EMILIO RUA


A Casa da Escusalla

Lendas no Camiño

Lugar: AQUIS QUERQUENNIS

https://www.youtube.com/watch?v=wvujzpfaVaA


Duetos (2018)

Un disco gravado a dúo con dezaseis grandes nomes da música. Victor Manuel, La Shica, Javier Álvarez, Rebeca Jimenez, Carmen Paris, Josele Santiago, Rozalén, Carlos Goñi, Vicky Gastedo, Soledad Gimenez, Pablo Milanés, Rosa Cedrón, Javier Ojeda, Mercedes Ferrer, Luis Pastor e Dolo Beltrán.

Emilio Rúa atópase na plenitude da súa madurez musical. Nestes últimos anos, en paralelo a súa actividade musical en directo, estivo traballando nun disco que colmará as expectativas dos seus seguidores e descubrirá ao compositor e artista de Ourense para aqueles que aínda non o coñecen

Segundo o autor, este disco é un paso moi importante na súa carreira e tamén para a música galega, “pois leva a artistas moi importantes do panorama estatal e internacional a cantar comigo en galego de forma maioritaria”. En palabras do ourensán, este traballo é “un punto e aparte, neste momento no que cumpro a maioría de idade editando discos e compondo cancións”.

DISCOGRAFIA PREVIA:





QUERIDA ALEGRIA (2016)

O novo traballo de Emilio Rúa xa está á venda. Leva por título “Querida Alegría” e foi autoproducido, polo que, probablemente, sexa o traballo máis personal do ourensán, o máis “Emilio Rúa” da súa traxectoria.
Con persoas de moita confianza como son Jose Gayoso(Misturas e masterización) e Oscar Doviso (Deseño), o traballo foi collendo forma ao longo do mes de Outubro de 2015.
O tema “Querida alegría” que da nome ao traballo levou a Emilio a gañar dous sinalados festivais de cantautores a nivel nacional. Daquela foi interpretado en galego e, na nosa língua, formou parte do seu primeiro cd “Emilio Rúa”. Curiosamente fora composto en castelán e neste momento quixo que así fose gravado.


A música tradicional ten o seu espazo como non podía ser doutro xeito en Emilio. Nesta ocasión “Andar miudiño” e “A pousa” son adaptadas maxistralmente.

Destacadas colaboracións como Kepa Junkera,Carlos Blanco,Xestreu ou Daniel Minimalia entre outros,fan deste sexto disco de Emilio Rúa un imprescindible para quen aprecia a música feita con alma.

FICHA
Producido por Emilio Rúa durante Outubro de 2015
Gravación: Emilio Rúa e Jose Gayoso
Misturas e masterización: Jose Gayoso
Emilio Rúa:bases rítmicas,sintetizadores,guitarras acústicas i electricas,mandolina,armónica,piano acústico,percusións e coros.
Jose Gayoso: mandolina en 2 e 6, banjo en 2,5 e 10,guitarra acústica en 8 e 2, dobro, baixo,guitarra eléctrica,bombo e shaker en 2.
Toño Vázquez:técnico de son en 4, 6 e 8 gravadas no estudo 5 da Radio Galega
Alberto Martínez:contrabaixo en 6
Carlos Blanco:voz en A Carolina gravada en mandeorecords.
Trikitixa e pandeiretas en “Pousa”:Kepa Junquera.
Guitarra eléctrica en “Premonición de estío”:Daniel Minimalia
Coros en “Se esta rúa fose miña” Coral Liceo ourensan
Voces en “Me evaporo”:Cantareiras da agrupación Queixumes dos pinos”
Voces e acordeón en “Andar miudiño”:Xestreu
Voces en “Pousa”: Asociación Down Ourense.

Deseño:Óscar Doviso
Fotografías: Lucas Romor(fotografías durante a xira brasileira 2014)
Fotografía contraportada libreto: Raquel Pérez


Todas as músicas están compostas por Emilio Rúa agás Andar miudiño, Pousa e Se esa rúa fose miña, que están adaptadas por Emilio Rúa.
Letra de “Me evaporo”:J.R.F. Morgade(Círculo Poético Ourensán)
Letras de “Premonición de estío” e “Tristeza”:Xosé Carlos Caneiro
Letra de “Véndese”:J.A. Blanco




DESTINO SUR (2013)

"Precisamente é con Destino Sur que fai 30 anos me subín por primeira vez co meu pai e os meus catro irmaus a un remolque de tractor para cantar ca nosa orquestra Concorde Atenea. E dame a sensación de que sigo e seguirei enrriba del."

