XOAN CURIEL & CHARO PITA ESTAMOS NO VERAN


Estamos no verán!!!

A novela-CD editada por GALAXIA, que nos conta a historia duns amigos que no verán, queren formar un grupo de música.

As músicas deste disco de Xoán Curiel, e a súa banda Son+d2, serven de fío conductor para unha divertida historia narrada por Charo Pita, acompañada das fermosas ilustracións de Iván R.
Estilos como o funk, o rock ou a bossa nova atópanse nun álbum para nenos e nenas entre sete e doce anos.



Videoclip Xabarín - Estamos no Verán!!!:



Canción para a miña avoa (Rapás rapás...)

https://www.youtube.com/watch?v=_pPcC50-yYw&list=RDEM2S528TLYNQPCZm1NX2kjCA&start_radio=1

 https://www.youtube.com/watch?v=_pPcC50-yYw&list=RDEM2S528TLYNQPCZm1NX2kjCA&start_radio=1

A partir desta novela-CD editada por GALAXIA, Xoán Curiel e a banda Son+d2, presentan o espectáculo para público infantil e familiar. Con músicas moi cañeiras, da onda do Xabarín. Un espectáculo con 4 músicos, 2 cantantes e unha bailarina, cheo de música, historias, danza e coreografías que fan participar ao público e mergullan aos rapaces e rapazas nun soño de verán...