Para escoitar a XAN SOLO preme eiqui
O polifacetico actor e músico Xan Solo Actor e cantautor formouse na escola de teatro Espacio Aberto Santiago de Compostela e como proxecto de fin de formación creou un espectáculo músicoteatral titulado “ Cancións informais” xa co nome artístico de Xan Solo.
Con ese mesmo título, “ Cancións informais” e xunto cos músicos: Eduardo Recarey e Justo lera grava o seu primeiro disco. Tamén dirixiu e gravou os videoclips Estou Cansado, e Tuku Tuku. Pertencentes a este disco.
A mediados do 2009 formou unha banda Xan Solo Van co que gravo o segundo CD: Un Lánguido Poema arde. Asemade dirixe os videoclips: Nunca serei, Autorretrato e O lume arde. Pertencente a este último traballo.
No 2010 Gravou na sala Rinconette ( La latina, Madrid ) Un directo co título de: Un home un escenario.Producido por Justosongstudio. ( Madrid )
No 2013 remata o terceiro traballo de estudio:"CON CARACTER LOCAL".
Gravado nos Estudios Broño ( Negreira, A Coruña )
coa participación dos músicos: Justo lera, Eduardo recarey, X M Lago, Hector Lera, Cristina Morquillas e o voz de Yolanda Ruzo.
Un disco Cálido e cheo de matices, tanto nas letras como la música.
Nos seus directos Xan, está acompañado da pianista Cristina Morquillas e o do guitarista Xalleiro: Efren.
Onde ademais da ironía e sarcasmo das letras aporta a sicodelia e ritmos froito da nova incorporación de Efren.
Dirixiu o videoclip: Quero pensar e Teño dous cuadros.
Participou como actor nas curtas:
“Capitán Centolo” dirixida por: Germán Gutierrez
“As damas negras”dirixida por: Sonia Mendez
“ Perversa Lola” dirixida por: Sonia Mendez
DIRIXIU A CURTAMETRAXE: “Rutina” con Leo Suarez e Sandra Rellán
Como actor de teatro:
Na obra de teatro experimental “Bufóns e Pallasos” Dirixido polo dramaturgo: Antonio fernández Lera. Presentado en “Escena contemporánea” Madrid.
Como director:
Estou a cargo da: Escola municipal de teatro de “Santa Comba” onde xa levamos a escena tres obras “MULLERES”, “VIDAS PRIVADAS” E “OS SONOS DE CLARA” que tamén escribín e dirixín.
CONTACTO:
XAN tlf: 686 14 85 12