David Santomil. - Voz;
J.A. Pais. - Guitarras;
Alex "O Demo de Tasmania" Sevilla. - Batería;
Pablo Nimo. - Teclados & Samplers;
Antón "Torroncho" Fernández. - Baixo
No 2011 catro músicos do exército músico-galego que formaban parte de varios comandos (Ruxe-Ruxe, Medomedá, Drinkin tinto, Anfibia, Icewind...) foron coincidir nunha jam multitudinaria acontecida na carballeira de Francos (Teo)... non tardaron en decatarse de que lles apetecía ter un proxecto en común, que se formalizou ao ano seguinte (coa inclusión de un quinto elemento) mentres sobrevivían como músicos de fortuna.
Se vostede ten algún posible bolo e os atopa, quizais poida contratalos.
ÉXODO (2016)
Paredes de Coira
Adianto do disco Éxodo, primeiro disco de Aspergillus de Coira. Gravado durante os meses de Xuño a Novembro do 2015 e Xaneiro do 2016 por Iago Pico nos estudios Pousada Son (Ames). Producido por Iago Pico & Aspergillus de Coira. Letra e música por Aspergillus de Coira.
Queima
https://www.youtube.com/watch?v=XrLpHI9D5qU
"Triloxía", foi o seu primeiro EP, Se vostede ten algún posible bolo e os atopa, quizais poida contratalos.
Videoclips:
Aspergillus de Coira - Cinzas, Videoclip creado por Alicia Nimo. Audio gravado nos Estudos Pousada Son (Ames) por Iago Pico. Primeiro tema da Triloxía) https://www.youtube.com/watch?v=Apo9fn6pnec |
Somos auga, somos pedra,
somos todo o que ti queiras,
ou non somos nada?
somos cinzas, no fondo do mar,
páxinas en branco, fontes sen control,
non somos nada?
Así somos.
Onde estás, non te escondas de min,
sabes que nacemos para ti,
dous camiños teño que andar,
nesta terra de monxes,
mais quero poder sentirte miña,
xa non sei que podo facer neste fogar,
se ti me faltas.
Aquí, no finisterrae, onde separamos este mundo,
ben sei que non existes, que non che debo nada.
Mar de xentes e tempos de liberdade.
Somos voces importantes, somos auga
Todos xuntos, poden vernos, somos pedra
Nesta terra de monxes.
Aspergillus de Coira Reencontro Segundo tema da triloxía creada por Aspergillus de Coira (Ames). Dirixido por Zè Paredes, dirección artística Mónica Caamaño, axudante de dirección e cámara Alicia Nimo. Protagonizado por Tatiana Duro e producido por Aspergillus de Coira. https://www.youtube.com/watch?v=Eslt2CANpX0 |
Non sentes, nada
chegas forte o tempo pasou, fala
cóntame, que tal estás
nada cambia, vas igual
e buscas o xeito de non chorar,
lembrándote deste lugar.
Non mintas, fala
cantas cousas por contar,
cantas feridas por pechar,
non pechan, non pechan,
non pechan, abren máis.
Contacto:
telefono 665 52 74 04.
aspergillusdecoira@gmail.com
Máis info en:
http://www.aspergillusdecoira.com/