FESTICULTORES TROUPE sacou o seu disco OS SADOMUSIQUISTAS


Unha festa dolorosamente pracenteira


O sadomusiquismo chega cargado cun tsunami de endorfinas para liberar os cerebros e espallar unha revolución de doloroso pracer. Así o explica a primeira canción deste disco, interpretada por uns músicos posuídos pola desinhibición, o sadismo, o musiquismo e calquera outra perversión. O obxectivo é que os corpos entren en erupción e rebenten as pistas con bailes a base de movementos pélvicos e convulsións.


Completan esta orxía musical outros nove temas. Algúns recollen propostas posturais impensables conseguidas a base de moitas horas de ensaio, como é o caso de "Contorsionista". Outros veñen en son de festa para sodomizar, como "Feromonas". "Árbol caído" fala do Planeta Azul, onde todo o mundo se levanta "enviagrado" de emoción. E pecha o disco "O baile musiquista" que mestura movementos rexoubeiros con azoutas, beliscos e dentadas.


Para os insaciables o disco contén catro lategazos extras que inclúen grandes éxitos anteriores da banda, entre eles "Sexo oral" e "A Kabra Makabra". O conxunto está dedicado a todos os torturadores e torturadoras do mundo e a todos os lugares sodomizados da terra.


Os Sadomusiquistas son:
Gustavo Agasi "O pellizcos" (batería)
Anxelo de Xermar "Torturillas" (baixo e coros)
Xiñor Tonichi "O Tortas" (guitarra e coros)
Nico "O Cachelitos" (saxo e acordeón)
Iago "Mordisquitos" (trompeta e coros)
Carlos Alberto "O Traidor (??)
Emilio Oro "O Mamador Líder" (voz e teclados)
Coa colaboración especial de Marta González Nocelo "Madame" (coros)



Gravado e mesturado por Tomás Ageitos na Ponte en xaneiro e febreiro de 2012.
Con ilustracións de Xurxo Seara.

 Puntos de venda do disco en formato CD, son os seguintes:

  • Fandiño Tapas (Allariz)
  • Orballo (Allariz)
  • FEITO PRAZA (Xinzo de Limia)
  • Auriense (Ourense)
  • Peggy Records (Ourense)
  • Disco Precio Santiago
  • Disco Fans (Santiago)
  • Discovery Music (A Coruña)
  • Discos Nonis (A Coruña)
  • M 4 DISCOS (Ferrol)
  • ELEPE (Vigo)
  • Honky Tonk (Vigo)
  • Tendas Tipo Vigo
  • Inquedanzas (Vigo)
  • Pontevedra O Lusco Fusco
  • Discotasca (Redondela)
  • Marrucho (Baiona)
  • Don Disco (Lugo)
Os Sadomusiquistas

Sadomusiquismo



Sadomusiquismo
Realismo ou ficción
Sadomusiquismo
Entramos en acción
Sadomusiquismo
Realismo ou ficción
Doloroso pracer
Trae a nosa revolución



Os sadomusiquistas
Hoxe a vimos a liar
Estade preparados
Porque a terra vai temblar



Un tsunami de endorfinas
Axuda nesta ocasión
E o cerebro inundado
Cederá a liberación



Se queres gozar
Non te quedes a mirar
Busca unha parexa
E comézate a rozar



Non somos terroristas
Nin somos vandalistas
Estamos preparados
Para rebentar as pistas


Sadomusiquismo​

Realismo ou ficción
Sadomusiquismo
Entramos en acción
Sadomusiquismo
Realismo ou ficción
Doloroso pracer
Trae a nosa revolución​



Estamos poseídos
Pola deshinibición
O sadismo, o musiquismo
E calquera perversión



Os corpos liberados
Entrarán en erupción
E en todo o epicentro
Notarase a tensión



O movemento pélvico
E as súas convulsións
Son os protagonistas
Do baile desta canción



A orxía musical
Xa non se pode parar
E nun cuarto escuro
A deberiamos rematar



Sadomusiquismo...




Beberei toda a noite



Ei Antonio
Unha de estramonio



E beberei beberei toda a noite
E beberei toda a noite sen parar
E beberei beberei toda a noite
E bebereime esta noite todo o bar​



Esta noite eu voume de aventura
Esta noite si que a vou a liar
Esta noite domíname a loucura
E non sei como pode rematar



E beberei beberei toda a noite...



Se queres vir hoxe comigo
Pensa ben si aguantarás
Todos seremos amigos
É etílica será a felicidá



E beberei beberei toda a noite...



Por eso levo tanga de cores
Por si algunha non ten piedá
Levo afeitados los cojones
Por si algunha lle da por chupar



E beberei beberei toda a noite...

Eu son virxen



Non sei se teño o karma alborotado
Non sei se o meu ADN se mutou
Non sei se é que non estou ben dotado
Non sei se é por causa do meu mal olor

​​

Porque eu son virxen
Virxen
Virxen
Virxen a Virxen
Virxeeeeeeeen
Ja Ja!



E vivo moi feliz no meu estado
Orgulloso da miña condición
A luxuria do meu invertebrado
Non é santo da miña devoción



Porque eu son Virxen...



