PELEPAU


Pelepau nacen en Vigo, no ano 2010, formado por 12 percusionistas todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de reconocida traxectoria no panorama musical galego.

Na beira (2020)

Pelepau ten como obxectivo adaptar as cancións tradicionais e populares de Galicia con diversas voces e  percusións. 

A súa proposta trata de transmitir e preservar a cultura galega a través dun espectáculo interactivo, cunha posta en escena dinámica e en constante interacción co público, á vez que é un espectáculo versátil e diverso.

TEMAS

01 – Ven bailar Carmiña

02 – Toutón

03 – Kikiriki

04 – O caneco

05 – Na beira

06 – Rumba de Miguel

07 – Chamosa

08 – Dicen que no voy

09 – Catro vellos

10 – Ai! Modesta

11 – Troula



Pelepau
Na beira


"Fío e agulla" é o título do disco que vén de editar o grupo "Pelepau",  que fan unha adaptación de cantigas populares de diferentes procedencias (galegas, brasileiras, uruguaias, sefardíes, africanas,…) adaptadas para as voces e percusións tradicionais cunha posta en escea dinámica e en constante interacción co público. Un percorrido pola música popular galega, misturada e influenciada polos ritmos tradicionais doutras culturas que viñeron da man dos emigrabntes retornados e que ainda conviven na colectividade emigrante galega.


13 temas, que son parte do seu repertorio nos directos festeiros por toda Galiza, que foron gravados durante dous anos nos estudios do membros do grupo e Suso Queixón e coa edición de outro dos membros  Alberto Costas. Un traballo propio e coidado coma ben merece o seu primeiro cativo.

O vivir en Vigo
O gato
O ghaiteiro
Montealegre
A miña burriña
A virxe de Guadalupe
Maracatú
Xa me dixo teu pai
Portuguesa
O sacristán de Coimbra
O miudiño
Palmira
O paraugas de Xosé

Deseño  e maquetación Rubén Duarte "Petete" e Alberto Costas
Distribue: Inquezanzas Sonoras

Podedes mercalo en Andel (Camelias 102 Vigo ) i en Andel Virtual : http://www.andelvirtual.com/tev/catalogo/ver.php?pid=13269




http://vimeo.com/104286444
Pelepau presentanos o seu primeiro videoclip oficial co tema "O vivir en Vigo"


Podedes ver as fotos da súa actuación na Romaria de San amaro en Matamá Vigo en: 

CONTACTO:
pelepau@hotmail.com
Alexandre Fernández Tlf: 661 921 410 
Percuxandre@gmail.com