CHICHARRON


Chicharrón son:

Mara ( sinte e voz) 
Rubén( sinte e guitarra) 
Alberto(guitarra e voz)


Biografía
"O que queda é co que comezas"


Miudiño Sessions
CHICHARRON

Terceira entrega de A Regueifa 2.0 nas Miudiño Sessions, unha serie de micronconcertos de grupos e solistas galegxs en formato mínimo gravados en localizacións singulares.

Desta volta é o turno de Chicharrón na compaña de Rosalía Fernández Rial nunha localización que resultou ser ben especial, a galería de arte de Manolo Eirín en Carballo.

Podedes disfrutalo en ...

https://www.youtube.com/watch?v=hmpXHnSlCk4





Erosión (2022)

Erosión é un disco que escribiu Alberto o último mes de vida da súa nai. É música como consolo e tamén como memoria, para lembrar e tamén para tentar comprender. Son dez cancións que gravamos este Nadal en comunidade e alegría. Non cambiamos nin unha coma das letras e respectamos a orde cronolóxica na que se compuxeron. Erosión é un disco duro, orgánico, libre e feminista. É un disco vivo unido á morte. É un disco ao redor dun berro e do seu silencio. É un disco que escoita á natureza. É un disco que mira cara arriba. É un disco para bailar, se cres que bailar é estar de acordo en reorganizar o que un foi ata ese momento.

Erosión foi composto por Chicharrón entre outubro e decembro de 2021. Todas as letras escritas por Alberto M. Vecino.

Producido por Matías Unruh.

Escultura: "Maternidade mártir" de Francisco Remiseiro.

Fotografía da portada: Pablo Mella.

Deseño gráfico: Raúl Mella.

Editado por Ferror Records 2022

Gravado no noso local de ensaio en Carballo durante varias xornadas alegres en comunidade entre o 3 e 8 de xaneiro de 2022, co equipamento técnico de Matías. As baterías de Adrián foron gravadas a mediados de xaneiro en Ogrobe. 

Pequenas vértebras partidas nun niño baleiro

https://www.youtube.com/watch?v=rOBnLW4YNwo
 

Temas:

1. Somos o silencio da súa memoria loitando

2. Pequenas vértebras partidas nun niño baleiro

3. Empatía, tenrura e responsabilidade

4. Amasillo de nervios apuntalado

5. Quen é quen dará o sinal?

6. As derrotadas seguen sendo as heroínas existenciais da nosa época

7. Coa indiferencia e o egoísmo das últimas palabras

8. Negándonos no mediodía do conflito

9. Sede

10. Cando devala

Podedes escoitalo enteiro e mercalo no seu Bandcamp:

https://chicharron.bandcamp.com/







Unha fogueira intacta (2021)


Editado por Ferror Records

O álbum que tes diante, “Unha Fogueira Intacta”, continúa a senda do anterior, pero tamén posúe unha natureza diferente e, aparentemente contraditoria. Creouse durante o illamento e a paranoia do estado de alarma e os meses posteriores pero, ao tempo, é o seu disco máis aberto a colaboracións externas. “Cando acabamos Cancións Clínicas sentín que o rostro de Chicharrón que crearamos mirounos, e este disco é a procura do que hai detrás desa mirada, detrás de todos os anteriores discos. Cada canción pretende ser unha posibilidade dese interior. Todas as cancións son a mesma e, á súa vez, entre todas forman unha”, afirma Alberto sen querer dar máis pistas que entorpezan a libre interpretación do oínte. “Algo que me parece curioso é que as letras son previas á pandemia pero, cando o escoitas con atención, parecen levarche a un contexto de confinamento, de distancia, de desconcerto, de fin do mundo”, indica Mara.

A nivel sonoro, xa non hai as concesións ao pop que aínda quedaban en cancións do seu anterior traballo como “Que tempo fará?”. Agora é todo moito máis asfixiante e esquivo nun proceso que sempre estaba aberto ao achado a través do erro.

“Na construción do álbum, quixemos subliñar a presenza da percusión e baixos, tanto eléctricos como Moogs. Foi o máis parecido a un collage que fixen nunca. Con todas as pistas que gravamos e as que nos enviaron os participantes, empecei a formar un esqueleto previo, limpando, reorganizando e sobre todo tratando as gravacións como samples. Salvo as voces e os Moogs, o resto de elementos foron situados con esa perspectiva da electrónica e a música experimental, a pesar de ter costuras de pop ou rock.

Temas:

1. Videntes namoradas
2. Outono de fíos eléctricos
3. Ondeando
4. O mes sen minutos
5. O espigador
6. Oda aos vagalumes
7. Por canto non o facemos?
8. Highway to heaven
9. Procesos de oxidación
10.Vas a quedar a mirar?
11.Xogando nunha praia de entullos

Podedes escoitaloé/ou mercaloon line no bandacamp:

https://ferror.bandcamp.com/album/unha-fogueira-intacta

Videntes namoradas

https://www.youtube.com/watch?v=dLQe357SnlQ
 

Outono de fíos eléctricos

A canción foi gravada no Estudio Terraforma do Hío, Cangas do Morrazo por Ibán Pérez e no local de ensaio de Carballo por Matías Unruh, quen o mestiruo en Ogrobe en xaneiro do 2021.

