PIRILAMPO


PIRILAMPO  son:

Xose Lois (Voz)
Gala (Acordeón)
Cristina (Frauta)
Álex (Percusión Tradicional)
Sergio (Guitarra)
Antía ( Percusión)
e tamén...
Andrea (Voz)
Arturo (Percusión)
Tito (Baixo)
Erea ( Gaita )



Teatro de guiñol (2016) o novo traballo literario musical co que o grupo coruñés Pirilampo homenaxea ao poeta Manuel María o ano no que se lle adica o Día das Letras Galegas.

Teatro de Guiñol presenta unha escolma dos versos máis retranqueiros e festivos de Manuel María, o que xa constitúe un garante de éxito entre o público ao que se destina. Compilados dos poemarios As rúas do vento ceibe, Os soños na Gaiola e Terra Chá, os once temas que conforman o álbum no que foron musicados polo grupo Pirilampo.

As ilustracións son do recoñecido artista gráfico Iván R.

A natureza, O vento, A fala, Anduriñas, Neve ou o propio Teatro de Guiñol, que lle dá título ao álbum, son só algúns dos poemas escolmados, nesta ocasión, para o gozo de grandes e pequenos. Poemas atemporais para ser contados e cantados.

O músico coruñés Xurxo Souto, abandeirado por excelencia do movemento bravú, é o encargado de prologar este Teatro de Guiñol. Unha intervención na que califica ao grupo Pirilampo de marabilla. "Un comando musical itinerante de artistas ventureiros que avanzan pola noite e enchen de melodías todo o que tocan coa súa luz". Un prólogo no que ademais, Souto se remonta á mesma infancia de Manuel María, un neno de ollos grandes que aprendeu a usar a ferramenta da fala -agasallo dos avós- para compartir historias e e ncher de poemas toda a Terra Chá.


Editorial: Galaxia
Colección: Sonárbore




DISCOGRAFIA PREVIA:


Lucecús
Aquí estamos, Pirilampo. Así nos chaman. Así somos chamados. Hai quen prefire tratarnos de vagalume. A nós tanto nos dá. Que nos chamen como queiran, mais neste percorrido que agora iniciamos neste libro-disco imos ser lucecús. Once lucecús a cantar e a sumar a nosa voz á vosa voz, á voz do pai, á voz da nai, á voz da Terra que nos acolle. A ti. Cantas con nós?

Editorial: Galaxia
Colección: Sonárbore






Abracadabras.
Pirilampo nace no ano 2010 como continuidade de Fol do Vento e ten editados dous cedés. Fai música infantil e n galego. Actuacións en diferewntes lugares: centros educativos, asociacións culturais, prazas públicas , ... Os cedes son:

ABRACADABRAS.





CANCIÓNS PARA ANTÍA é un traballo do grupo Fol do Vento (agora PIRILAMPO) i editado pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega dirixido aos máis pequenos co obxetivo de que combinen aprendizaxe e diversión a través das cancións. Amáis dos 17 temas, extraídos na súa maioría do repertorio tradicional, o disco inclúe material didáctico para profesores e pais/nais, un abano de posibilidades educativas pensadas dende a Galiza que quer contribuír a formar e a desenvolver un dos espazos vitais máis importantes das nosas vidas, a infancia. Descargao en:RECURSOS GZ  musicaengalego pirilampo musica en galego pirilampo