FACTORIA DE SUBSISTENCIA

 O binomio musical formado por Sabela Dacal (acordeón e coros) e o propio Josito (voz e guitarra), está marabillosamente reforzado coa presenza de Rafa Otero (baixo) e Adrián Ríos (batería).

RESPIRANDO…SEMPRE!! (2024), 

Estamos falando do terceiro disco na carreira deste grupo. Este disco presentarase ao gran público o 13 de xaneiro na Casa das Crechas en SantiagoDC e, cun concerto moi especial, o 20 de xaneiro no propio estudo no que gravaron estes nove temas en Vilagarcía. 

"Estamos convencidas que a súa presenza polos palcos do país será moi de agradecer polo bo afeccionado á música."

 Contaron co bo facer de Pablo Vidal aos mandos do Estudo Aldeaglobal en Vilagarcía que se encargou de darlle unha volta máis roqueira a uns tema que xa chegaron moi traballados polo grupo. Pablo encargouse tamén de darlle ese aire de respiro ao disco, ese aire que tanto precisamos e que tanto ben nos fai. En RESPIRANDO…SEMPRE!!, 

 

Quixeron asemade coidar ao máximo, ao igual que cos anteriores traballos, o proceso relacionado co mundo gráfico. E para iso contaron con Yeya Gilino. O resultado desta marabilla realizada pola deseñadora, invita a abrir a caixa e investigar nos recunchos deste novo disco.

 

NON QUERO SER FELIZ

Realizado por NOVA IMAXE. 

Dirección, edición e produción- JUAN A. ANTEPAZO.

https://www.youtube.com/watch?v=arStnF8aMVo
 

ESPERTA

Edición vídeo- Ramón Feáns/Josito Porto.

https://www.youtube.com/watch?v=oemcpmdMnaE

MAGO JOAO

https://www.youtube.com/watch?v=XllqWSQqgv8

Burbulla Sideral



 

 

Amores fraticidas (2018)

 

Josito Porto: voz e guitarras



Sabela Dacal: acordeón, pianos e voces



David Cid: baixo eléctrico



José Lameiras: batería



p>Gravación e mesturas: Sergio Lameiras en "Xingreira Estudio".

Masterización: Juan Hidalgo en "Mastertips".



Deseño gráfico: José Lameiras "PeatónGráfico".



 

Histerico

https://www.youtube.com/watch?v=GKu_nM8jqwo

 https://www.youtube.com/watch?v=GKu_nM8jqwo




Non e posible canción
https://vimeo.com/298584847



DISCOGRAFIA ANTERIOR 


"CERCA DA TÚA ORELLA"(2015),   
o primeiro traballo de FACTORÍA DE SUBSISTENCIA,.

Arteficción discos
 

FICHA TÉCNICA:
Josito Porto: voz e guitarras
Sabela Dacal: acordeón, pianos e voces
 

colaboracións:
 

José Lameiras: percusións e baixos
Nate Borrajo: voces
 

Gravación e mesturas:
Sergio Lameiras en “Xingreira Estudio”
excepto Neuro, gravación e mestura por
Pablo Vidal en “Aldea Global”.
 

Masterización:
Juan Hidalgo en “Mastertips”.
 

Deseño gráfico:
José Lameiras “PeatónGráfico”.
 

Produción e arranxos por
Factoría de Subsistencia
e Sergio Lameiras
 

Todas as cancións, letra e música
de Josito Porto excepto Neuro
letra e música de Manuel Seixas






E ademáis tedes a posibilidade de mercalo no BandCamp de FACTORÍA DE SUBSISTENCIA...E, se queredes, parádesme pola rúa que seguro que levo algún enriba


Trátase de subsistir. De respirar e ter o pracer de quedar en branco mirando para nada e marcando o ritmo co pé. 
Trátase de soñar, de cantaruxar e sorrir cantos máis minutos, máis horas e máis días mellor. 

De que che falen suave e paseniño ao ouvido. 

De durmiñar coma meniñ@s despois dunha intensa tarde de carreiras e enredos na parte de atrás do xardín.
 