A min non me reconstruirán o himen
Nunca serei un exaculador precoz
Nunca saberei o que é un gatillazo
Nin o que é comportarse coma un León



Porque eu son Virxen...



E vivo a vida predestinado
Sei que son o elixido do Señor
Levo toda a vida super excitado
Son un exemplo para a civilización

​Porque eu son Virxen...


Contorsionista



Eu tiña un reto moi grande
Era o reto da miña vida
20 anos entrenando
Sen descanso día a día
Ás veces me lesionaba
E o reto se resistía
Pero con sacrificio
Sabía que o conseguiría



Se queres alcanzar
O que cres imposible
Se o queres de verdá
O conseguirás
No camiño terás
Momentos moi difíciles
Pero o final verás
Que se compensará
O reto era unha obsesión
Que me consumía
Quería ser de goma
Non era nigunha broma
Sabía que estirando
E estirando chegaría
E ese día ó conseguilo
A miña vida cambiaría



Se queres alcanzar
O que cres imposible
Se o queres de verdá
O conseguirás
No camiño terás
Momentos moi difíciles
Pero ó final verás
Que se compensará
Eu teño un amor propio
non se ve tódolos días
Son o rei da contorsión
E ámome con malicia
Non é unha perversión
Cumprir unha fantasía
Se che deixa agustito
E relaxado todo o día

Feromonas



Non sei que e o que pasa
Esto é paranormal
Invasión de feromonas
No ambiente do lugar

Feromonas ardentes
Excitando o persoal
Nos sei que e o que pasa
A xente ponse a cantar.



Lara la la
Lere le le
Somos sadomusiquistas
Sufrimos para gozar
Lara la la
Lere le le
Vimos en son de Festa
Para sodomizar



Non te intentes resistir
Porque estás rodeado
E en cuestión de segundos
Estarás descontrolado

Feromonas radioactivas
Radiación nuclear
Te convertirán
Nun taladrado sexual



Lara la la...


Esto non ten cura
Non ten solución
ó chegar as feromonas
Comeza a revolución

Síndrome de obscenidade
Entrará en acción
E a sangue evaporada
E unha clara reacción

Feromonas despiadadas
Invaden descontroladas
Se apoderan das conciencias
E as deixan liberadas





​A tribu



Se toda a tribu baila
A noite vai ser larga
Se toda a tribu berra
Hoxe daremos guerra
Se toda a tribu ríe
Que o goberno desconfíe
Porque estase preparando
A revolución mundial



Se toda a tribu brinda
Nin Dios hai quen se rinda
Se toda a tribu salta
O temor lles asalta
Se a tribu di non buana
Fumemos marihuana
Porque estase preparando
A revolución mundial



Se toda a tribu canta
Contenta se levanta
Se toda a tribu quenta
Sen medo se enfrenta
Se a tribu se contaxia
hoxe faremos maxia
Porque estase preparando
A revolución mundial



Se toda a tribu pensa
A loita será intensa
Se toda a tribu esperta
Estemos en alerta
Se a tribu se resiste
Xoguemos ó despiste
Porque estase preparando
A revolución Mundial



A tribu baila, a tribu ríe
A tribu quere que o goberno desconfíe
A tribu canta, a tribu salta
A tribu sabe que o temor lles asalta
A tribu quenta, A tribu pensa
A tribu sabe que a loita será intensa
A tribu brinda, A tribu entrena
A tribu esperta o mundo está en alerta

Tenias dietéticas



Vouvos contar
A solución final
A vida nunca
Volverá a ser moi light



Merca unha tenia
E cómea
Merca unha tenia
E aliméntaa



Serás feliz
Cunha tenia dietética
as comidas serán eternas
E para ti non terán fin
Serás o rei
De toda festa gastronómica
Cada comida será histórica
E por fin serás feliz



Quero comer
E devorar
Tódalas clases de graxas dos animais
Quero cebar
E atiborrar
A mascotiña que todo dixerirá


Eu o que quero
É ser feliz
Eu o que quero
É ser feliz



Son as tenias dietéticas
As que coidan da túa estética
Son un remedio natural,
Intestinal, paranormal
A vez que excepcional

​Son o exterminio
De todo sacrificio
antinatural



E comeremos chocolate
Esto vai ser impresionante
Extrafino con galletas
En turrón con almendras
E por todas partes

A vida é máis emocionante
Se cunha tenia a compartes
A nada renunciarás



Serás feliz...


Sexo oral



Mr Razinger Z
A autoridade máis alternativa do Vaticano
Ten o pracer de recomendarlles o uso dunha técnica
Maxilofacial sensual e moi divertida
A tamén chamada técnica benedictina
A correcta posta en práctica desta técnica
Fai alcanzar un estado de excitación espiritual tan
Grande que só é comparable ó vivido pola Virxe María na súa
Concepción polo Espírito Santo



Unha festa é total
Se remata en sexo oral
Unha festa é total
Se remata en sexo oral​

​​

Se queres poñerte a cen
Hai que practica-lo ben
Se queres poñerte a cen
Hai que practica-lo ben



Unha festa é total...​



Se queres poñerte a cen...​

​​

Unha festa é total...



Esta festa é total
Rematará en sexo oral
Esta festa é total
Rematará en sexo oral