Folk in Trío comeza a súa 4ª tempada cos mesmos obxetivos que no seu nacemento
Xa hai máis de tres anos dende ese venres de xullo do 2010 arrincaba o programa Folk in Trío na emisora comunitaria coruñesa, Cuac FM.
A música folk e tradicional dase cita neste espazo con música en directo, sorteos, anuncios, entrevistas... e un lote de novidades cada semana con gran apoio pola música novel.
Tamén temos feito programas en directo, como na Antiga Prisión Provincial da Torre aproveitando o noso 50º programa, ou o Especial Festival Interceltique de Lorient, dez programas en directo dende a Bretaña francesa nos anos 2012 e 2013.
Polos estudios de Cuac FM achegáronse grupos e solistas como Berrogüetto, Quempallou, Riobó, Os Cempés, Xabier Díaz, RIU, Sergio Tannus... pero non deixaron a ocasión de falar por vía telefónica con xente como Eliseo Parra, Silvia Pérez Cruz, Luar na Lubre e unha morea de artistas máis.
A 4ª tempada vai na liña marcada das anteriores, con seccións como o Xa Choveu!, onde rescatamos gravacións que xa se poden considerar históricas; o Folk-exemplo onde seguiremos poñendo a proba a algúns dos convidados; a sección friki-folkie, onde de cando en vez teremos a ocasión de escoitar cousas fóra do habitual; axenda semanal etc.
Estaremos os venres de 16 a 17 horas en Cuac FM, e tamén soaremos en Radio Crónica Folk Musical, Radio Neria, Radio Roncudo e Radio Pai, agardámosvos!
e tamen en podcast http://www.ivoox.com/perfil-folkintrio_aj_28168_1.html#
Mais info: http://folkintrio.blogspot.com.es/<