O Coro Tradicional Cantares do Brión, con sede no Centro Cultural de Vincios (Gondomar), constituíuse formalmente en marzo de 2010.
Entre os propósitos principais están a interpretación, divulgación e restitución da música coral tradicional galega con acompañamento instrumental, así como o uso e divulgación do traxe tradicional; sendo obxecto de atención especial e uso habital o idioma galego.
Baixo a dirección de Pablo Rial Salgueiro e presidido por Xosé Manuel García Crego, o Coro Tradicional Cantares do Brión está integrao na actualidade por 65 personas, a maioría delas do Val Miñor, fundamentalmente da parroquia de Vincios, pero tamén doutras comarcas como O Condado, O Baixo Miño, Soutomaior ou Vigo.
A Rais(2018)
A ilusión, a enerxía e o bo facer fixeron posible a gravación de “A Raís” o noso segundo traballo, baixo a dirección de Pablo Rial e da man do noso técnico, Isaac Millán. Un disco con diversidade musical onde a poesía, a composición actual e a tradición teñen cabida. Longa vida os coros!
TEMAS
1 – Voan os meus pensamentos
2 – Do redondo prá a muralla
3 – Poemas ao outono
4 – Foliada de Avión
5 – Alalá das leiteiras
6 – Pandeirada de Cabana
7 – Hegafé ( instrumental )
8 – Non vou
9 – Quen fai lume
10 – Volvín a Terra pero perdín o amor
11 – Xota da Ponte
12 – Sobreiras
13 – Pandereitada de Outeiro
14 – Os teus ollos
15 – Foliada da Peneda
16 – Unha mañá de setembro
Edita; Inquedanzas Sonoras
LUMES NUNCA MÁIS
Vídeo realizado por 1.1 Fotografía sobre a composición "Poemas ao Outono" (Letra: M. María; música: L. Correa; arranxos: P. Rial). Cantares do Brión inxírese no movemento LumesNuncaMáis, ofrece a súa colaboración artística e toda a súa disposición a participar nas iniciativas comunais que procuren a recuperación do noso Galiñeiro e de todos os montes, tomadas e poboacións que sufriron o ataque desapiadado dos lumes neste outono de 2017.DISCOGRAFIA PREVIA:
O CD “ARRUÍDOS” do Coro Tradicional Cantares do Brión, é unha gravación-rexistro da memoria.
Memoria da nosa música tradicional, elaborada ao longo dos séculos, e cunha especial expresión nos últimos cen anos, des que apareceron os nosos coros históricos.
Memoria da literatura popular e de autor, textos que serven de base a composicións de música coral, vocal e instrumental.
Memoria de catro anos, tempo de existencia de Cantares do Brión. Fixación do repertorio do período 2010-2014, con pezas do catálogo de Aires da Terra, de Cántigas da Terra, de Cantigas e Agarimos, da Coral De Ruada e, abrindo o disco, de Toxos e Froles; pero tamén con obras de nova creación, composición de membros do coro, como é o caso das Tríadas do vento no mar, Camiño de Ourense, Na Touba do Brión, Foliada de Vincios, Has de cantar; e outras con harmonización e arranxos para coro como é O carro, de Mero Iglesias, con letra de Manuel María.
Foliadas, alalás, pasodobres, pandeiradas e pandeiretadas e, pechando o disco, Os Pinos, a composición de Pascual Veiga e letra de Eduardo Pondal, que é o Himno de Galicia.
[Os compositores das obras de nova creación son: Luís Correa “Caruncho” e Pablo Rial Salgueiro, que é o director do coro.]
CONTACTO:
Correo-e: cantaresdobrion@gmail.com