Traemos noticias frescas, nesta ocasión desde Ordes. Traemos a Superoito a piques de sacar o seu primeiro disco de estudio. Un disco que se espera seguirá as mesmas liñas que o grupo leva amosando en cada un dos seus concertos desde o inicio da súa xira de verán. Moito ritmo, moreas de persoas que non deixan de bailar ata o último acorde e as súas letras, como non, en galego.
Isto é o que nos contan os rapaces do "tocamos rápido e bailamos moi ben".
Boas rapaces! Antes de nada, como foi esta xira de verán? Polo que poidemos ver, moitísimos concertos e sobre todo moita aceptación por parte do público. ¿Cales foron as vosas sensacións logo de atoparse con todo isto a tan so poucos meses desde a creación do grupo?
Glenn: Estamos moi sorprendidos pola cantidade de xente que veu a cada un dos nosos concertos. A única conclusión que podemos sacar en limpo é que ningunha destas persoas ten nin puta idea de música. Ou eso ou é que non teñen nada mellor que facer, e xa hai que ter unha vida ben triste para non ter nada mellor que facer.
Javi: A min personalmente o que máis me sorprendeu poida que fose ver a todas esas persoas que viñan a un concerto noso por primeira vez e antes de que empezaramos a tocar xa se sabían as letras das cancións. A día de hoxe é algo que aínda non entendo. Creo que pode haber alguén filtrando información.
Véxome na obriga de profundar un pouco máis e preguntar, de toda a xira, ¿con que momento vos quedades?
Javi: O concerto no Dolmen. Un tío que nos amenazou de morte momentos antes de comezar a tocar e que cando rematamos non nos dou unhas hostias porque empezamos a correr, pero aí andamos. Foi un bo concerto. Exceptuando o das hostias, claro.
Glenn: Eu iba contar a anécdota de cando me caeu un plato da batería en plena actuación pero a historia das hostias no Dolmen é moito mellor, si.
E falando do disco, estades a piques de entrar a estudio a gravar o que será o voso primeiro traballo discográfico.
¿Que nos podedes adiantar sobre el? Algunha exclusiva para musicaengalego?
Iván: Aínda nos faltan moitos aspectos que matizar sobre iso pero así en termos xerais podemos adiantar que será un disco maioritariamente romántico. Este rollo tarde de domingo menstruando, comendo palomitas e vendo Dirty Dancing por milésima vez vainos moitísimo. Intentamos seguir esa liña temática en todas e cada unha das nosas cancións. Ademais, este disco tamén incluirá un videoclip onde contamos coa colaboración de artistas recoñecidos coma Juan Pardo, Milhouse, Bárcenas e a presidenta da comisión de festas da Barciela. Intentamos facer un disco divertido pero lamentable ó mesmo tempo; como a discografía de Bob Dylan.
Tal vez sexa unha pregunta moi típica máis, ¿ tivestes algunha influencia á hora de elaborar os vosos temas deste disco?
Glenn: Non.
Javi: Cañita Brava.
Glenn: Bueno, si.
Logo da gravación, ¿ esperamos outra xira de presentación do disco, non?¿ Tedes algo pensado?
Iván: Cando acabemos de gravar este disco imos facer unha presentación oficial do disco en Venezuela. As entradas sairán à venta en Novembro e estarán arredor dos cincuenta bolívares e tamén imos poñer autobuses para que non falte ninguen. O espectáculo vai ser moi humilde, con unha máquina de fume que nos deixaron os nosos amigos de Barmacia e tamén contratamos unhas bombas como as que houbo na festa do Mesón. Os fondos recaudados no concierto imos donalos a unha asociación protectora de animales.
Javi: Tamén nos ofreceron tocar nun portaavións, e tal, en Febreiro.
É evidente que tedes as cousas moi claras respecto ó que a Superoito rodea mais queremos saber os vosos medos e temores. ¿Algunha situación á que lle teñades particular medo ou que vos poidera facer replantexarvos algunhas destas cousas?
Javi: A min asústame os concertos con todo homes; estas cousas sempre cheiran mal. Hai que andar limpos polo mundo.
Glenn: Si que hai que andar limpos.
Antes de despedirvos, imos cunha rolda rápida de preguntas.
O que significa Superoito para vós en tres palabras.
Glenn: Agobio, Festa, Irmandade
Javi: Libertad, Anarquía, Sexual
Iván: Pastillas, De, Colores
Un soño.
Iván: Ser negro.
Javi: Tocar con Agoraphobia.
Glenn: Comprar un cencerro para poñer na batería.
Unha canción.
Glenn: A discografía de Chimo Bayo.
Javi: Os Papaqueixos - Tecnotrafikante (Sito Miñanco)
Iván: Orquesta Candela - Mentiras
A muller das vosas vidas.
Iván: Unha muller.
Javi: Non estou preparado emocionalmente para responder a esta pregunta.
Glenn: Unha muller rockera. E que tamén sea moi sexi. Unha rockera sexi.
O concerto definitivo.
Javi: En Riazor.
Glenn: No Brincadeira.
Iván: En Papaluz, arriba.
Sen máis, imos ter que despedirvos pero non sen antes desexarvos toda a sorte do mundo coa gravación do disco
así como nas próximas xiras e sobre todo, que ese calcetín atope algún día a súa parella.
Vémonos proximamente, Superoito!