1 Convívio Música e Danza do Carballiño

Xornadas de Música e Danza do Carballiño

Obradoiros, debate, foliada e aloxamento, neste 1 CONVÍVIO que pretende ser un encontro de músicos e bailadores que queiran seguir aprendendo con grandes mestres e desfrutar de dous días intensos en torno a música e a danza.

Estas Xornadas, que se realizarán os días 25 e 26 de Abril, farán do Carballiño un lugar onde compartir visións sobre o noso patrimonio musical e a súa evolución, e onde mostrar as diferentes interpretacións na actualidade.

Presentamos os cinco obradoiros que ofertamos:

- Recursos Ornamentais para a Interpretación coa Gaita Galega. XAQUÍN XESTEIRA (12 horas).

- Canto e Percusións Tradicionais. FELISA SEGADE (12 horas).

- Técnica Vocal e Interpretación no Canto Tradicional. DAVIDE SALVADO (12 horas).

- Multipercusión Tradicional Galega. XOSÉ LOIS ROMERO (12 horas).

- Técnica para a Colocación Corporal do Baile Tradicional de Galiza. QUIQUE PEÓN (9 horas).

Os obradoiros realizaranse de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas, o sábado 25; e de 10:00 a 14:00, o domingo 26. Na tarde do domingo, que teremos libre, falaremos sobre ''a música tradicional na provincia de Ourense e a súa evolución'' nunha mesa redonda na que participarán algúns dos nosos mestres e outros expertos. A asistencia á mesa redonda será libre, e por suposto, os asistentes poderán participar no debate se así o desexan.

As persoas que queiran inscribirse nalgún dos obradoiros, deberán descargar o formulario que se atopa no seguinte enlace https://www.dropbox.com/sh/kdizlczuz88d49j/AABSiZEayzEfaQE2gz9OODGMa?dl=0
, e cubrilo debidamente logo de ler o arquivo adxunto no que aparecen os requisitos pra ser admitidos, os datos do aloxamento, datos dos obradoiros...

Apuntade! Os días 25 e 26 de Abril no Carballiño!!
 
I Convívio de Música e Danza
Información de interese
1. Requisitos para ser admitido
    • Ter coñecementos da Especialidade na que se inscribe.
    • Enviar o formulario cuberto xunto có xustificante de pagamento ó correo-e
    conviviomusicaedanza@gmail.com
2. Datos do aloxamento
   • O prezo establecido (100,00€) inclúe:
   Obradoiros
   Xantar, cea e pernocta do sábado
   Almorzo e xantar do domingo
   • O día e hora de chegada será o sábado 25 ás 9:00 am, xa que os obradoiros darán comezo ás
   10:00 e hai que organizar e distribuír á xente.
   • O día de saída será o domingo 26 pola tarde, a partir das 19:00
3. Datos dos obradoiros
   • O horario dos obradoiros será:
   Sábado: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00
   Domingo: de 10:00 a 14:00
   • O obradoiro de baile está comprendido nese horario, pero a duración do mesmo será de 9
   horas (non de 12 coma o resto), polo esforzo físico e os descansos necesarios para
   sobrelevalo.
   • Os alumnos deberán dispoñer de instrumento (a excepción dos de baile, claro está)
Notas importantes:
  A admisión do alumnado será por rigorosa orde de inscrición, sempre que se cumpran os requisitos arriba
  indicados.
  Data límite de presentación de solicitudes: 10 de Abril de 2015 (venres).
  Os días previos ó Convívio o alumnado recibirá TODA a información necesaria (localización, horarios,
  etc...)
Apertas e aturuxos!!!!