RUXE-RUXE NEMESIS

NÉMESIS é un disco conceptual a modo de ópera rock. É a viaxe en tres actos dunha persoaxe de a pé que un día se levanta pola mañán e decátase de que a terceira guerra xa comezou. Non hai tanques nas rúas nin mísiles atravesando o ceo pero o mundo caese a pedazos enriba da súa cabeza coa excusa dunha crise económica que deixa man libre e argumentos ficticios para que os poderosos sometan ós débiles. Observa ese mundo cheo de odios, estados miseria, delincuencia, políticas escuras e sometedoras. Observa a irmáns que matan irmáns. Ve crimen e destrucción. Despois reflexiona sobre o seu sitio no mundo e énchese de dor e dunha amarga decepción que remata en odio. Comeza a súa revolta, a súa loita persoal contra todo e acaba enguedellado nunha sanguenta batalla que acaba arroxandoo a el e ás súas pantasmas dende a azotea máis alta para deixalo reducido a unha simple mancha de sangue sobre cemento e sen saber nin tan sequera que foi da súa vida.
O espíritu da deusa NÉMESIS e da súa xustiza retributiva alimenta unha historia de ficción na que todo parece tan real que semella estar a falar do mundo no que vivimos.
Ficción ou realidade?


https://www.youtube.com/watch?v=UGNj4JNxQts

RUXE-RUXE , "Estado Miseria" é o terceiro adianto de "NÉMESIS" o novo disco que presentarán na Sala Capitol en Compostela o sábado 12 de abril de 2014.
https://www.youtube.com/watch?v=UGNj4JNxQts


WARNING !!! Némesis son:
 22 berros afogados e tristes nunha noite chuviosa, escura e bretemosa.
 22 refachos de odio e xustiza, de deusa doente e anoxada.
 22 contos tan reais, absurdos e cotidianos que parecen mentiras.
 22 películas de medo, tráxicas, cómicas, terribles e de mal e incerto final.
 22 lostregos gravados en Pousada Sons, Ames, e producidos por Iago Pico

NÉMESIS SOMOS TI MAIS EU ó ABEIRO DUN TELLADO QUE SE CAE A PEDAZOS mentras fóra soan desesperadas e atronadoras as sirenas. TAS AVISADO ¡!!


https://www.youtube.com/watch?v=DHhvdx6595g

Ruxe-Ruxe Nemesis Contra todo
https://www.youtube.com/watch?v=DHhvdx6595g







 Formados en 1996, Ruxe-Ruxe están considerados como un grupo de culto así como unha das bandas con maior proxeción do rock galego grazas a súa persoal mestura de estilos como rock, punk, ska ou folke.

"Némesis" (Lobicán Records 2014) é a súa novena achega discográfica, gravado en Pousada Sons, Ames (A Coruña) e producido por Iago Pico únese a "Máis Cancións sobre Toxos, Cardos e Silveiras" (Lobicán Records 2012), "Na Fura de Diante" (Lobicán Records 2010), "Xigantes" (PAI 2008), "Comercial" (PAI 2006), "Fervendo" (PAI 2004), "A Terra dos Comentos" (PAI 2002), "Non Temos Medo" (Clave Records 2000) e "Ruxe-Ruxe" (EDISCO 1999) o que os convirte nunha das bandas máis prolíficas da escena musical galega e da súa historia.

Ao longo destes 18 anos de andaina Ruxe-Ruxe son coñecidos e recoñecidos polos seus potentes e enérxicos directos que xa puideron desfrutar os asistentes as mellores festas e festivais, tanto de galegos como alén das nosas fronteiras: "Derrame Rock", "Brincadeira", "Festival das Revenidas", "Castelo Rock", Festival Folke de Vilariño, Castanhazo Rock, Festival de Pardiñas, Festa Vikinga, Festigal, Festival Antros Pinos, Rock´n´Oia, Festa da Dorna, Festa dos Botes, Festas da Guadalupe, Festa da Fraga, Mendebala Festival, Sauga Folk, Festival Ilha de Sao Jorge, Rokkaronno, son so un exemplo da nada despreciable traxectoria de Ruxe-Ruxe.
https://www.youtube.com/watch?v=VSpy8XGx-V4Ruxe.Ruxe Nemesis Terceira Guerra

https://www.youtube.com/watch?v=VSpy8XGx-V4






Contacto:
676 268 496
lobicanrecordsgz@gmail.com 

+ info en: 
www.ruxeruxe.com 
www.facebook.com/ruxeruxe 
www.youtube.com/LobicanRecords



O vindeiro sábado 12 de abril a banda compostelán Ruxe-Ruxe presentará na Sala Capitol de Santiago de Compostela o seu novo e agardado traballo discográfico: "Némesis".

Prezos: 
5€ entrada anticipada,
10€ entrada anticipada + CD e
12€ entrada + CD na billeteira o mesmo día do concerto.

Os puntos de venda anticipada son: 
A Reixa Tenda (Santiago),
Discos Miranda (Santiago),
Fillos da Malte (Santiago),
BarTolo (Santiago),
Pub Jato Pus (Ordes) e
Bobber Café (Bertamiráns).