Despois
de trece anos polos escenarios ainda quedan ganas para sacar un novo
disco??
Pois
SI. Non un solo. Na miña cabeza teño proxectos en mente para largo
plazo e variados que espero se vaian facendo.
Que
van atopar os teus siareiros neste novo traballo
Máis
de Emilio Rúa?...agardo que si. Pero con outros aires… renovados.
Neste disco quixen camiñar cara o folc americano pasando polo tinte
galego e a música pop…pero sempre ao meu xeito.Hai guitarras
acústicas de 6 e 12 cordas, mandolinas, dobro, Pedal Steel,
Wiisltel…
Cantos temas conten? son temas propios, poemas ...?
En
principio 13 ca posibilidade de incluir 1 máis. Dos cales 9 son da
miña autoría e despois o poema María Soliña e as versión de A
moza de onte (Nach Pop-A.Vega), Nun lugar do arco da vella (do filme
el mago de Oz) e Miña Maruxa (Andrés Dobarro)
Contas
con colaboracións a hora de gravalos?
Principalmente
ca de Segundo Grandío do estudio Casa de Tolos que vai máis alá do
puramente comercial. Logo de Budiño e de Fabían (cantautor Leonés
que canta conmigo en Antes que eu e ti)
onde
e cando foi gravado?
Foi
gravado no estudio Casa de Tolos en Mañufe-Gondomar por Segundo
Grandío como técnico de son nunha producción conxunta entre os
dous.
Gravouse
durante dous días en decembbro do 2012 e un día en mayo do 2103.
Quen
o misturou?
Está
misturado por S.Grandío principalmente e eu un tanto na supervisión.
Contas
con productora ou e autoproducido?
Conto
ca productora Nalgures.
cando
comeza a distribucion e quen o vai distribuir onde se poderá
mercar??
Pois
de momento hai dúas opción: autoxestión por parte de Nalgures ou
con algún selo discográfico que se implique no proxecto (hai
algún).
E
mercar sexa onde sexa nos sopretes dixitais da rede e en tenda física
na que a distribución chegue (ese é outro tema), ou baixo pedido.
Con que apoios financieiros por parte das institucións deputacion,
concello xunta ... contaches??
Polo
de agora as únicas axudas cas que contou o meu traballo foi a través
do AGADIC para o financiamento na edición dos discos….pero sempre
indirectamente xa que eu non son editor se non autor polo que como
tal nunca recibín nada. E logo dentro dalgún dos programas de
cultura, ao meu parecer un tanto excasos.
Como ves o futuro da musica ao vivo no presente panorama de crise e
co ive o 21%?
O
panorama dende que se comezou a falar daquelo da piratería e de que
os discos se deixaban de vender legalmente parece que sempre pinta
mal… pero ahí estamos, sobrevivindo.
O
problema non é solo que suban o IVE, se non que non se consuma
cultura tal como se consumen outras cousas, e xa non falemos das
innecesarias.
Polo
que debíamos apostar, antes de todo ese boom que se creou e que os
máis inxenuos ou aproveitados caíron, era en cultura.
A
cultura crea conciencia de consumo razonable e reforza os valores que
nunca se deben perder. Un pobo culto é un pobo que pensa e ten
conciencia de libertá. Eso que ao poder sempre lle molesta.
Valo
estrear cun grande concerto en directo??
A
miña intención non é facer alarde dos meus traballos nun só
día…espero ir tocando nos diferentes espazos que sexan posibles
para poder chegar a máis sitios este Destino Sur e parte dos temas
xa publicados.
Videiras
citas co publico en directo
Na
feira Internacional de Silleda o 15 de xuño e o 27 de xuño nas
festas de Ourense.
En
agosto 15 en Viana do Bolo e o 16 en Lubián (Zamora) co proxecto
Despois de ti, a chuvia librodisco editado por Galaxia conxunto o
escritor e poeta Xosé Carlos Caneiro que levo paralelo ao meu. Son
recitales-concerto nos que vamos acompañados de outro guitarrista.
contacto
para contratación, entrevistas ....