FRAN AMIL A VOZ DO VENTO

A voz do vento quere ser unha homenaxe ao recoñecido poeta e incansábel activista a prol da nosa lingua e de tantas causas xustas, socio e xeneroso colaborador da Mesa.
A voz do vento

Poemas de Manuel María. Música de Fran Amil e a tribo incomprensíbel. Ilustracións de Jano.
Os temas son extraídos dos libros: Terra Chá, Proba documental, Aldraxe contra a xistra, Cantos rodados para alleados e colonizados, Versos do lume e o vagalume, A luz resucitada, As lúcidas lúas do outono e Sonetos á casa de Hortas.

A tribo incomprensíbel está composta por Aarón Bouzón, Álex Bardanca, Fran Amil, Paco Cerdeira e Ricardo Casás.

Neste libro-CD colaboraron coas súas voces Jasper, Paula Romero, Antón Díaz, Xurxo Souto, Belén Tajes, O Leo, M. J. Pérez e Xosé Antón Bocixa.


Podedes escoitar "Ollei misiles con radar" o tema 5 da Voz do ventoen:

http://www.amesa.gal/…/uplo…/ollei-misiles-con-radar-mp3.mp3