Trátase de aloumiñar os sentidos con palabras e feitos. 
De parar o tempo con músicas que pasean libres pola nosa cabeza e que sacoden a bandeira da inocencia dos que se negan a vivir en mundos tisnados de gris.
 

Coma luras de bar. 
Coma supermáns domésticos sempre dispostos a botar unha man ou dúas. 
Coma un lapiseiro ateigado de cores e listo para empregar nun caderno dun millón de follas. 
Coma un mago gardando o segredo do seu truco máis fascinante antes da grande noite.
Factoría de subsistencia están cerca da túa orella.
Damos volume e preparámonos para a máis fermosa das subsistencias.
Trátase diso e sabémolo.
Pasen e vexan. Escoiten.
Subsistiremos.
 
Vituco Neira 
Santiago de Compostela - 2015


Podedes escoitar FACTORÍA DE SUBSISTENCIA premendo eiqui


A creatividade musical das Rías Baixas e da Limia conflúen neste proxecto de FACTORÍA DE SUBSISTENCIA.

Dúas persoas coas súas propias e respectivas inquedanzas artísticas. Por unha banda Sabela Dacal, ligada ao mundo das artes escénicas, sendo acordeonista-pianista de distintos grupos musicais (actualmente Xestreu e Emilio Rúa) e, pola outra banda, Josito Porto, tamén ligado a ese enganoso mundo das artes escénicas e musicais (din as malas línguas que formou parte de Korosi Dansas e Magritte entre outro proxectos de dubidosa calidade).

A complicidade entre os sons da guitarra de Josito e do acordeón de Sabela marcan un estilo aparentemente sinxelo, sen moitas complicacións, descarnado coma o sorriso nervioso de quen quere aparentar una falsa tranquilidade desde o fondo do seu pozo.

Influencias? Moitísimas e ben variadas, tan variadas como a música que escoitamos ao longo das nosas vidas e que, sen decatarnos, foron deixando a súa inocente pegada nas nosas sombras. Poden aparecer pequenas pinceladas que nos leven a pensar en Javier Krahe, SurfinBichos, Nacho Vegas, The Cure, Leonard Cohen, Albert Pla, reminiscencias folklóricas,… ou non, ao mellor simplemente quixeramos que fose así…ou non.

Somos FACTORÍA DE SUBSISTENCIA porque se trata precisamente diso, de crear, de inventar, de darlle forma ás ideas que xorden no noso interior ou ao noso redor, ás circunstancias que sobrevoan contínuamente aos nosos seres, aos comportamentos que tentan darnos leccións continuas de enfrontamento ante a vida.

A finalidade deste proceso creativo, por chamarlle dalgún xeito, busca o intercambio coa xente, co público, con alguén que pasa por aí e queda a escoitar. Darlle a ese incauto a posibilidade de compartir con nós a nana que naceu ao carón do noso corazón ou enredando coas nosas vísceras. Por suposto, sen ningún tipo de prepotencia, desde a claridade, ás veces tamén desde esa parte máis escura que todos temos.
Existe a posibilidade de mover grandes fortunas? Quen sabe, quizais si de mover a inocencia de sitio, ou de achegar aos nosos corazóns o comportamento obsceno dun asasino de nenos. Xogar, coma cando eramos uns cativos, a bos e malos. Permitirnos a chulería de rifarlle a Deus por botar tanto tempo descansando....POR QUE NON SOÑAR? E por que non imaxinar que realmente vivimos nun mundo perfecto, onde xogar cos nosos fillos, onde os nosos fillos se poidan converter nos salvadores da humanidade eliminando a Satán...polo menos ate que alguén veña alterar os nosos doces soños.
Xoguemos cos nosos pesadelos desde a melodía, desde ese neno que guía as nosas vidas, ás veces, nesa fráxil liña que o separa da perversión.

Hoxe somos dous, JOSITO PORTO e SABELA DACAL, mañá poderiamos ser LEXIÓN...

POR QUE NON SOÑAR?"





.
CONTACTO :

Josito Porto
Tlfno. 629 846 175
mail: jositoporto13@gmail.com