FELIPE REA "CONVERSAS CUNHA GAITA"


As “ CONVERSAS CUNHA GAITA” que nos propón o Ghaiteiro de Estríbela é unha aposta decidida, que implícita espir e expoñernos as notas escribidas, sen as roupaxes sedutoras da música. Notas acostumadas ao abrazo morno da gaita e do seu ghaiteiro. Agora van vivir sen melodía, sen ninguén a súa beira , soias por primeira vez.

Non é frecuente atoparse cun manual que nos oferte un puñado de claves para poder destripar eses sons domesticados polo home, e cos que nos deixamos envolver tan a miúdo o longo da nosa vida para facela máis levadeira. Podemos saber moito sobre compositores e interpretes , pero moi pouco sobre a verdadeira esencia da música. Pois ben ,se é moi coñecido o principio físico que fai que uns determinados impulsos provocados por uns trebellos chamados instrumentos converténdoos en ondas sonoras que chegan o noso cerebro a través dos nosos oídos , apenas temos a máis mínima noción sobre o que fai que estas vibracións teñan tanta influencia sobre as nosas emocións.

Este pequeno caderno, é un resumo que nos oferta un puñado de exemplos a xeito de conversas, unha serie de reaccións diante de diversos sons, ritmos e melodías capaces de facernos levantar o animo , mergullarnos na melancolía ou facernos mover o corpo. Con este traballo tentase facer un breve resumo de distintos tipos de pezas musicais ( unhas creación do propio autor, outras de recollida do noso folklore) unhas para gaita sola outras con acompañamento dalgún outro instrumento, para acercalas a todas as persoas interesadas, pero non dun xeito pechado, senón que cada quen as rescate desa soidade que falabamos antes e lles dean a súa mornura, fagan a súa interpretación .

A música como toda expresión artística está fondamente relacionada co mundo que a rodea, temos que entendela nun contexto social determinado, ven sexa en actos festivos, lúdicos, laborales, relixiosos etc. E o igual que calquera outra actividade artística esas función van mudando segundo as épocas.
En todo caso, sexa cal sexa o número de lectores desta “CONVERSAS CUNHA GAITA, este breve caderno non pretende ser máis que unha pequena aportación, unha pequena mostra do noso folklore musical, e así coñecelo e en consecuencia valóralo e respectalo pois é algo que nos pertence.

No cuaderno atoparemos partituras para gaita , solista a duo e acompañada de outros instrumentos coma , clarinete , trompeta saxo ou piano.

Foi editado con Dibay sl. e distribuese polas librerias e tendas de música de Pontevedra e Marin e pola web en felipe@quodlibetpontevedra.es

O prezo que atoparan ao publico son 6 euros , prezos anticrise para poder agasaiar no nadal e si se pide por correo electronico o prezo e o mesmo de 6 euros mais o gasto de envio que son coma 2 euros mais