Chotokoeu pon en marcha 15 días, 15 bares
Festa, festa e máis festa. É a premisa que seguirá a banda coruñesa Chotokoeu durante a presentación do seu primeiro disco, unha xira que os levará por toda Galicia ao longo de dúas semanas e que levará o nome de 15 días, 15 bares.
15 días, 15 bares levará a Chotokoeu e á Patxaranga (formato acústico do grupo) por colexios, salas, bares e festivais de Galicia dende o 2 de novembro (magosto de Balboa, no Bierzo) ata o 16 do mesmo mes, cando darán o seu derradeiro concerto do ano en Galicia, na sala Mardigrás en Coruña.
Entre outros lugares, as bandas visitarán Pontevedra (salas Karma e Lusco), Santiago (Borriquita de Belem e sala Nasa, A Coruña (Casa Tomada, colexio Mosteirón), Sarria (festival san Martiño canibal) e un longo etcétera. Non viaxarán sós, ,xa que en moitos concertos compartirán escenario con grupos amigos como a Fanfarria Taquikardia, Swingdigentes e Alpargata.
Tras o éxito da Caravana de Emerxencias (con Skarallaos, Swingdigentes e The Skarnivals), a presentación do seu primeiro disco (case 1000 unidades vendidas), dúas xiras polo norte de europa (Bélxica, Holanda e Alemania) e a organización da 3ª edición do festival Vibra Balboa, Chotokoeu despídese dos escenaros ata o ano que ven cun auténtico maratón de concertos, demostrando así o gran momento anímico que atraviesa a banda e deixando claro que con esforzo e alegría pódense lograr os obxetivos que se busquen.
Listado de actuacións que xa están na nosa axenda de concertos:
2 de novembro: Magosto de Balboa (O bierzo)1:00 gratuito
3 de novembro: Polvorín ( A Coruña)20:00 gratuito
4 de novembro: Colexio Mosteirón ( A Coruña) 12:00 para alumnos
5 de novembro: Casa Tomada ( A Coruña)21:00 5 euros
6 de novembro: Lusco (Pontevedra) 23:00 gratuito
7 de novembro: Sala Karma ( Pontevedra) + Swingdigentes 21:30 4 euros
8 de novembro Fábrica de chocolate ( Vigo ) + Fanfarria Taquicardia 22:00: 4 euros
9 de novembro: Festival San Martiño Canibal (Sarria) 23:00 gratuito
10 de novembro: Magosto Pontelouco (Castrocaldelas) 20:00 gratuito
11 de novembro: Centro Social A Rebusca. (Manzaneda) 21:30 gratuito
12 de novembro: Faiscas (Ourense) 20:30 gratutito
13 de novembro: Borriquita de Belem (santiago) 00:00 gratuito
14 de noviembre: sala nasa (Santiago) festival “Noites de luz” 21:00 “a la gorra”
15 de noviemre: Boulevard ( Fisterra) 00:00 gratuito
16 de noviembre: Sala Mardigrás (A Coruña) + Alpargata 22:00 gratuito