Emilio Rúa
Emilio Rúa, cos seus trinta anos no mundo da música, trae o seu recente quinto disco “Destino Sur”. O son do sur de Estados Unidos entrelazase coa música tradicional do sur de Galicia para ofrecer unha delicada mestura que equilibra a modernidade coa tradición mais senlleira na música galega.
DESTINO SUR foi producido por Emilio Rúa e Segundo grandío no estudio Casa de Tolos durante dous días en decembro de 2012


"Destino sur: a música como un agarimo

A emoción dun aloumiño, brisa maina que xoga cos teus cabelos xusto no caer da tarde, coma as ondas mansas que te acariñan os pés cando a marea está a baixar, e o sol pinta en cores laranxas un mundo de solpores, iso e máis é o excelente novo traballo de Emilio Rúa. Destino Sur, unha colección de cancións para un camiñar tranquilo, os dous collidos da man, mirando ao ceo, ao mar, a ningures. Unha ollada de esguello, un sorriso cómplice. Un paseo que, de tanto andar, fai por se converter en viaxe.
Porque iso é, precisamente, este novo disco de Emilio, unha viaxe que fala de moitas outras. Viaxes garridas pola persoa amada; percorridos duros por terras de lobos; polos segredos impronunciables dos nosos propios veciños de escaleira; pola historia íntima daqueloutras orquestras que nunca puideron ser a París de Noia; travesías afoutas polos máis terribles océanos e mais por territorios áridos, onde a suor sabe a area do deserto e mais sol na caluga, un destino sur que vai do noso mar de Cangas a aqueloutro París-Texas de Wim Wenders. Neste disco, Emilio regálanos a viaxe máis importante de todas, aquela que navega os ríos da memoria: revisitando aquela fermosa moza de onte soñada por Antonio Vega, ou devecendo por un lugar do Arco da Vella, Emilio apréndenos a falar do universal desde Galiza. Ou, talvez, e mesmo facendo o máis difícil aínda, cántanos dun noso país que sabe a universal.
Un disco cheo de emocións, terribles algunhas como océanos postos en pé, imparables outras coma universos de dozura. Pulos todos eles que te levan a apertar contra o teu peito cunha miga máis de forza a persoa que vive ao teu carón, a lle acariñar os cabelos, a lle bicar a fronte. Son esas emocións, esas forzas, as que, xeneroso coma sempre, nos regala Emilio Rúa neste seu Destino Sur. E cando un artista che ofrece a música coa que aderezar a banda sonora dos teus recordos, xa tes, polo pouco, moito que agradecer.
Gocen, gocen do regalo inmenso que este disco é. Máis nada un último consello: fágano preferiblemente ben acompañados. En calquera momento han querer acariñar a man de alguén... Avisados quedan!"


Pedro Feijoo



1.- Destino Sur.
2.- En terra de lobos.
3.- Cinco flores de lis.
4.- María Soliña, con Lucía Pérez. (Celso Emilio Ferreiro)
5.- Amareite.
6.- A moza de onte (Nacha Pop / Antonio Vega).
7.- Eva sin Adán.
8.- Land Rober.
9.- Europa do leste.
10.- Miña Maruxiña, con Budiño. (Andrés do Barro).
11.- Nun lugar do arco de vella. (Yip Harburg).
12.- Antes que eu a ti, con Fabián.
13.- Onde o corazón me leve.



 Todas as músicas e letras están compostas por Emilio Rúa excepto María Soliña, A moza de onte, Miña Maruxa e Nun lugar do arco da vella que son orixinais pero adaptadas por Emilio Rúa.

texto da canción "En terra de lobos"

«Toda unha vida buscando a felicidade
sendo unha presa
deste mundo que vai tan apresa
véndose engaiolado
entre mentiras e desigualdades
cando creer na verdade
é sentir o corazón libre.

Fuximos buscando un ceo.
fuximos buscando un paraíso,
fuximos perdidos polos camiños.
Como un corazón libre
na procura dun destino.

En terra de lobos ouvéa coma eles
Defende o teu con unllas e dentes.
Se vivir nuhna falsa felicidade
é vivir sen dignidade.
Só nos queda loitar por que
é o noso corazón libre».


Técnico de son, misturas e mástering: Segundo Grandío

Emilio Rúa: voz, coros, guitarras acústicas de 6 e 12 cordas, mandolina, melódica e piano acústico
Segundo Grandío: baixo, programacións e teclados
Jose Gayoso: guitarra dobro e mandolina
Leandro Deltell: batería
Alvarito Lamas: pedal steel
Fabián: voz en Antes que eu e ti
Lucía Pérez: voz en María Soliña
Deseño e fotos: Óscar Doviso
Edita: Emilio Rúa-Autoproducción SGAE
Distribución: Inquedanzas sonoras


EMILIO RUA non estará solo no escenario. O cantautor ourensán estará arroupado por A Banda, os seus músicos dende xa fai tempo, que tecen con mestría cada unha das composicións e que fan que o espectador sexa testemuña dun espectáculo cargado de melodías e tenrura, de delicadeza e de enerxía que medra son a son e canción a canción ata crear un directo único e irrepetible.



Músicos A Banda:

Emilio Rúa: guitarra acústica, piano, armónica e voz
Jose Gayoso: guitarra acústica e dobro, mandolina e banjo
Kiños Saburido: batería e pandeiro
Diego Pérez: contrabaixo e coros
Sabela Dacal: acordeón e coros



 
LINKS:
Tema Destino sur
https://www.youtube.com/watch?v=jcZwOdxZBqI
Tema A moza de onte

https://www.youtube.com/watch?v=BFa6gSWLscE

Emilio Rua  Miña Vida videoclip

https://www.youtube.com/watch?v=8Mr1Nk8fIPA

  https://www.youtube.com/watch?v=8Mr1Nk8fIPA



 Emilio rua 2000






Vida miña 2006






 

interior 2010



despois de ti a chuvia 2011
libro-CD