OS JOHN DEERES

Cinzas (2020)



"Deseño brutal do noso camarada Alberto Cardona Valcárcel

Nestes tempos convulsos para todo o mundo, pero tamén para nós como banda trala marcha de Ferni e a fugaz participación de Patty Castro, rexurdimos das nosas cinzas. Pero non coma a ave Fénix, que non somos tan flipados, mais ben coma a señora que foza na lareira para ver se queda un rescaldo co que acender un carozo e facer lume de novo.

Así, Cinzas conecta todos estes anos de traballo con novos horizontes que xa imos debuxando, coma un punto e á parte para seguir escribindo a nosa historia. Son catro temas nos que contamos cunha chea de colaboracións de excepción. Na busca de nova voz, os John Deeres decidimos botarnos ao DIY e gravar este disco no local de ensaio con diversas voces e aproveitando rascuños de temas inacabados e vellas ideas. "

Podedes escoita-lo nas plataformas dixitais e descarga-los temas desde o enlace: 

https://www.dropbox.com/s/ned8rn30ddmmro4/Os%20John%20Deeres%20-%20Cinzas%20%282020%29.zip?dl=0

 

 Bótalle terra

“Bótalle terra” é o tema propio máis antigo dos que seguimos tocando, e aínda que forma parte intermitentemente do repertorio de directo foi quedando fóra dos discos anteriores, polo que decidimos regravala para este Cinzas tirando de pasado: contamos na voz con Iria Rey, cantante daquel xerme dos John Deeres, Diskordia. Nos coros está Ferni, que segue aí sempre aínda que xa non forme parte da banda, e a nosa amiga Luzia, que sabemos que lle presta moito a canción.

https://www.youtube.com/watch?v=8a7AGI9lmYI&list=PLKPLuS4-CdaH9cmA-LUuAfJrJfGk7qz0z&index=1
 

Onde está o teu deus?

“Onde está o teu deus?" é talvez a peza máis diferente de Cinzas. Aínda que inicialmente tiña unha melodía de voz máis convencional inspirou a Xoán Reices (cantante de Noxo, banda estradense de punk) para facer unha peza fóra da nosa zona de confort.

https://www.youtube.com/watch?v=wjVeGL_EMHI&list=PLKPLuS4-CdaH9cmA-LUuAfJrJfGk7qz0z&index=2

Rancor

Rancor é a reinterpretación dunha peza pensada para o noso 20-20 pero que finalmente non entrou na selección dos 8 temas que formaron aquel traballo. Así a todo, apetecíanos ter un rock’n’roll para facer en directo, así que fixemos esta nova versión, de novo con letra e voz da enorme Vane García

https://www.youtube.com/watch?v=yErZXRiH2sA&list=PLKPLuS4-CdaH9cmA-LUuAfJrJfGk7qz0z&index=4


Mala herba

Por último, “Mala herba” é a reinterpretación dunha peza pensada para o noso 20-20 pero que finalmente non entrou na selección dos 8 temas que formaron aquel traballo. Así a todo, apetecíanos ter un rock’n’roll para facer en directo, así que fixemos esta nova versión, de novo con letra e voz da enorme Vane García
https://www.youtube.com/watch?v=yErZXRiH2sA&list=PLKPLuS4-CdaH9cmA-LUuAfJrJfGk7qz0z&index=4
 

DISCOGRAFIA PREVIA:





Fomación:
Marcos: baixo
Reices: teclados
Mustaf: guitarra
Vanessa García: voz
Xermán: batería


 

20-20 (2017)


"Con 20-20 os John Deeres atoparon o seu lugar. Despois dun primeiro traballo inaugural que recollía temas de case unha década tocando xuntos, con 20-20 a banda dá un salto cara a un son máis directo e cru, máis compacto e máis achegado ás súas bandas de referencia dos 70, pero sen perder a perspectiva de estar gravado no século XXI.

En 20-20 atopamos 8 temas pensados para o directo, 8 trallazos de hard rock contundente con letras que van da temática social (Entre fronteiras, A sombra de ti, Dourado veleno) ao macarrismo (Inevitable); da superación dos propios límites (Cara adiante, Tan forte, tan lonxe) á conciencia de que ás veces só queda deixarse levar pola nosa parte máis escura (Rendición, Espiral).

Este traballo supón a consolidación dos John Deeres como a banda de referencia do hard rock en galego, un grupo con estilo propio e experiencia contrastada. "

O Toxo Rabudo Netlabel

 

Podesdes descarga-lo desde O Toxo Rabudo Netlabel :

http://otoxorabudonetlabel.blogspot.com/2017/10/os-john-deeres-20-20.html

 

Rendición

https://www.youtube.com/watch?v=Ix1O5vu-USo
 

Entre fronteiras

https://www.youtube.com/watch?v=VMD3tsp4FnY

Espiral (directo na Sala Capitol)

 
https://www.youtube.com/watch?v=a_etZ1hZrtw

 


Fotos realizadas na presentacion de 20-20 na Sala Capitol en Compostela

https://musicaengalego.blogspot.com/2016/10/fotos-os-john-deeres-na-sala-capitol.html
 
 
 
 

Despois dun longo camiño levando a súa música por toda a xeografía galega, Os John Deeres presentan o seu primeiro álbum, "8". Un disco cheo de todo o hard rock e da forza á que nos ten acostumados a banda estradense.
8 son as persoas que pasaron pola banda nas súas distintas formacións e 8 son os temas que aparecen neste álbum. 8 temas de rock clásico, misturado e reinventado ata atopar o estilo propio que define os John Deeres.
Marcos, Ferni, Mustaf, Reices e Xermán son os responsables deste traballo, gravado nos últimos meses do 2012. Prepárate para o son máis americano do rural galego!



  1. Un novo amencer
  2. Outra noite
  3. Sombras
  4. Eterna
  5. Falso edén
  6. Caronte
  7. A lingua do mar
  8. Descontrol



Un novo amencer

https://www.youtube.com/watch?v=WadDc0KHeNo

 

A lingua do mar

 Hai  anos que morreu Man de Camelle, din que pola tristeza que lle produciu a desfeita do Prestige. Esta é a cativa homenaxe dos John Deeres á súa figura

 

https://www.youtube.com/watch?v=EvnCsVWI0dc

Podedes descargalo de balde en :

O TOXO RABUDO no enlace:

http://otoxorabudonetlabel.blogspot.com.br/2013/02/os-john-deeres-8-2013.html

 

Cos John Deeres o hard rock clásico fala galego!

Contacto:

correo: contacto@osjohndeeres.com
Teléfono: 650647079 (Reices)
web: www.osjohndeeres.com



musicaengalego john deeres
musica en galego jonhn deeres