Xira
galega de Xoán Curiel e Joseba Gotzon este mes de xuño
Os
cantores galego Xoán Curiel e basco Joseba Gotzon comezan unha xira
por varias localidades galegas nos próximos días na que darán
conta dun novo proxecto musical. A posta en común de cadanseu estilo
poderá verse en Compostela, Pontevedra e A Coruña.
O
cantautor galego Xoán Curiel e o basco Joseba Gotzon presentan a dúo
as súas cancións cun repertorio conxunto por varias localidades
galegas durante os primeiros días do mes de xuño. Ambos os dous
artistas coincidiron en Bilbao na gravación do disco en directo
'Marrodan Kantazten', no Teatro dos Campos Elíseos, e comezou unha
colaboración que os levou a dar nesta xira galega, entre outros
proxectos.
Así,
o vindeiro mércores día 5 na sala La Tuerka ás 21:30 e coa entrada
a 5 euros, comeza este ciclo de concertos basco-galegos. O día
seguinte, o xoves 6 de xuño ás 22h e coa entrada de balde Curiel e
Gotzon chegan á sala Pequeno Karma (Pontevedra) para o venres 7
recalar en Compostela no Babel dentro do ciclo 'Personalidades',
tamén con entrada de balde. O concerto comezará ás 22 horas, se
ben caberá a posibilidade de, ás 21, tomar un petisco no local co
obxeto de achegar os artistas ao público.
Xa
no sábado 8, ás 22h e con entrada de balde, os dous cantautores
chegan á Coruña para actuaren no Mentireiro (Orillamar 12,
Montealto). A xira finaliza o domingo día 9 na Nave de Vidán
(Compostela)cun concerto ás 13 horas enmarcado nunha xornada
dedicada á cultura e gastronomía bascas.
Segundo
afirma Xoán Curiel “vai ser un primeiro encontro no cal
presentamos e compartimos as cancións dos nosos discos e algún novo
tema que estrearemos”. Aínda que “temos en común o universo
pop, para min vai ser un espazo diferente” estar con un cantautor
basco e “penso que ao mesmo tempo vai ser divertido e creativamente
novo”, di o fonsagradino acerca deste novo proxecto.
O
público poderá coñecer por primeira vez en Galicia a este
cantautor basco que xa ten publicados catorce discos dende o ano
1985. Ademais interpretarán temas do concerto 'Cantando a Marrodán'
que fixemos en Outubro do 2012.
Tres
mares
O
proxecto Tres Mares é unha colaboración entre tres cantautores:
Josep Tero, Joseba Gotzon e Xoán Curiel: un galego, un catalán e un
basco. Xurdiu a partir dun encontro que ambos os tres tiveron en
Bilbao, no Teatro Campos Eliseos onde Curiel foi convidado ao
concerto Marrodan Kantazten, onde interpretaron poesías do poeta de
Portugalete Mario Angel Marrodán.
Compartirán
escenario nas tres linguas que ademais do castelán e o portugués
conviven na península. Entenden “interesante” propór un
proxecto nesta dirección e abrir tamén “un camiño entre estes
tres territorios e as súas bonitas linguas, para compartir, aprender
e contaminarnos como diría o Pedro Guerra”, conclúen ambos
os tres músicos.
Joseba
Gotzon
Con
catorce discos editados e moitas publicacións escritas, Joseba é un
dos cantautores bascos que mais ten percorrido o mundo coa súa
música. Desde o ano 1984 no que grava o seu primeiro single,
presenta o seu traballo por países como Georgia, Arxentina,
Venezuela, Brasil, Italia, Portugal, Uruguay, Paraguay, Chile, entre
outros. Na actualidade presenta o disco en directo “Marrodan
Kantazten”, xunto con outros históricos da música basca e
catalana como Niko Etxart, Gontzal Mendibil, Josep Tero, e co
cantautor galego Xoán Curiel.
Xoán
Curiel
Voz
e guitarra son os elementos dos que, con grande e demostrada mestría,
se vale o artista da Fonsagrada para compór a súa proposta musical.
Grazas á súa visión particular da música, Xoán é un dos valores
actuais en alza do panorama galego. En xaneiro do 2012 cantou xunto a
Carlos do Carmo ou Mayra Andrade entre outros artistas, en Cantos
na Maré. En Outubro dese ano
participa no Festival Estou Lá
como artista e director artístico compartindo escenario con figuras
coma Eneida Marta ou João Afonso, entre outros moitos. No 2012 e
2013 actúa no proxecto CoraSons,
un espectáculo e a gravación dun disco en común con artistas
galegos e portugueses como Uxía, Antonio Zambujo ou Budiño.
Na
súa traxectoria artística destaca ademais a súa versatilidade,
participando como actor, músico, director, cantante ou bailarín en
diversos proxectos vencellados á música, o teatro, o teatro
infantil e a danza.