CE ORQUESTRA PANTASMA DO MEU


Podedes escoitar a CE ORQUESTRA PANTASMA eiqui

"Velaquí" foi o primeiro documento sonoro parido a finais de 2008: unha mínima tirada que incluía cinco temas representativos dos diferentes repertorios do momento. A Orquestra Pantasma contaba daquela con apenas catro meses de vida pública, trebellando o home orquestra cun formato mais eléctrico e sofisticado. Hoxe, cinco anos despois e animado por Isaac Millán a experimentar na Lagharteira, tentando ser o mais fiel posible ao seu son actual mistura de enxebrismo industrial e sinxeleza musical; escolleuse un repertorio mais "Do meu":

  Acostumado a andar só polos camiños, Cé Orquestra Pantasma axudouse nesta ocasión dalgunhas voces afectivas para darlle un pouquiño máis de colorido, viveza e sentimento a esta mostra sonora. Acompañada polo miúdo coro de Ghamusinos e o trangalleiro das Bocas Neghras, as espelidas voces de Nacho, Baloira 'e Roberto do grupo "Os Cuchufellos" e a doce gorxa de Arantxa do mundo, a Orquestra Pantasma deséxalles unha agradable estadía musical.

 DO MEU son once pezas de composición propia, ben na súa totalidade ben na parte melódica. -


1.Hoxe aquí
2.0 bico de lata
3.Desengano
4.0 Lourenzo I
5.0 Ghamusino
6.Parrafeo
7:Cóidate Pepiño
8.01vidáchesme, olvideite
9.0 vento bufa
10.08 tabáns o o ZZ
11.0 son do mantel 1Z




Este traballo foi argallado entre novembro de 2012 e maio de 2013, no estudo de gravación A Lagharteira de Arcade con Isaac Millán ao fronte, gravando, mesturand'o, aconsellando e construíndo a parte técnico-sonoro. O deserio grálco e fotográfico foi cousa de Elena e Harry. As súas cabezas e mans foron postas en consonancia'para levar adiante o fermoso traballo visual que agora estades a ollar. Os consellos e correccións ortográficos do libriño son un cariñode Judit Santos, o chapurreo lingüístico foron cousa do presidente da comisión de festas.

Colaboracións:
As Bocas Neghras, con coros en tódalas cancións, son: César Figueroa, Daniel Alonso, Isaac Comesaña, Cipri, Santi e Iván Freiría, Saúl Alfonso, Begoña Salgueiro, Daniel e Verónica Villanueva.
Nacho, Manolo Baloira e Roberto son voces principais en "Hoxe aquí".
Arantxa do Mundo, á voz en: "Desengano", "Parrafeo" e tamén á voz e castañolas en "O son do mantel"
O Coro Miúdo de Ghamusinos con contestacións no retrouso de "O Ghamusino", alí estiveron:, Paula e Aaron Freiría, Roque Salgueiro e Saúl Alonso, este último tamén facendo o cabaliño en "Os Tabáns". Tamén nas fotos Xoel e Xián, os meniños que están no colo.

A Juan, para que alá onde ande bote unha gargallada das súas
Pontos de venda:
PONTEVEDRA
* Bar do local da Asociación de Veciños de FREIXO que está na Estrada de San Xoán, 256 – Valadares- 36213 VIGO. Recoméndase chamar antes para saber os horarios de apretura, 986213856.

OURENSE
*Merceria A RETRINQUEIRA de Manzaneda.
*Local A REBUSCA de Manzaneda.

A CORUÑA
*A GRILEIRA de Mouriño Rúa de Sar, 16 – baixo, 15702. Santiago de Compostela.
*MIRANDA cultura para levar, en Trás Salomé,1. 15705 Compostela.
*DE COTIO Rúa Xelmirez nº 26 baixo, 15704 Santiago de Compostela.
*BULIDERIA Rúa San Lázaro nº 108-baixo. 15703 Santiago de Compostela.
*SISARGAS Rúa Curros Enriquez nº9. 15002 ACoruña.

LUGO
* Local da Asociación Cultural RÚA DA MÚSICA na Travesia de Árias de Arbieto, Sarria.

  WWW ceorquestrapantasma. com 
 CONTACTO
✆ 653 025 708
contacto@ceorquestrapantasma.com