Pertencente a 'Unha fogueira intacta', novo álbum de Chicharrón.

Editado por Ferror Records. 2021

Producido por Prenom.Realizado por Rubén Domínguez a partir de imaxes de Lúa Pérez.

https://www.youtube.com/watch?v=A3QyBF6_5AM

Ondeando

Dirixido por Sara Iglesias

 
 
Vídeo oficial de "Ondeando", canción incluída en "Unha fogueira intacta" (Ferror Records, 2021).
 
Ondeando foi gravada en setembro do 2020 no Estudio Terraforma do Hío, Cangas do Morrazo por Ibán Pérez.



Highway to heaven

'Highway to heaven' é un poema escrito por Yolanda Castaño, contido en «O puño e a letra» (Xerais, 2018) e interpretado por Kike J. Díaz no seu cómic poético homónimo.

  Masterizada por Cem Oral en Jammin' Masters, Berlín en xaneiro do 2021.

https://www.youtube.com/watch?v=uQ_o0zcyc50
 




DISCOGRAFIA PREVIA:

 
 
 
 Cancións Clínicas (2018)

O deseño gráfico foi realizado por Prenom e o packaging concebiuno Roi Fernández.
Editado por Prenom. 2018

Temas:

Que máis nos queda por dicir?
A túa gravidade
_
Que tempo fará?
Non creo nada do que venden
O espanto (occidental)
_
Que máis dará?
_
Hai que comer!
No seu despregar

Non creo nada do que venden
https://www.youtube.com/watch?v=---SLB5978U

Videoclip dirixido por Mar Catarina.


Podedes escoitar e merca-la Edición limitada de 200 copias en CD, presentado en carpeta tipo gatefold de dimensións semellantes ás dun vinilo 7". Protexida por unha funda plástica de alta densidade. en:  
https://chicharron.bandcamp.com/album/canci-ns-cl-nicas

Na cela

"Na cela" é un poema de Antía Otero pertencente ao libro "O cuarto das abellas" editado por Xerais, 2017. A música compúxoa Chicharrón.
https://www.youtube.com/watch?v=o_zLpZ6Tqoo
 





CHICHARRÓN Contra acantilados (2017)

https://www.youtube.com/watch?v=WkE_XqyLeow

Gravada e mesturada no Estudio Terraforma de Hío, Cangas por Ibán Pérez.
Producida por Rubén Domínguez.
Masterizada por Martín Ballesta (Last Punch Mastering). Glasgow.
Baixo unha licenza Creative Commons. 2017
Videoclip do cineasta galego Alfonso Zarauza (director de Os Fenómenos, Encallados ou A Noite que deixou de chover) e rodado en cine 16mm coa fotografía de Alberte Branco (fotografía de Las altas presiones ou Vilamor, entre outras)

Postal (2016)

"Atopar o teu camiño. Descubrir que coincide co doutra persoa. Decidir facelo xuntos. Sen mirar atrás. Pararse un momento para explicarllo ós que queres. Para que che axuden a entendelo. Unha paisaxe. Unha postal de amor. Post-Al. Amor como salvación.Isto é o que significa o noso segundo disco"

Gravado e mesturado por Tomás Ageitos no Estudio A Ponte.
www.aponteestudio.com
Roxos, Compostela.

Masterizado por Ibán Pérez no Estudio Terraforma.
www.terraforma-studio.com
Hío, Cangas do Morrazo.

Producido por Rubén Domínguez.

Fotografías e deseño: Mar Catarina

Editado por Prenom, 2016.
Baixo unha licenza Creative Commons CC BY-NC-SA
www.prenomlab.com


Todos os temas foron compostos por Chicharrón

 Despois do baile
O teu costume do azar
Suicidio tímido
Xi
A verdade de calquera fonte
A elegancia da alegría
Renunciando aos meus poderes
Ensíname a durmir
Que non farías ti por non perdela
O aplauso do lanzador de disco
Campos de adestramento eternos
A túa presa


Participaron na gravación de Postal:
Alberto Vecino, Diego Gende, Mara Pérez, Mar Catarina, Xurxo Meis, Tomás Ageitos e Rubén Domínguez

CHICHARRÓN - Ensíname a durmir
https://www.youtube.com/watch?v=E6hziu-jlfk

canción extraída de POSTAL, segundo álbum de Chicharrón.
Realizado por PRENOM. Coa axuda de Jesus Serantes.


Podedes escoitar, descargar ou encargalo en formato físico desde o bandacamp do grupo en:
http://chicharron.bandcamp.com/




Chicharrón (2016)




















CONTACTO:
 
chicharronbanda@gmail.com