OS DIPLOMATICOS DO MONTE ALTO Deitado frente ao mar

Saúde e océano !

Velaí vai un “vídeo subversivo”. Por primeira vez Vigo e A Coruña unidos nunha pantalla como unha mesma cidade.

https://www.youtube.com/watch?v=e4bhJSHl-uk&feature=youtu.be

Os Diplomáticos de Monte Alto - 

Deitado Frente Ao Mar


É a achega que facemos os Diplomáticos de Monte-Alto para celebrar o XX aniversario do bravú.

E porque o bravú naceu como unha opción decidida pola lingua galega en clave de creatividade, para esta nova peza acudimos unha vez máis aos versos de Celso Emilio: Deitado frente ao mar !

Xa nos daredes a vosa opinión. Nós quedamos moi contentos. "A Coruña-Vigo" son a mesma cidade ! (a cidade da lingua). E que rabeen os "repunantes"!

Apertas poderosas

Medre o Mar !

Xurxo Souto


Idea e música: Os Diplomáticos de Monte Alto (Mangüi Martín, Guni Varela, Pulpiño Viascón, Xurxo Souto e Rómulo Sanjurjo)
Letra: Celso Emilio Ferreiro

Producido por TINGARALANGA.
Dirección e Realización: Bocixa e C. Gende
Montaxe: Carlos Gende
Axudante de produción: Juan Carlos Alonso

A canción "Deitado frente ao mar" foi gravada por Tomás Ageitos no Estudio A Ponte e Pulpiño Viascón no Octopus Studio. Masterizada por Doutor Chou.

( como sei que vos prestan estas cousas, aí vai outro enlace:


é o punto de encontro para calquera actividade que se queira armar con motivo deste Ano Bravú)