CARLOS SALGUEIRO




Para escoitar CARLOS SALGUEIRO  preme Eiqui

A música de Carlos Salgueiro bebe de moitas fontes : o rock, o folk o blues e sobre todo o pop ,para conformar unha música ecléctica na que teñen gran importancia as letras, escritas sempre en galego.

No 2007 Carlos Salgueiro, publica a súa primeira maqueta ( PINGAS),na que graba de xeito artesanal once temas de Pop en galego.


A partir desta publicación entra en contacto con Agustín Moreira. Desta unión xurdirá a necesidade de levar eses temas ao directo e nace CARLOS SALGUEIRO E OS ENGADIDOS Deste grupo formarán parte: Agustín Moreira ( batería),Miguel Guerra (baixo),David Paz (guitarra),Ana Angueira e Jacobo Louzán (voces) e Carlos Salgueiro(voz solista e guitarra).

Con esta formación durante os anos 2010 e 2011 actúan en diversas salas de Galicia.















No ano 2012 inician a gravación do seu primeiro traballo de estudio U.N. ao que dedica os primeiros seis meses do ano.Este traballo foi gravado e masterizado en LOURIZÁN RECORDS por Carlos Orcajo asistido por Mauricio del Solar. Na gravación participaron:
Miguel Gonzalez( batería ), Plácido Montenegro( guitarra ), Javier Nieves( baixo ),Ana Angueira,Jacobo Louzán, María Salgueiro e Helena Pahíno (coros).

O 15 de Marzo deste ano presentou en directo en SALASÓN ( Cangas ) este traballo, así como o seu 1º videoclip ( ESPERÁNDOTE).
 O novo disco de Carlos Slagueiro titulase U.N.


O disco consta de 9 temas con música e letras de Carlos Salgueiro.
ferreria
déixame
modo de control
esperandote
flashback
helena
a tua luz
tic tac




MÚSICOS:
-Carlos Salgueiro ( voz, coros e guitarra acústica )

-Plácido Montenegro ( guitara eléctrica e coros )
-Miguel Gonzalez ( batería )

- Javier Nieves ( baixo )
- María Salgueiro, Helena Pahíno, Ana Angueira e Jacobo Louzán ( coros )

O disco foi gravado e masterizado en Estudios Lourizán ( Pontevedra ) por Carlos Orcajo con mauricio del Solar como asistente de Gravación.











O deseño e maquetación do disco fíxonos Juan Salgueiro utilizando fondos e elementos pictóricos de Nuria Pahíno, fotos de G F Studios e debuxos de Roberto Argüelles.
Está á venda en concertos e en librerías de Moaña e Cangas.
Para as presenbtacións en directo CARLOS SALGUEIRO conta cunha nova formación, na que ademais das voces de Ana Angueira e Jacobo Louzán,e a batería de Agustín Moreira incorpóranse ao grupo a guitarra de Angel Otero e o baixo de Alfredo Couceiro.
CONTACTO CARLOS SALGUEIRO: 
Tfno: 677608946
 www.myspace.com/CarlosRSalgueiro