O grupo
de música tradicional “Arnela” presenta o seu CD: “DENDE
SEMPRE UN CANTAR” nel presentannos 13 temas de música
tradicional gravados e editados polos
Estudos de Grabación
MANS (Polígono de Pocomaco parc 22 A Coruña) e mesturados por Xavier
Ferreiro e Xosé Luís Galán
O disco está producido por:
OUTRA+OUTRA
(Fundación Paideia Galiza – Deputación da Coruña – Asociación
Cultural “Cultura Aberta”)
A distribución corre por conta da
Asociación
Cultural “Cultura Aberta”
“Dende
sempre un cantar”, recupera as
cancións tradicionais máis coñecidas de agora e de sempre, que
encaixan tanto nas romarias máis populares, coma nas festas e
eventos urbanos, co obxetivo de que o público goce bailando,cantando
e escoitando música de seu.
Podedes mercalo e escoitar algún tema na páxina:
GRUPO
DE MUSICA TRADICIONAL “ARNELA”
Xosé Luís Galán
Ferro: (dirección musical, acordeón, gaita, e pandeireta)
Leandro Mosquera
González: (Gaita , tamboril, e voz)
Xoel Ferreiro Ponte:
(Tamboril e cunchas)
Amara Ferreiro Ponte:
(Pandeireta)
Mª
del Carmen Vázquez Buján: (Pandeireta
e voz)
Lois Anxo Ferreiro
Bestilleiro: (Pandeireta e voz)
Voces: Rosa
Vázquez Buján/Josefa Morano Martelo/Josefa Carregal
López/ Julio Covelo
Orjales/Camilo Fernández Rioboo
O grupo
de música tradicional “Arnela” formouse
no ano 2009, no seo da escola de música da ASOCIACIÓN
CULTURAL “CULTURA ABERTA” de CARRAL, e
trata de reivindicar o folcloreno seu sentido máis puro, e popular:
música e voz.Os compoñentes do grupo van dende
rapaces ata xente ben entrada en
anos, aos que lles une un fin común:
disfrutar tocando e cantando a nosa
música,
ao xeito que fixeron outras xeracións de músicos e interpretes
dende hai máis de un século . Xunto ao cuarteto clásico de gaitas,
tamboril e bombo, atopámonos a aportación das pandeiretas, do
acordeón, e das voces para recrear pandeiradas, foliadas, muiñeiras,
valses, pasodobles,todas elas melodías extraídas da nosa música
tradicional.
Neste anos leva
realizado actuacións por distintos lugares da provincia da Coruña,
como foi en
Boimorto, en Noia, en
Santiago, en Bergondo, en Cumbraos, no “Festival Folk de Guisamo”,
no “Inferniño Folk” de Ferrol, e no Festival de Cantareiras en
Meirás (Valdoviño),entre outros.
Contacto:
Arnela
Telfs.: 981/670868
/ 619/050918
Lois Anxo Ferreiro
Bestilleiro
culturaaberta@hotmail.com