PE DE BOI

Para escoitar PE DE BOI preme eiqui

Pé de Boi é un proxecto musical nado no Val do Ulla (A Estrada), alá polo ano 95.

FolKonFusión

As letras de Pé de Boi, pretenden unha mensaxe crítica servida a través da ironía e unha música caracterizada pola fusión de estilos e a predominancia das voces. A raigame galega, os sons balcánicos, o funk, o rock, os sons isleños, a rumba flamenca, algún que outro debuxo de rap,... e máis que nunca as melodías e harmonías arabescas, xunto coa forza do xa existente e poderoso cuarteto de metais son algunhas das pinceladas musicais que poderedes atopar en Pé de Boi


Despois da última xira con "Ano de brétema", e logo de meses na cociña, presentamos o noso traballo discográfico, cargado de novas receitas musicais,
"SOMOS NOS"
Unha formación anovada e coma sempre, unha nova aposta musical...
14 novos temas. Un traballo cheo de sorpresas e multitude de esencias. Muita marcha e letras servidas con ironía.



Para máis info www.somosnos.es