MAMA CABRA XA ME TARDAN ESTES MAGOS

En formato de libro-disco Mamá Cabra coa editorial Galaxia presentaN Xa me tardan estes magos.
A obra, que conta con ilustración de Kristina Sabaite, recolle composicións sobre textos de Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e Gloria M. Roel, vocalista do grupo.
Un mollo de cancións para esperar con máis ilusión a chegada dos Magos. Unha presada de temas para cantar, para bailar, para choutar coa mesma ledicia e enerxía que sempre atopamos nos discos de Mamá Cabra.


Podedes descargar o tema TRES REIS EN BICICLETA  premendo eiqui

Podedes merca-lo en Galaxia