21 DE SETEMBRO, II ACTO DE AFIRMACIÓN E DA DIGNIDADE NO PEDREGAL DE IRIMIA (MEIRA) E HOMENAXE AO GRUPO “A QUENLLA”



“Declárate unha vez máis insubmiso aos que nos rouban ese soño que soñamos, aos que promoven o mal neste éxodo que pouco a pouco nos mata. Non te deixes xamais quedar ao ver dos que contemplan, simplemente, deixados de si mesmos. Loita contra os que tachan de inútil o saber, contra os que nos embargan a vida, a Matria, contra os que non se bican por medo a morrer no seu veleno. Algún día desexarán non ter nacido. Axuda aos que esquecen e esqueceron, aos que non saben nin souberon, axúdaos na súa desgraza e non te apures a xulgalos, pois non lembran, non souberon. E fala, e berra, e canta, e bica, e ama…” (Manifesto de Afirmación Nacional 2013, autor: Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero)

As pedras do Pedregal de Irimia de Meira, onde nace o pai Miño, foron o ano pasado testemuñas dun acto de afirmación e fidelidade, una cita reivindicativa a prol da identidade.

Dende o ano pasado xa está a carón do río Miño a escultura “Pregoeiro do Vento”, de Manuel Pardo, este ano inaugurarase o “Altar de Prisciliano”. Organizan este acto a Asociación Cultural Xermolos e a Irmandade Manuel María, coa colaboración do Concello de Meira.

“NO IR DA DIGNIDADE” - Programa

12:00: Reunión de participantes no Pedregal de Irimia (Meira-Lugo)
12:15: Lectura do Manifesto de Afirmación Nacional (autor: Baldomero Iglesias Dobarrio, Mero)
14:00: Xantar de Irmandade.
18:00: Homenaxe ao grupo “A Quenlla” (30 anos de loita limpa e canto claro).
Haberá distintas intervencións de persoeiros e colectivos entre os que se encontran Miro Casabella, Antón Valcarce, Bandas de Música, Gaitas e Acordeóns de Meira…