Desde a súa formación en 2010, Terbutalina non parou de tocar, de medrar y facer pasalo ben. En menos de tres anos, estes cinco monógamos e promiscuos das Rías Baixas pasearon o seu intenso garage-punk por salas, festivais e festas de todo o país. A mellor mostra do rebumbio que teñen organizado está nos seus directos, nos que non existe a marxe para o descanso.
Máis de setenta festivais e salas de toda Galicia bailaron, cantaron e resultaron vítimas directas do espírito de festa da Terbutalina nos últimos anos.
Terbutalina conta con seis traballos discográficos e colaborou con colectivos como o Galician Bizarre. Todos os seus discos foron autoeditados, están dispoñibles en libre descarga de maneira gratuíta e nunca se publicaron en formato físico
.
Máis de setenta concertos en 3 anos e nin un disco vendido?
Algo está pasando con Terbutalina…
O 7 DE MARZO
NA SALA CAPITOL DE COMPOSTELA
A Muerte
En 2014 publican o seu último traballo até a data: A muerte.
Estas dez novas cancións supoñen unha evolución na liña creativa da Terbutalina e dan forma á rabia, ao entusiasmo e á decepción. O seu sexto traballo mantén e incrementa a intensidade e a actitude propia dos seus anteriores traballos, mais a composición e as melodías gañan peso e fondo.
A muerte foi gravado nos estudios A Ponte (Niño y Pistola, Das Kapital, Cró!) baixo a observación e a dirección orquestral do grandísimo Tomás Ageitos. O deseño da capa corre, como é marca da casa, por conta de Arinspunk
A súa xira de presentación comezará na Sala Capitol de Santiago de Compostela e vainos levar a percorrer boa parte de España. Algúns destes concertos programaranse dentro do programa Artistas en Ruta, para o que foron seleccionados no primeiro semestre de 2014.
ENLACES
Web: http://www.terbutalina.net
Facebook: http://www.facebook.com/terbutalina
Twitter: http://twitter.com/Terbutalina
BandCamp: http://terbutalina.bandcamp.com
Youtube: http://www.youtube.com/somosterbutalina
SoundCloud: http://www.soundcloud.com/terbutalina
CONTACTO:
terbutalina@terbutalina.net