MAGRITTE VENDAVAL

Para escoitar MAGRITTE preme eiqui

MAGRITTE son:

Nate Borrajo: voz
Josito Porto: baixo e voz
Xurxo Labrador: guitarra
Jesús Dopazo: guitarra
José Lameiras:batería










Podedes descargar o ep de balde eiqui:
http://www.magrittemusica.com/temas/magritte/gfx/vendaval_ep.zip



MAGRITTE, "Vendaval E.P". por Carlos Rego.


A expresión espíritu inquedo adoita utilizarse con demasiada facilidade, pero non atopo outra mellor para poñer o recén chegado na pista de José Lameiras. Dende os tempos heroicos de Las Hierbas e Los Cambiantes (aló polos últimos 80 e os primeiros 90), ata El Pararrayos (o antecesor máis cercano a Magritte), un sempre recorda a José metido en proxectos que deran renda solta a súa aparentemente inagotable creatividade: coa guitarra ou o baixo colgados, fronte o micro, detrás da batería ou fedellando na mesa de grabación do seu estudo, organizando concertos… se non leva música nas veas, pouco lle debe faltar.

Agora en Magritte, e para non perder os bos costumes, achéganos música que non é nova nin vella; que soa nova sen deixar de parecer de sempre; que soa a un tempo coa enerxía duns principiantes e a sabiduría dos que teñen aproveitado os moitos anos de traballo en escenarios e estudos de grabación. Eles chámanlle música popvrinciana, e se por iso entendemos allea a modas e ventos que veñen e van, pero tamén atenta a todo o que hoxe pasa no resto do mundo que non é Ourense, andaremos moi preto de entender o seu punto de vista.

As súas clásicas melodías reviradas, que enseguida semellan familares sen deixar de soar radicalmente persoais, son agora traídas á vida pola voz dramática de Nate Borrajo (dramática por teatral, como o contrapunto que lle da Josito Porto), que pon toda a súa arte interpretativa ao servizo dunhas letras que sempre acaban pedindo unha segunda escoita, ao igual que un fondo sonoro no que cada detalle, e hai moitos, está pensado para aportar cores e matices que artellan un tapiz feito con agarimo de artesán.

Magritte debera ser a reencarnación definitiva de José Lameiras (e os seus fieis guitarristas Xurxo Labrador e Suso Dopazo), e Vendaval E.P. o disco que dunha vez por todas os puxera no escaparate da mellor música pop feita en Galicia.



MAGRITTE Fórmase en Ourense no verán do 2008, ano no que gravan unha primeira maqueta titulada “Viaxe a Lúa”, presentada en directo en moitas das salas de concertos de Galicia. Aproveitando estes concertos para dar forma e solidez ás cancións e ao sonido do grupo. Despois dunha considerable cantidade de actuacións, Magritte entra nos Estudos  Abrigueiro e gravan o seu primeiro Ep (6 cancións), e contan coa colaboración de Eladio Santos de Eladio y  los Seres Queridos, poñendo a voz na canción ”Varsovia”  e de Arturo Vaquero gravando todos os teclados que aprecen no EP.

PARA MAIS NFO http://www.magrittemusica.com/