ARRHYTHMIA



Arrhythmia composta por:
Alvaro Barreiro - Batería
Alex Maciñeiras - Baixo Eléctrico
Alberto Busto - Guitarra eléctrica

Desde Lugo, Arrhythmia leva anos convertendo o ruído en linguaxe. A súa música nace da fricción entre mundos: o metal e a electrónica, o rap e o rock, a forza e o detalle.

En galego e sen filtros, constrúen cancións que son descarga e reflexión ao mesmo tempo, espello dunha xeración que pensa e latexa a outro ritmo. Recoñecidas cos Premios Martín Códax da Música, foron quen de erguer un son propio — ás veces brutal, ás veces hipnótico, sempre honesto.


Durante un tempo, o escenario gardou silencio, pero a banda lucense non. Arrhythmia pasou o último ano pechada no estudo, construíndo un novo capítulo con calma, forza e claridade de ideas. Lonxe de desaparecer, decidiron parar o ruído exterior para escoitarse a si mesmos.

O resultado: esta nova etapa da troupe alternativa galega que mantén a enerxía e o discurso que sempre a definiu, pero cun son máis afinado e unha identidade aínda máis sólida. A evolución verase reflectida nun novo EP, do que xa se coñece o título, CERO


CERØ (2026)

O novo traballo da banda galega levou un ano de meticulosa introspección para redefinir a súa identidade sen perder a súa esencia CERØ (Galunk Producións, 2026) propón máis experimentación sonora: do metal alternativo e o metalcore a novas texturas electrónicas e matices pop

Sobre este novo mini álbum, Alberto Busto, vocalista de Arrhythmia, explica: “estivemos gravando, de feito, dun xeito bastante meticuloso e, por primeira vez na nosa carreira, con moita calma e intentando que quedase ao 100% ao noso gusto. O proceso foi tan importante como o resultado. Tomámonos o último ano para facelo e fixemos unha selección de cancións que pensamos que representan o momento actual da banda e quedamos moi contentos. Gústanos moito e esperamos que ao público e aos medios tamén vos guste”.

O EP, composto por cinco temas :
Insaciables ft. Rebeliom do Inframundo,
MesIAs,
Amnesia,
Agonía ft. Grande Amore
e Euforia,
chega con introspección e crítica en equilibrio: cancións que combinan emoción persoal e mirada social 

Agonía

Arrhythmia x Grande Amore
Vídeo dirixido e editado por Álvaro L. Barreiro 


mesIAs 

 Cámara: Diego Lopez (thisisdrod)

“unha crítica aos gurús de Internet que tratan de guionizar as nosas vidas”

mesIAs experimenta cos ritmos máis bailables da música electrónica, mesturados co son habitual de Arrhythmia, que bebe do metal, o rock e o rap, en galego e sen filtros, a golpe de forza e detalle.

 https://www.youtube.com/watch?v=IYRYsTyA4ik

Insaciables

Arrhythmia x Rebeliom do Inframundo

Dirección. cámara e edición: sergiosteelgup

Amnesia

Videoclip Dirección & edición: Alberto Lora   / albertolora.galunk   

https://www.youtube.com/watch?v=AlXLdQki908
 




 
 
I (2022)

A portada e deseños do dsio son de Anxo Vizcaino

Foi gravado entre Cecebre e Monterroso.

Producido e misturado por Álvaro Barreiro en Master Keys Studios.

Podedes acadalo en formato CD ou en Formato USB e tamen está nas plataformas dixitais

Temas:

Espertei

Planeta alerta

Arrhythmia con Jazzwoman
Planeta alerta

Novo sinxelo do disco "I" de Arrhythmia.

Gravado entre Galiza e Valencia en Xaneiro de 2022

Realización e dirección: Álvaro L. Barreiro

https://www.youtube.com/watch?v=b8OQIvEI_A8
Arrhythmia
Espertei

Espertei é un berro pola visibilización dos problemas de saúde mental nesta sociedade.

Dirección: Álvaro L. Barreiro

Foi gravado no Museo MIHL de Lugo en 2021

https://www.youtube.com/watch?v=ie5gX96gLug


https://www.youtube.com/watch?v=WwJWNIuAXR0&fbclid=IwAR0fjlc3PV1w5AdqJCQORcCZFeIm90KFhU_-vrTveQJ2MwM-w-1OLkrbvYg

Arrhythmia
Voltarán
● Dirixido por Álvaro L. Barreiro.
● Canción gravada en Master Key Estudios en 2019
● Musica e letra: Arrhythmia
● Son mesturado por Álvaro L. Barreiro e autoproducido por Arrhythmia
https://www.youtube.com/watch?v=WwJWNIuAXR0&fbclid=IwAR0fjlc3PV1w5AdqJCQORcCZFeIm90KFhU_-vrTveQJ2MwM-w-1OLkrbvYg


II (2016) é o segundo traballo discográfico de Arrhythmia, o power trío de Lugo.

Gravado en Master Key Estudios, o disco son 8 temas:

Orixe
Tan só notas
Mensaxe
Mil xeitos
O pasado non é unha opción
Onde todo empeza
Morte
Resurrección.

Deles seis temas estan cantados en galego mentres que o primeiro e o último son instrumentais.

Mezclado por Álvaro L. Barreiro e autoproducido por Arrhythmia.



A idea básica é como os poderes xogan cos tempos e espremen o sangue do pobo para navegar sobre ela nun barco de cartos a costa de morte e explotación. Tentamos plasmar do xeito máis gráfico posible esa cadea de inxustizas, na que para que uns poidan vivir con excesos, outros teñen que morrer.





Escoitaos en bandcamp:

https://osarrhythmia.bandcamp.com/album/ii

Escoitaos no Youtube


Arrhythmia - Mensaxe

https://www.youtube.com/watch?v=U-ziR7NOnGQ&index=1&
Video realizado por Álvaro L. Barreiro



Arrhythmia - Onde todo empeza

https://www.youtube.com/watch?v=RuYbvEHY9aU
Video realizado por Álvaro L. Barreiro.


DISCOGRAFIA PREVIA:


III  foi o primeiro traballo da banda coa formación actual e íntegramente en galego o que supuxo unha ruptura con todo o anterior.

O E.P composto por 3 cancións (Diñeiro, Ninguén, Non quero) que conforman a mesma historia vista dende tres puntos de vista diferentes.

Gravado en Abrigueiro Estudios en Outubro de 2012.

Mezclado por Álvaro L. Barreiro.

Autoproducido por Arrhythmia

Arrhythmia - Diñeiro


https://www.youtube.com/watch?v=issyr6ELeNM

"Adicado ós afectados polas preferentes. Rompamos a baralla, mudemos a un xogo diferente".




Pódese obter información ou seguir ó grupo en:

http://www.facebook.com/osarrhythmia

https://twitter.com/osarrhythmia



CONTACTO:
 

CONTACTO DE PRENSA 

The Office Comunicación

Luisa Castiñeira y Pilar González 

Tel. 620 113 155 I 627 094 931

luisa@theofficeco.es pilar@theofficeco.es 

 

BOOKING ARRHYTHMIA

Galunk Producións

lora@galunk.com I 722 85 59 90

carles@galunk.com I 722 85 61 06

 
  
osarrhythmia@gmail.com