21 bandas de música en galego participa no concurso de grupos noveis das Revenidas
17 de xuño de 2013/Vilagarcía de Arousa. Se alguén dubidaba de que en Galicia hai moito artista novo con talento e disposto a compoñer e cantar no seu propio idioma, nós temos unha lista de 21 bandas que confirman que haber hai, pero quizais non teñen a difusión suficiente para a súa promoción.
Onte pechouse o plazo de inscripción para o concurso de Grupos Noveis promovido desde o festival Revenidas 2013 para achegar ao escenario de Vilaxoán a grupos que están facendo moitos esforzos por facerse un oco entre o panorama musical galego. O obxectivo deste concurso é precisamente darlle un espazo para que o público poida coñecelos o vindeiro 18 de xullo na apertura do festival.
Entre os 20 participantes hai estilos para todos os gustos, desde rock bravú, pop independente, rap, cabaret ou folk. E temos representantes de tódolos recunchos: Compostela, Vigo, Ourense, Chantada, Vedra, Illa de Arousa, Ordes, Vilanova ou O Grove.
Esta é a lista de concursantes:
1. Bocinazo, rural rock, Negreira.
2. Os Amigos dos Músicos, pop, Ourense
3. Skalopendra, rock bravú, Vilanova de Arousa
4. Outra Vaca No Millo, fock rock, Hio
5. Aspergillus de Coira, rock industrial, Ames
6. Os Vacalouras Pataca´n´roll, rock bravú, Teis
7. Okeoh, metal galego, Vedra
8. Satxa na Leira, rock bravú, Santomé
9. Balbordo Público, punk, Compostela
10. Vicky Polard, grunge, Compostela
11. Xenderal, rap, Cerceda
12. Liviao de Marrao, rock bravú, Chantada
13. Curva a Eskerda, metal/punk/rock, Porto do Son
14. Lusco e Fusco, folk, Vilagarcía de Arousa
15. The Tetas´Van, cabaret, Ourense
16. Sowel, rap, O Grove
17. Noite Fechada, rock, Barrantes
18. the Alkrikes, rock, Illa de Arousa
19. Superoito, rock, Ordes
20. Maskarpone, reggea/ska/rock, Ourense
21. Rebeliom do Inframundo, rap, Ponteareas
vota eiqui: https://www.facebook.com/media/set/?set=a.570962346259892.1073741825.218601224829341&type=1
As votacións, que se farán a través do Facebook, comezaron o martes 18 de xuño e prolongaránse ata final de mes. As tres bandas que teñan máis votos (me gusta) pasarán a ronda final na que un xurado composto por un membro da organización (Xoán Quintáns), un músico (Xurxo Souto) e un xornalista (Suso Piñeiro) escollerán o gañador do premio: tocar no Revenidas e 300€.