CRISTINA PATO DE RODAXE EN GALICIA

Morgan Neville rodando con Cristina Pato en Galicia

O cineasta gañador dun Oscar Morgan Neville e o seu equipo visitaron Galicia para filmar a Cristina Pato na súa terra natal para o próximo The Sound of Silk, o documental que o director está preparando sobre o Silk Road Esemble con Yo-Yo Ma., e cuxa estrea está prevista para 2015


La Voz de GaliciaNeville e Cristina rodaron entre o 14 e o 18 de agosto en Ourense, Armariz, A Coruña e Santiago de Compostela. A prensa fíxose eco da rodaxe, como pode verse na foto de La Voz de Galicia.










Por outra banda, Cristina pasou o mes de agosto dacabalo entre a súa exitosa xira italiana, con cheos en Correggio e Trento; os seus concertos en Galicia (poder ver un video do concerto en A Coruña aquí →), e o seu traballo no The Arts and Passion Driven Learning Summer Institute na Universidade de Harvard.

A primeira semana de setembro, Cristina partirá co Silk Road Ensemble con Yo-Yo Ma na súa xira europea, que inclúe escenarios de Izmir, Estambul, París, Amsterdam, Luxemburgo e, xa de volta en norteamérica, Toronto.