musica en galego xavier gonzalez 
XAVIER GONZALEZ DEL VALLE
Xunto con Benedicto, foi o primeiro cantautor en musicaliza-los poemas de Celso Emilio Ferreiro. Ainda que con arranxos basicos, a potente e profunda voz de  Xavier é contrapunto perfecto para a  poesía humanista  do poeta que simbolizou o espíritu da Galiza daqueles tempos,  necesitada  de liberdade, dignidade y recoñecemento. A súa versión de "María  Soliña",  foi versionada máis adiante por  Benedicto e Miro Casabella. Eiqui  temos a súa versión do poema máis lembrado de  Ferreiro, todo un símbolo contra a represión, "Longa noite de pedra", que ficou na memoria colectiva, como o nome para a dictadura.