CONCURSO BANDAS EMERXENTES REVENIDAS 2014



CONVOCADO O II CONCURSO DE GRUPOS
EMERXENTES DO FESTIVAL REVENIDAS

• Por segundo ano consecutivo o Festival Revenidas apoia a  creación musical de Galicia axudando aos novos talentos galegos.
• O grupo gañador formará parte da programación do festival ademais de recibir 300 euros.

Unha banda amateur compartirá escenario con grupos históricos do rock bravú e coas revelacións do panorama actual da música  galega.

(VILAXOÁN. 21 de xullo do 2014)
O compromiso do Festival Revenidas coas novas formacións musicais de Galicia vese outro ano máis refrendado coa  convocatoria do II Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas, que ten por obxectivo achegar oportunidades a novos grupos musicais galegos.

O Festival Revenidas de Vilaxoán (Vilagarcía de Arousa) celebrará a súa 11ª Edición os días 22, 23 e 24 agosto. Este ano conmemora o XX aniversario do movemento bravú cunha programación especial. Os bonos das entradas a un prezo máis económico estarán a venda durante poucos días a partir do 21 de xullo.


As Bases do II Concurso de Grupos Emerxentes Revenidas
• Os participantes non poden ter editado ningún disco.
• Ter un repertorio propio de 6 cancións de música en galego
• Os grupos interesados terán que enviar ao correo electrócnico a
revenidascomunicacion@gmail.com un link dun vídeo, unha fotografía do grupo, unha pequena biografía e, se teñen, os links das redes sociais
• A presentación de candidaturas rematará o 7 de agosto ás 23:59.
• Despois de que a organización reciba todo o material todos os
participantes serán presentados no Facebook de Revenidas
(https://www.facebook.com/Revenidas) para que os seguidores/as do festival, voten e escollan o que ao seu favorito.
• A votación rematará o 14 de agosto ás 23:59.
• Os tres grupos con máis votos pasarán a final, na que un xurado
composto por un membro da organización do Festival, un xornalista e dous membros dun grupo de música da actual edición Revenidas
elexirán o gañador.
• O anuncio do gañador será o domingo 17 de agosto.
• O grupo afortunado poderá tocar no festival co resto das bandas e
daráselle un premio de 300 euros, ademais de entrar na promoción en medios do festival, igual co resto das bandas.