Fuxan os Ventos Eu en Ti " "Eu en ti" coa que pretendemos homenaxear a memoria do noso querido Moncho." Fermosísimo poema de Celso Emilio Ferreiro musicado por Xoán Fuertes É unha das últimas cancións gravadas por Moncho como solista na que tamén nos acompañan Guillerme Fernández (guitarra), Roi Adrio (percusión), Simón García (contrabaixo) e o cuarteto de cordas Saiva Nova Deseño da cuberta: @manu_lucas_marinho https://www.youtube.com/watch?v=Ff4_SVRYZ6U |
Fuxan os Ventos
O grupo como tal adopta o nome de Fuxan os ventos no ano 1972, tras gañar cunha coa cancion fuxan os ventos o III Festival As San Lucas de Mondoñedo (Lugo).O seu repertorio, inicialmente formado por música folk universal e música popular galega, vai pouco a pouco inclinándose cara esta última, tanto na súa vertente estrictamente popular coma na de composición própia. O contacto coa realidade musical do país, a través das actuacións en núcleos rurais illados, fainos conscientes de que existe un riquísimo patrimonio cultural-musical descoñecido para grande parte da sociedade galega que cómpre dar a coñecer. As própias actuacións en lugares e aldeas permítenlle ao grupo 'recoller' centos de cantigas que os vellos e vellas do lugar gardan na memoria e que irán incorporando ao seu repertorio. Paralelamente, van adquirindo un compromiso de oposición á dictadura e de reivindicación dun pobo, dun idioma e dunha cultura própia.
Os compoñentes de Fuxan os Ventos foron variando dende os seus comezos por diferentes circunstancias, chegando a pasar polo grupo até trinta persoas.
A comezos do ano 1983 prodúcese a última e definitiva modificación do grupo, abandonándoo dous dos seus compoñentes e incorporándose un trío de música tradicional. Isto vai repercutir nunha maior calidade nos arranxos e na interpretación do seu repertorio.
Desta nova etapa é fidel reflexo o sexto disco, Noutrora, gravado no ano 1984 con Fonomusic. Desde estes anos até 1989, sendo a sua ultima actuación publica no ano 1989 no festival de Agapito Marazuela, en Segovia (1989).
No 2002, Fuxan os Ventos edita o seu último traballo discográfico até a data, Na memoria dos tempos, con romances e melodías de cancioneiros tradicionais. O disco serviu tamén para reivindicar a memoria dun feito que non debe repetirse nunca máis: a catástrofe do Prestige, participando tamén nos concertos expansivos que se realizan en todo o país.
En 2007 participan no proxecto colectivo Pelo Gato 24, e en agosto dese mesmo ano actúan no Festival de Pardiñas (Guitiriz) cun pequeno repertorio, facendo o pregón-presentación da Feira de Artesáns. A repercusión desta actuación e a satisfacción do grupo ao reencontrarse co público son decisivas para facer Terra de Soños.
Na actualidade, os compoñentes de Fuxan os Ventos son:
Carme Vázquez, Xoán L. F. Saavedra, Tereixa Novo, Alfonso Fernández, Moncho Díaz, Maruxa Fociños, Antón Castro, Xosé Vázquez e Pedro Lucas.
No ano 2008 gravan o disco e DVD terra de soños con numerosas colaboracions:_ Xabier Díaz, Guadi Galego, Uxia, Mercedes Peón, Pepe Ferreirós, Nova Galega de Danza, Rodrigo Romaní, Miguel Lustres, Sabela Rodríguez.
A última actuación da que temos constancia foi o 26 de xuño de 2010 en ourense.
Discografia:
Fuxan os ventos 1976
O tequeletequele 1977
Galicia canta o neno 1978
sementeira 1978
quen a soubera cantar 1981
noutrora 1984
sempre e máis dispois 1999
na memoria dos tempos 2002
Disco adicado a que nunca se esquenza a catastrofe do Prestige
Para máis info: fuxan os ventos
musica en galego fuxan os ventos