Contan que só hai catro estacións: primavera, verán, outono e inverno. Pero é mentira. Hay unha máis e chámase Estación Nadal. É a máis divertida do ano, porque é tempo de agasallos pero tamén de cancións e de vacacións e de galdrumadas e de... en fin, de todas as cousas boas que ten a vida.
Editado por Galaxia dentro da colección Sonárbore
o libro-CD de 24 páx. con tapas de cartoné foi publicado en novembro de 2014
As ilustracións correron a cargo de Kristina Sabaite
Temas:
Os Reis en Santo André
Nadal No San Xoán
Din, Don, Dan
Panxoliña
O Apalpador
Nadal
Cantigas de Nadal
Dinosaurios No Nadal
Peitea o Cabelo Ao Camelo
Ao Chegar o Inverno
Os Reis en Santo André (Instrumental)
Nadal No San Xoán (Instrumental)
Din, Don, Dan (Instrumental)
Panxoliña (Instrumental
O Apalpador (Instrumental)
Nadal (Instrumental)
Cantigas de Nadal. Unha Pouca Roupiña (Instrumental
Dinosaurios No Nadal (Instrumental
Peitea o Cabelo Ao Camelo (Instrumental)
Ao Chegar o Inverno (Instrumental)
MAMA CABRA é un grupo de musica infantil que mestura poesia pezas de folclore e temas propios cun enfoque lúdico, participativo e didáctico que son recibidas con entusiasmo por un público que as aprende de memoria e que enche os teatros nos seus concertos.
Mama Cabra son:
Diego
Gloria
Hilario
Manolo
Pablo
Paco
Rodrigo
Tomi
Para escoitar e baixar MAMA CABRA preme eiqui
DISCOGRAFIA PREVIA
Cantos Rodados 2002
Foi a súa primeira publicación e consistía nun libro xigante e un CD con dez cancións e un vídeo.
Cantando Comigo 2004,
Un almanaque musical e un CD que propón unha canción para cada mes do ano escolar.
tan só con leres un libro 2005
O terceiro e premiado disco, ademáis dunha nova colección de cancións, é un CD-ROM que ademáis ten fichas, partituras, ilustracións para colorear e outros extras.
cartas que veñen e van 2006
É un libro-CD con cancións de Susa Herrera, profesora da Facultade de Educación de Pontevedra, arranxadas por Mamá Cabra e cantadas por profesores e profesoras da Asociación Pedagóxico-musical “Soutullo” que asisten ao seu Seminario de Música cada ano.
patatín patatán (2008)
Neste traballo atoparedes sobre todo versións que fixeron de cancións infatís: A Chata Piringüela, Heiche de contar un conto, Unha vella tiña un can... e tamén incluímos dúas danzas: "O Parampampero" que tenta dunha maneira moi sinxela de iniciarnos a bailar unha muiñeira, e "Hamelín", un scottish.
todos os animaisó caixón (2008)
É unha colaboración que fixeron con Susa Herrera. Atoparedes no proxectos cancións que ela fixo sobre contos da colección "Cu-cú sorpresa" de Combel. Todos os contos son fáciles de atopar. Cada estrofa de cada canción correspóndese cunha páxina do libro; e no retrouso, xogamos a cantar tod@s. Así podemos incluso ir no coche vendo e cantando co libro entre as mans. Unha mostra... Animais singulares
OLA, OLA, LA! (2010)
Neste traballo contaron cun coro que estivo baixo a dirección de Ramón Bermejo. E coa colaboración do brasileiro Sérgio Tannus, ao cavaquinho e pandeiro e coa percusión vocal (beat vox) de Gende Beat.
Xa me tardan estes magos.(2011)
Libro-disco coa editorial Galaxia que conta con ilustración de Kristina Sabaite, recolle composicións sobre textos de Antón Cortizas, Gloria Sánchez, Antonio García Teijeiro e Gloria M. Roel, vocalista do grupo.
Un mollo de cancións para esperar con máis ilusión a chegada dos Magos. Unha presada de temas para cantar, para bailar, para choutar coa mesma ledicia e enerxía que sempre atopamos nos discos de Mamá Cabra.
Podedes descargar o tema TRES REIS EN BICICLETA premendo eiqui
Bicos de música (2012)
Libro-disco-dvd no que, insistindo nas súas letras festivas, cun certo compoñente pedagóxico e moi achegadas aos pequechos da casa, atrévense a dar un salto máis grande planteando unha proposta audiovisual arriscada e divertida.
Ilustrado pola artista lituana, afincada no noso país, Kristina Sabaite. Ademais do libro en papel, a toda cor, editamos o CD de audio coas dez novas cancións do grupo e un DVD, para o que se contou coa colaboración da produtora Pórtico Audiovisuales
O DVD non é sen máis unha sucesión de clips, senón unha completa historia que se centra nun ensaio do grupo Mamá Cabra. Teñen que preparar os dez temas e, daquela, deben xuntarse para preparalo. Daquela, temos dez clips diferentes unidos por distintos gags relacionados coas cancións.
No que á trama se refire, ao primeiro, vemos a Gloria Roel, cantante do grupo e imaxe máis coñecida de Mamá Cabra, nun parque de Santiago, xogando con alguén (que está fóra de plano), ao béisbol. Loxicamente, vai carecterizada para a ocasión. Ten que interrompir o seu adestramento porque lle soa o móbil. É un dos membros do grupo que lle lembra que teñen que ensaiar. Ela deixa de adestrar e chama ao resto da formación.
Neste intre, vánsenos presentando cada un deles, singularizado pola afección que máis lles gusta. Así, un sae pilotando avión de aeromodelismo, outro andando nunha destartalada bicicleta que se vai desmontando diante da cámara, coa caída conseguinte, outro, papando un bocadillo con entusiasmo, outro, practicando baloncesto… en definitiva, os nove membros do grupo (os seis músicos máis tres do coro) son presentados diante do público dun xeito divertido e sorprendente que é moi do agrado da rapazada que vexa o programa. Despois, entran os distintos clips, unidos por unha serie de gags cómicos inseridos nun guión festivo que pretende que os pequenos e pequenas que visionen o programa non perdan o interese en ningún momento. Así, vanse sucedendo situacións disparatadas baseadas nos xogos da linguaxe que, sobre todo, protagoniza Paco, o guitarrista do grupo e personaxe moi coñecido polos seguidores de Mamá Cabra porque no escenario, entre canción e canción, sempre ten algunha falcatruada cómica preparada. Ao tempo, as cancións, non son interpretadas sen máis, senón que presentan elaboradas coreografías (un dos temas, bailado polo grupo infantil de baile ‘Os xeitosos de Trazo’), que buscan que os cativos e cativas que vexan o programa ou poñan o DVD nas súas casas, as repitan. En todos os clips coidouse moito o atrezzo para ambientar segundo a temática das cancións os espazos. Ao tempo, os nove membros do grupo, saen disfrazados segundo requira a ocasión. Así, un dos temas interprétase en pixamas, con Paco dentro da cama, outro, disfrazados de policías no tema que explica como hai que facer á hora de cruzar cunha nena disfrazada de sinal de stop, outro, con roupa deportiva na canción dedicada ao fútbol… En definitiva, estamos diante dunha proposta musical e audiovisual moi completa, tanto dende o punto de vista actoral, como escenográfico (responsabilidade do coñecido profesional do sector, Antonio Pereira), como do guión. Un traballo á altura da Televisión de Galicia, da Editorial Galaxia e de Mamá Cabra. Para máis info www.mamacabra.com