Despois de percorrer distintos pobos de Galicia, estudios de televisión, escenarios os dous lados da raia, colaborar con Grades grupos como Treixadura, ou Na Lua e de sobrevivir ós cambios de compoñentes propios do longo tempo transcurrido
DONICELAS son:
DONICELAS son:
Andrea Rodríguez: voz, pandeireta, cunchas e triángulo.
Bea Pérez: voz, pandeiro, cunchas e tamboril.
Noelia Martínez: voz, pandeireta, cunchas, triángulo, claves e bombo.
Rosa González: voz, pandeiro, cunchas, tamboril e bombo.
Víctor González: voz e acordeón.
Xesús Díaz: voz, cunchas, whistle e gaita.DONICELAS presenta o seu segundo traballo discográfico.
Donicelas (2016)
Na gravación, realizada nos Estudios Ancestral (Ponte Caldelas), o grupo Donicelas contou coa colaboración de artistas invitados como Uxía Senlle, Paulo Nogueira, Isaac Millán, Miriam Lorenzo e antigos compoñentes que estiveron no grupo (Xose L. Sanromán, Xulio Lorenzo, Isa Troncoso, Tere Pérez e Olaia Alonso).
No disco presentannos nove temas baséados en pezas populares da música tradicional, ainda que neste novo traballo contan tamén con pezas de autores como Paulo Nogueira, compositor da muiñeira que dá título ao disco, ‘Donicelas’; Xesús Díaz (compoñente do grupo), compositor da Rumba dos Anaquiños; e por último Xulio Lorenzo, autor da muiñeira de Mos incluída no arranxo de Costureiriña.
Puntos de venda
-Librería MIRANDA en Bueu
-Tía Tata, O Porriño
-Tabertenda, Salceda de Caselas
-Copistería-libraría Sernel, Salceda de Caselas
-Cantina do Centro Cultural A Feria, Salceda de Caselas
-Taskatenda, Salvaterra de Miño
-Porta da Pía, Tui ...
DISCOGRAFIA PREVIA
“Que nunca foi abalada” primeiro traballo discográfico de Donicelas é unha producción dirixida e realizada por César Longa (compoñente do grupo Treixadura) para Edisco.
Gravado en Edisco (A Estrada) entre setembro de 2004 e marzo de 2005, con Fernando Campos como técnico de són, quen foi o encargado das mesturas do disco xunto con César Longa.
Nél recóllense temas xa tradicionais do grupo, así coma outros de recente incorporación, para os que contan con numerosas colaboracións:
Gaiteiros Treixadura - Orfeón Treixadura - César Longa - Magoia Bodega e Paulo Nogueira - Tino Baz
Aínda que non participaron no disco, a xente de Barro de Arén (Cerdedo) están tamén directamente implicadas no traballo, xa que foron quenes lle ensinaron a Donicelas o Balón, a Muiñeira de Barro de Arén e a Xota de Bouzana.
MAIS INFO:
http://donicelas.com/
CONTACTO:
donicelas@donicelas.com