ANDRES PENABAD


Para escoitar a: ANDRES PENABAD preme eiqui

A banda esta formada por: 
Andres Penabad: Acordeón
Cibrán Seixo ao violín,
Iago Pena: Baixo eléctrico
Diego Barral: Guitarra acústica
Diego Riveiro: Batería


Andrés Penabad é un acordeonista cunha longa traxectoria profesional. Comezou os seus estudos ós 14 anos da man do profesor Javier Díaz Carrasco, estudos que continuou no Conservatorio de Música de Getafe. Recibiu varias Máster Class co catedrático de acordeón de San Petesburgo Oleg Sharov, así coma dos concertistas Iñaqui Dieguez e Angel Luis Castaño, ademais de cursar na Escola de Música Moderna Estudo (Compostela). Actualmente imparte clases de acordeón na escola que leva o seu nome.
Conta no seu currículo con numerosos premios en concursos nacionais e internacionais. Podemos destacar o 1º posto categoría Solista Excelente no Certame Internacional de acordeón celebrado en Torrelavega (Cantabria,2004), 1º posto na categoría dúo excelente no certame Nacional de acordeón celebrado en Ourense no ano 2005, así como dous 1º postos no certame Internacional de acordeón celebrado en Torrelavega (Cantabria) e no certame Guipuscoano de acordeón celebrado en Arrasate (Mondragón) como solista da orquestra de acordeóns Robaleira de Cedeira en 2005 e 2010 respectivamente.
Colaborou co grupo Folk Avelaiña, Muxarega, Kepa Junkera, Xabi Aburruzaga, Pablo Díaz, Ulträqäns, Óscar Fernández ou Xoán Carlos Rilo e no audio-libro de poemas da escritora Gabriela Rodríguez.


Bipolar (2016)

“Bipolar” é un traballo pensado para o directo, que consolida a figura de Penabad como primeiro acordeonista galego con produción discográfica en solitario.

Tralo éxito do seu primeiro traballo, “Crossing”, que foi o primeiro álbum en solitario dun acordeonista en Galicia, Andrés Penabad reuniu forza e determinación para gravar un segundo disco aínda máis persoal e maduro. Como el mesmo explica, “no primeiro quixen reunir colaboracións de persoas que me gustaban, amigas e amigos músicos cos que xa tiña traballado; pola contra, “Bipolar” está pensado para o directo e para a miña banda actual, sen máis necesidades técnicas nin humanas”.

Este disco comezouse a xestar na primavera de 2015 e saíu adiante con non poucas dificultades, como conta o seu autor. “Hoxe en día hai que arriscar moito, pois as axudas son escasas ou nulas e eu tiven que romper o meu peto para facelo posible”. Ve a luz logo de meses de traballo e cunha meta clara: “buscar a continuidade da miña carreira profesional para amosar que non ía en broma e conseguir fixar paseniñamente o meu nome no panorama do folk galego”

O álbum foi gravado entre Oza dos Ríos e Santiago de Compostela e para a súa edición Andrés Penabad volveu contar con Fernando Barroso, de Producións do Cuarto Baleiro. Componse de dez temas que reúnen composicións propias, de Fernando Barroso e dúas pezas tradicionais. No apartado artístico sumou as colaboracións das cantadeiras e pandereteiras Lilaina, Pablo Vergara no bodhran, Ramón Dopico nas percusións e Álvaro Trillo na batería.


https://www.youtube.com/watch?v=ETVRHvLQofQ&app=desktop

Este video de Pixelin amosa a gravación e un anaco do tema " Alarma en Fernández Latorre" composto por Andrés Penabad e Fernando Barroso.




Crossing (2014)

O seu primeiro disco en solitario, ‘Crossing’, no que o seu acordeón é o protagonista desta obra folk de altísima calidade. Tema tras tema, está acompañado por músicos de gran talento como Kepa Junkera, Bieito Romero, Fernando Barroso, Edelmiro Fernández, Davide Salvado ou Pedro Fariñas.
A parte da banda , tamén participan no disco:

Valentín García: trombón e trompeta
Pedro Fariñas: Gaita, saxo, low whistle
Ramón Dopico: Percusión
Arancha Bouza: Voz
O disco contén 11 temas, dous deles cantados. Un é 'Álgora' coa voz de Arancha Bouza e 'Manada de nenas', coa de Davide Salvado. Foi gravado e editado por Fernando Barroso durante os meses de novembro e decembro de 2013, na cidade de A Coruña, no estudio de Fernando Aguiar. Mesturado en xaneiro de 2014 no estudio ‘A Ponte’, en Compostela, por Tomás Ageitos e Fernando Barroso e masterizado polo Dr. Chou.
Este é o videoclip do tema "crossing"

https://www.youtube.com/watch?v=b1QpDxR3Gdw&feature=youtu.be&app=desktop




CONTACTO PARA CONTRATACION :

TELÉFONOS: 609 941 695 | 984 104 923

EMAIL: 

CONTRATACION@ANDRESPENABAD.COM