Concertos frescos de tempada
Rede de Músicas Soltas. Rianxo 2013
A Rede de Música Soltas de Rianxo son
concertos de presentación dos proxectos en activo da música feita en
Galicia por músicos locais ou foráneos que moran no país. Así temos os
novos discos de Sérgio Tannus Trio e Davide Salvado, a próxima estrea de Jazzología ou os novos temas de Xan Campos Trio, Dúo Fdez & Quintá e as cancións inéditas en Acrobata, o disco de Fred Martins e Ugia Pedreira.
Pequenos formatos para o acolledor espazo do Auditorio da vila.
Concertos en primavera e outono un venres ao mes por 5 € de entrada (20 €
bono de seis concertos).
Non todo o que cae na rede é peixe, e nesta rede só cae música de
autora, de autor, de raíz, música popular traballada, de todos os POPs,
de todos os pobos, música viva, que respire, que se mova, que nos faga
vivir e movernos… A Rede de Músicas Soltas trae peixe fresco de tempada de primavera e outono, aires cálidos en tempadas de mudanza estacional.A RMS é un ciclo de concertos promovido polo Concello de Rianxo e organizado por aCentral Folque, Centro Galego de Música Popular, de músicas en pequeno formato e por músicos galegos ou residentes en Galicia ao redor da música popular e os seus universos.
Os concertos son sempre os venres ás 20.30 h no Auditorio de Rianxo (ver mapa) .
A venda de entradas realizarase na porta do Auditorio 30 min. antes de cada concerto. (5 € concertos / bono 20 €).
CICLO DE CONCERTOS
Acrobata na RMSvenres, 26 de abril
Fdez & Quintá na RMSvenres, 24 de maio
Sérgio Tannus na RMSvenres, 14 de xuño
Jazzologia na RMSvenres, 18 de outubro
Davide Salvado na RMSvenres, 22 de novembro
Xan Campos na RMS