R.G.M.V. COMUNICADO ESPECIAL




REDE GALEGA DE MÚSICA AO VIVO
Condicións e cachés mínimos
Dende Músicos Ao Vivo queremos achegarvos algo de información sobre a Rede Galega de Música Ao Vivo que se convocou recentemente.
Os Prazos de Programación, como xa saberedes, son:
  • Preprogramación: Do 1 ao 18 de Marzo
  • Programación definitiva: Do 20 ao 26 de Marzo para as salas que teñan que cambiar algún dos grupos, que non acaden a contratación mínima esixida na normativa que regula esta Rede.
Os concertos comezarían o 1 de Abril.
Para este ano é requerimento indispensable que todos os compoñentes do grupo teñan a alta na Seguridade Social correspondente a cada día de actuación. Isto será requerido pola AGADIC xunto coas facturas. Sen isto non poderedes cobrar o bolo, moito ollo!!.
Para garantir que este último apartado sexa viable firmouse un convenio entre AGADIC, Clubtura e Músicos Ao Vivo no que se garantirán uns caché minimos que podedes ver na siginte táboa.
Nº Compoñentes Caché Mínimo S.S. IRPF IVE Neto por Músico
1 165,00 € 30,64 € 1,07 € 24,20 € 109,09 €
2 225,00 € 33,58 € 1,18 € 33,39 € 78,42 €
3 295,00 € 38,94 € 1,35 € 43,89 € 70,27 €
4 370,00 € 44,72 € 1,56 € 54,60 € 67,28 €
5 395,00 € 54,90 € 1,90 € 58,17 € 56,00 €

Podedes ter en conta estes cachés á hora de negociar coas salas, pero tede en conta que son MÍNIMOS SALARIAIS que garanten que as condicións sexan dignas, NON SON NECESARIAMENTE OS CACHÉS QUE TEDES QUE TER.
Para calquer dúbida non dudedes en contactar con nós.
Un Saúdo!