O músico compostelán Paco Nogueiras vén de publicar o seu primeiro traballo discográfico titulado “Brinca Vai!”, editado por KALANDRAKA en formato libro-cd-dvd.
Con ilustracións de David Pintor e vídeos musicais gravados por José Miguel Sagüillo, “Brinca Vai!” reúne doce cancións en galego dirixidas ao público infantil e familiar.
Prólogos de Juana Vázquez (mestra e coordinadora de biblioteca escolar) e Manuel Cortés (escritor e actor do grupo Chévere).
Paco Nogueiras (Santiago de Compostela, 1970) é o compositor e intérprete das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!". Diplomado en Graduado Social, músico e actor. Tras formarse cos artistas Andrés Pazos e Fabio Mangolini, impartiu clases de teatro e dirixiu representacións en entidades culturais e escolas. Foi actor e percusio-nista de Els Comediants e Os Quinquilláns. Na actuali-dade forma parte da compañía de animación musical infantil Os Tres TENedORES, do grupo Os Modernos e do coro da Escola Estudio de Música de Santiago. Participou en formacións de música tradicional e foi creador da banda sonora de varios espectáculos teatrais, musicais, de danza e dunha serie infantil da TVG. Colaborou en dous discos con Ophiusa.
En “Brinca Vai!” abordan se temas incluídos no currículo escolar: a natureza, os xogos tradicionais, a importancia dos libros e da lingua galega, ou celebracións como o Entroido, o Nadal, o Magosto e o Samaín. Destaca tamén polo amplo abano de estilos musicais contemporáneos, dende o rock ao reggae, pasando polo techno e a música electrónica, con influencias tradicionais.
“Brinca Vai!” Trátase dunha proposta lúdica e transgresora, que transmite bo humor, e que se complementa con imaxes cheas de colorido, expresividade e dinamismo. “Brinca Vai!” reúne lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión.
Seguindo o espírito lúdico e humorístico das composicións, as ilustracións de David Pintor [(A Coruña, 1975) Ilustrador. Foi seleccionado en varias edicións da Fei-ra Internacional do Libro Infantil e Xuvenil de Boloña e mais da Bienal de Ilustración de Bratislava. Finalista dos CJ Picture Book Awards e incluído na prestixiosa lista The White Ravens. Recibiu diversos recoñece-mentos nacionais e internacionais: premio da Society of News Design, premio Communication Arts, premio Pura e Dora Vázquez de ilustración, Premio Clermont-Ferrand de cadernos de viaxe e premio Ilustrador do Ano Città del Sole, entre outros. http://davidpintor.blogspot.com] destacan tamén polo seu ton trouleiro, caricaturesco e transgresor da realidade, con imaxes de moito colorido, expresividade e dinamismo, nas que aparece representado un alter-ego do intérprete ataviado
co seu característico chapeu azul.
Os vídeos elaborados por Sr. Sagüillo [Licenciado en Belas Artes (Audiovisuais). Artista dixital, especialista en animación 3D, deseño gráfico, motion graphics, ilustración, edición e postproducción de vídeos corporativos, promocionais e curtametraxes. Cofundador de WinterSun Studio.
http://saguilloarbonesjm.wordpress.com] complementan o carácter audiovisual deste traballo, co propósito de achegar ao eido educativo un material útil para a formación do alumnado, antes e despois dos 7 anos. É unha proposta de lectura, expresión musical e corporal, creatividade artística e aprendizaxe global en clave de diversión, que non remata coa publicación da obra, senón que busca a interacción e deixa aberta a porta á implicación do público escolar e familiar.
Ademais dos contidos do libro-cd-dvd, os lectores atoparán materiais adicionais en www.brincavai.com , unha páxina web aberta á interacción co público, que poderá compartir impresións, traballos escolares e mesmo videos musicais de elaboración propia, seguindo as instruccións que José Miguel Sagüillo explica no libro.
Con motivo da súa chegada ás librarías de toda Galicia , “Brinca Vai!” publicou en Youtube o vídeo da canción “Meu o mundo é!”, gravado na Zona Monumental de Pontevedra; un canto ao valor ilimitado da nosa lingua, na que se poden expresar e desenvolver todo tipo de emocións, experiencias e sectores: ciencia, arte, deporte, música, ensino, cine, teatro, literatura, industria ou investigación.
"Meu o mundo é!" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!
"En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!"
[Retrouso de "Meu o mundo é!"]
http://www.brincavai.com
http://www.facebook.com/BrincaVai
"En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!"
[Retrouso de "Meu o mundo é!"]
"O APALPADOR" vídeo de Sr. Sagüillo. https://www.youtube.com/watch?v=qZPsO5m_Tns&feature=youtu.be |
"NO SAMAÍN" Video gravado en Cuntis, na casa 'A Besada', da familia Ameixeiras. Coa colaboración especial de Uxía, Manuela, Antón, Abel e Beatriz Campos. https://www.youtube.com/watch?v=2x3puRGW7f8&list=PLYNjZOjdlAOwRtRmV1Nsl9OZ6eU7oZ8IR |
http://www.brincavai.com
http://www.facebook.com/BrincaVai
tenda online www.kalandraka.com