreu, Temas como Cortina a versionar un poema de Díaz Castro, Nada que perder ou A xente fala adiantan un traballo que está xa dispoñible na rede e que conta coas colaboracións de José M. Ares á gaita e de Xenderal á voz e ao beatbox.
Editado e distribuido por: Inquedanzas Sonoras
![]() | Cortina e o avance do vindeiro disco de Zenzar. A partir dun poema de X. M. Díaz Castro (Nimbos. 1961) que fala sobre as duras condicións de vida dun home galego do campo ... https://www.youtube.com/watch?v=OdswrxcFXkk |
![]() | ZENZAR Cousa puco seria coa colaboración de Xenderal á voz , novo adianto de “Camiñando entre serpes” https://www.youtube.com/watch?v=NseA2yeFSj0#t=40 |
![]() | Zënzar A Xente Fala tema incluido en “Camiñando entre serpes” o novo disco. https://www.youtube.com/watch?v=CDB2KU7wlEo#t=143 |
![]() | ZENZAR NADA QUE PERDER Tema adianto do novo traballo de Zënzar.. https://www.youtube.com/watch?v=3BEuy1GUlEo&feature=youtu.be |
Vaise Armar (2013)
13 pezas inéditas, que recollen a esencia do que é hoxe en día Zënzar un grupo mais maduro musicalmente e máis aberto a sóns e ritmos que empezaron a ter máis presenza nos dous albums anteriores de estudo un rock con moita forza e enerxía que se abre a temas máis persoais e íntimos. Ao igual que con A Tribu souperon rodearse de grandes amigos como Pablo Dalama (frauta e gaita), X.M. Ares (gaita), Loli Nogueira (voz), Mario "Invivo" (voz), Victor Neira "Ruxe Ruxe "(voz), Mou "Dios Ke Te Crew" (voz) e Javier Pardeiro “O Reverendo” (voz).

DVD Zenzar Ao Vivo 2011

A Tribu (2009), Contou coas colaboracións de Xurxo Souto, Vituco Neira (Ruxe Ruxe), Mª Xosé Silvar (ex-Chámalle Xis e actualmente no seu proxecto XES), Pablo Dalama (ex-Xochilmica, Mamá Cabra), Gende Beat (o xefe do beat box galego) ou percusionistas como Manolo Suárez e David Bolaño e o gaiteiro José M. Ares.

Sigue... e dálle - 2006.

Rockanrol - 2002.

Todo vai ben - 2001.

Disparados ó futuro - 1997.

Fascinados polo prohibido - 1995 (maqueta).
![]() | Zenzar No teu rostro Manuel Silveira "Aquí vai unha canción, que compuxemos Tabe máis eu, non está nin ben gravada nin ben tocada, pero reflexa o que eramos Zenzar naqueles anos (a gravación e do 93), sinxela pero directa, como diría Tabe...Rock n' Roll..." https://www.youtube.com/watch?v=qzjcxvFMRWU |